cultura

A autora de 'Novembro', Pura Tejelo (á esquerda), coa poeta Pastora Veres (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Pura Tejelo: "Máis que un mes do ano é unha maneira de posicionarse na vida, parar e pensar de vagar"

Pura Tejelo vén de presentar o seu poemario Novembro (Urutau Editora). Fíxoo en Betanzos, en compañía da tamén escritora Pastora Veres, membro do grupo Nova Poesía Guitírica. Tejelo, licenciada en Historia pola USC, traballou como docente en bacharelato dando clase de lingua galega. Ademais, ocupou cargos de xestión na Agrupación Cultural O Facho da Coruña.
Derradeiro consello de redacción de Teima no número 35, agosto de 1977 (Foto: Arquivo Teima).
CULTURA

A revista 'Teima' xa se pode ler ao completo en internet

Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, o Consello da Cultura Galega difundiu en internet todos os números da revista 'Teima'. Ademais, inclúe artigos de Ánxel Vence e Luís Villamor.
Fotograma da serie Rapa, dirixida por Jorge Coira (Foto: Portocabo).
CULTURA

Monzón, Amparanoia e 'Rapa' de Jorge Coira, protagonistas no Festival de Cans

A cita cinéfila porriñesa sumará esta edición máis de 40 actividades.
Florencio Delgado Gurrriarán (Foto: Consello da Cultura Galega).
CULTURA

Francisco Castro aborda a obra de Gurriarán na UDC

Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, participará esta terza feira nun encontro arredor da figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán na UDC. 
Caamaño & Ameixeiras actuando en Compostela (Foto: @aigiboga).
CULTURA

O festival 'O que non se escribe' pon en valor a música tradicional

O festival contará esta segunda edición con actuacións, obradoiros, palestras e un 'Paseo Sonoro' pola zona vella da cidade.  
Vista da exposición sobre Laxeiro en Lalín (Foto: Nós Diario).
CULTURA

'Os Camiños de Laxeiro', tres rutas en homenaxe ao pintor do Deza

O arqueólogo Felipe Senén López Gómez será o encargado de realizar os días 7, 21 e 28 de maio unha serie de percorridos polos lugares que tiveron importancia na vida de Laxeiro. Así, visitarase Lalín, Vigo e Pontevedra.

Fotograma de 'Tatuado nos ollos levamos o pouso', de Toucedo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Oliver Laxe, Lois Patiño, Diana Toucedo e Lucía Estévez estrearán no Play-Doc

O festival desvela os títulos da sección competitiva 'Galiza' con estreas galegas e internacionais. 
A actriz María Barcala durante a representación da obra 'Libre coma un paxaro' (Foto: Teatro do Atlántico).
CULTURA

María Barcala: "Rosalía debería estar máis presente, non só no teatro senón noutros eidos da vida social"

A compañía Teatro do Atlántico está de xira coa obra Libre coma os paxaros, un monólogo baseado en textos de Rosalía de Castro. Nós Diario conversa coa actriz que lle dá vida, María Barcala, sobre esta peza que se poderá ver o 17 de maio no Teatro Colón da Coruña. 
Florencio Delgado Gurrriarán (Foto: Consello da Cultura Galega).
CULTURA

A Real Academia Galega lembra o discurso académico de Florencio Delgado Gurriarán

A institución sacou á luz, na sección de publicacións, o seu discurso de ingreso como membro correspondente da institución. 
A responsábel da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Encarna Lago: "Traballamos o espírito crítico: o noso modelo é o dun museo que cuestiona"

A Rede Museística Provincial de Lugo vén de abrir o prazo de inscricións na vixésima edición das súas xornadas pedagóxicas, unha proposta formativa dirixida a docentes, profesionais de museos e estudantes de titulacións relacionadas coa museoloxía, que se realizará do 25 ao 26 de maio e do 1 ao 2 de xuño nos catro museos da Rede (o Museo Provincial de Lugo, o Provincial do Mar, o San Paio de Narla e o Pazo de Tor). Nesta ocasión terá como epígrafe 'O poder da educación nos museos'. Nós Diario conversa con Encarna Lago, xerente da Rede, sobre estas xornadas e a función que destes museos.  
Xosé Manuel Carril, Manuel Lourenzo e Xosé Regueiro (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Galiza Cultura edita a obra teatral completa de Manuel Lourenzo

