cultura

A Frouseira é un dos conxuntos patrimoniais afectados polo parque eólico. (Foto: Xunta da Galiza) #afrouseira #patrimonio #parqueeólico #eólica
CULTURA

Apatrigal presenta catro proxectos aos Fondos Europeos

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) presentou propostas aos Fondos Europeos Next Generation, por un importe total de 46.160.510 euros
Noemí García Rodríguez, coa obra da que é coautora, e Xosé Manuel Sánchez Rei (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Xosé Manuel Sánchez Rei: "Ribeira de Piquín sempre foi unha terra de afamados gaiteiros e artesáns de gaita"

Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez asinan o Cancioneiro da Ribeira de Piquín (Editorial Canela, 2022), un traballo de recuperación e compilación de máis de 200 cantares tradicionais recollidos nese concello e en zonas próximas. Nós Diario conversa con Sánchez Rei, profesor da Universidade da Coruña, desta obra que contén un estudo introdutorio, lingüístico e histórico dese repertorio.
O activista e artista Anxo Baranga lendo textos de Delgado Gurriarán ao carón da súa escultura en Córgomo. (Foto: Nós Diario).
Día das Letras Galegas

Anxo Baranga: "Castelao, Florencio, Rosalía ou Celso Emilio sabían que a súa obra partía da base: o pobo"

Anxo Baranga (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1956) é pintor, actor e director de teatro. En Barcelona, onde reside desde 1979, fundou, xunto a outras persoas, grupos de teatro como Terceiro andar ou Furafollas. Con este último creou as xornadas de teatro de Córgomo, xerme da iniciativa para reivindicar a Florencio Delgado Gurriarán. 
O novo filme de Zarauza recibiu dous Mestre Mateo correspondentes a Iolanda Muíños e Diego Anido como mellores actriz e actor de reparto. (Foto: Maruxiña Film Company).
CULTURA

'Malencolía', de Zarauza, no Festival de Cans

O evento cinematográfico do Porriño celebrará o Día das Letras Galegas coa proxección do último filme do director Alfonso Zarauza coa presenza do director.
Fotografía da exposición de Gustav Henningsen (Foto: Gustav Henninseng).
CULTURA

O Museo do Pobo celebra o Día dos Museos con portas abertas e obradoiros

A institución organizan unha visita comentada á exposición de Henninseng e varias actividades. Na Coruña os museos tamén contarán coa entrada de balde.
O xornalista e escritor Afonso Eiré polas rúas de Chantada (Foto: Camilo Lorenzana).
CULTURA

Afonso Eiré: "A emigración non é só a xente que se vai, é un estado tamén dos que quedan"

O xornalista Afonso Eiré vén de presentar a novela Ausentes (Hércules de Edicións, 2022), un relato que tece experiencias e historias de emigración na procura de explicar o drama de tantas familias galegas. A obra serve de desculpa para afondar nun tema pouco tratado en profundidade, como explica o autor en conversa con Nós Diario.

M4
CULTURA

Allariz énchese de xardíns terapéuticos co seu festival

Este sábado darase a coñecer a proposta gañadora do XII Festival Internacional de Xardíns de Allariz de entre 10 finalistas. 
Avelino Pousa Antelo (Foto: Santos Díez, Ollo de Vidro-ACAB).
CULTURA

A Baña reivindica a figura de Avelino Pousa Antelo e noméao fillo predilecto

O pleno municipal nomeará fillo predilecto a Avelino Pousa Antelo e o recoñecemento prolongarase coa colocación dunha placa conmemorativa na Casa da Cultura, un xantar de irmandade e unha presentación literaria. 
Acto de presentación da (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña (Foto: Andy Pérez/ Europa Press).
CULTURA

Amy Halpern e Ute Aurand protagonizan o '(S8)' de Cinema Períférico da Coruña

As cineastas terán presenza na programación que se realizará entre o 27 de maio e o 5 de xuño en diferentes localizacións da cidade.