A Federación Galiza Cultura presentou a edición e publicación das 300 pezas teatrais que conforman toda a produción do dramaturgo. 60% das que agora se editan son textos inéditos do autor
Presentación do 'Rías Baixas Film Festival' (Foto: Europa Press).
CULTURA

O 'Rías Baixas Film Festival' segue a onda do audiovisual

A Deputación de Pontevedra presentou a nova tempada da marca que reúne a oito festivais. Outro festival, o TerraCeo de Vigo, confirmou a actuación de Salvador Sobral, Abe Rábade e A Zowi. 
O músico e investigador Pablo Carpintero, esta cuarta feira no Museo do Pobo Galego. (Foto: Arxina)
CULTURA

Pablo Carpintero: "Na Galiza e Portugal hai gaitas que se empregan desde a Idade Media, algo único no mundo"

Pablo Carpintero, doutor en Ciencias, é un dos musicólogos máis recoñecidos da Galiza e vén de datar no século XV o punteiro de gaita máis antigo que se coñece: o de Xan Tilve, o gaiteiro de Campañó en Pontevedra. Nós Diario conversou con Carpintero momentos antes de presentar nesta cuarta feira o seu estudo no Museo do Pobo Galego.    
Xesús Rábade Paredes (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Xesús Rábade Paredes recolle as súas memorias en 'A luz co tempo dentro'

A obra describe, segundo as palabras do autor, a vida dun "escritor contracorrente". A obra foi publicada pola Editorial Galaxia. 
As Tanxugueiras, un fenómeno positivo para o sector cultural (Foto: Facebook)
CULTURA

O Barómetro do Consello da Cultura Galega informa do "inicio" da recuperación do sector

O informe deste servizo do Consello da Cultura Galega salienta a mellora no sector. Tanxugueiras e o Camiño de Santiago son as accións máis destacadas polas empresas e organismos que participaron.
Brais Sánchez, de pé á dereita, co resto da banda na praia de Ornanda, en Porto do Son (Foto: Morde).
CULTURA

Momboi: "Experimentamos cos ritmos e texturas, a mestura é o noso sinal de identidade"

Momboi vén de estrear o seu primeiro LP, Vacacións en Ornanda, un traballo moi persoal que trae a memoria estética do desaparecido Hostal Azteca da praia de Ornanda, en Porto do Son, e a explotación da costa da Galiza dos anos 90. Nós Diario conversa con Brais Sánchez, voz, guitarra e letrista de Momboi, unha formaciónque completan Daniel García 'Carba' (baixo e voces), André Garabato (teclado e sintetizadores) e Beny Mayo (batería). 

Tettamancy, segundo pola dereita, na redacción da "Revista Gallega" (Foto: Arquivo Carré).
CULTURA

Editan traducida “A revolución galega de 1846”, de Tettamancy

A Deputación da Coruña publica a tradución ao galego da obra de Francisco Tettamancy Gastón que recolle a crónica da rebelión galega contra o presidente Narváez.
Ángela Comesaña, X.M. Rey, César Mosquera e J. M. Castaño (Foto: Rafa Estévez).
CULTURA

Castelao centra o primeiro número da serie 'Esenciais'

Nacen uns monográficos que pretenden informar con rigor e de maneira "amábel" sobre os contidos que garda a institución. 
Fotograma de 'Los sonámbulos' (Foto: F. Araguaney).
CULTURA

O cinema latinoamericano recupera a súa Mostra en Compostela

Esta edición traerá tres películas e dous documentais de Chile, Arxentina, Brasil, Bolivia e México.
Unha das actuacións da edición 2021 de Interritmos (Foto: Deloa).
CULTURA

O Concurso 'Interritmos' contará cun circuíto musical

Catro GDR promoven a iniciativa 'Sons do Rural, un certame que procura promocionar a cultura de raíz.