Uxío Novo, Ramón Vicente, Xurxo Couto e María do Carme Galego (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Deputación da Coruña difundirá o Reino da Galiza en múltiples formatos

Danse a coñecer as 20 propostas aprobadas en múltiples formatos. Entre elas figura a iniciativa de Sermos Galiza S.A., editora de Nós Diario, do coleccionábel 'Os reis e as raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu', que constará de 34 fascículos.
A profesora Concha Losada Vázquez leva anos colaborando coa institución (Foto: Arxina).
CULTURA

Concha Losada: "O Museo do Pobo Galego ten que chegar a ser de maneira efectiva o Museo da Galiza"

O vindeiro 28 de maio o Museo do Pobo Galego escollerá, na asemblea do seu padroado, unha nova directiva. A única candidatura que se presentou está encabezada por Concha Losada Vázquez, doutora en Medicina e profesora titular do departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Facultade de Química da USC. Coñecedora da entidade desde a base, entrou como socia nas primeiras campañas de captación de apoios, leva anos desenvolvendo responsabilidades de representación nesta institución.   
Antía Ameixeiras, co violín, e Sabela Caamaño, co acordeón cromático, nunha imaxe promocional do seu primeiro disco. (Foto: Leticia T. Blanco)
CULTURA

Comeza en Compostela o festival 'O que non se escribe'

A cita conta cun programa que tratará a experimentación arredor do patrimonio sonoro galego.  
LANÓBRIGA. Unha cidade galaica.
CULTURA

Un vídeo en 3D permite viaxar 2.200 anos atrás a San Cibrao de Las

O 'Proxecto Lanóbriga. Unha cidade galaica' do Centro Infográfico Avanzado da Galiza (Ciag) difunde o traballo audiovisual que permitirá visitar "virtualmente" a cidade galaica da comarca do Carballiño.
A cantante e compositora Carolina Rubirosa presenta este ano dous traballos discográficos (Foto: Chema Ríos).
CULTURA

Carolina Rubirosa: "Estou moi orgullosa por participar nun festival que pon a atención nas linguas minorizadas"

A cantante Carolina Rubirosa será a representante galega este ano no Festival Internacional de Liet, coñecido como o 'Eurovisión das linguas minorizadas'. No certame, que terá lugar este 13 de maio en Dinamarca, interpretará O teu camiñar, unha canción que conta cun videoclip inspirado na viaxe a Santiago que John Lennon planeou facer con Dalí polo Camiño Inglés. Por ese motivo, a irmá do músico de Liverpool, Julia Baird, completou ese percorrido e colaborou no videoclip da canción de Rubirosa.
Presentación dos festivais Rías Baixas Fest (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Os Rías Baixas Fest deixan atrás a pandemia

O calendario deste ano contará con festivais desde o 2 de xño até o 11 de setembro. Serán os eventos PortAmérica, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal, Sonrías Baixas, O Marisquiño e Revenidas.
Escultura de Gurriarán, obra de Anxo Baranga, en Córgomo (Foto: Anxo Baranga).
CULTURA

A Academia leva o pleno do Día das Letras Galegas ao Valdeorras de Gurriarán

A RAG convoca a reunión na Aira dos Bolos da aldea do homenaxeado, Córgomo, no concello de Vilamartín de Valdeorras. No acto, aberto á veciñanza, falarán académica Rosario Álvarez e dos académicos Ramón Villares e Xesús Alonso Montero.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, gabou o decreto de plurilingüísmo (Foto: Xunta da Galiza)
CULTURA

A Consellaría de Cultura deixou sen executar 12 millóns de euros no ano 2021

A Consellaría de Cultura, cuxo titular é Román Rodríguez, deixou sen executar do seu orzamento de 2021 máis de 12 millóns de euros.
O galeón 'Rei do mar' (Foto: Ben Gunn).
CULTURA

A cultura marítima chega á Estrada da man das xornadas 'O mar en terra'

Charlas e obradoiros traen o mar ao rural. O espazo Maruxío, en Terreboredo, A Estrada, organiza os días 14 e 15 de maio toda unha serie de actividades nunha intensa programación.
Carlos Alvarez Ossorio (Foto: Xoán Alvarez).
CULTURA

Álvarez-Ossorio dirixirá a gala dos Premios María Casares

O evento organizado pola Asociación de Actores e Actrices da Galiza, terá lugar o día 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro na Coruña e lembrará o centenario da actriz.
Antonio López, Uxía Senlle e Eías J. Feijó (Foto Europa Press).
CULTURA

'Grândola, Vila Morena' volve á USC cincuenta anos despois da estrea

O Auditorio da Facultade de Filoloxía da USC acollerá a homenaxe 'Zeca. Maior que o pensamento' o vindeiro 10 de maio. Nela actuarán Uxía Senlle, João Afonso, Couple Coffee, Nacho Faia Lar e Xico de Carinho.