cultura

LostregoNenoElliot2
star
Emerxencia Cultural en Ourense

A lei do silencio en Auria

Hai unha cidade na Galiza onde a música, sen beneplácito municipal, só se pode escoitar desde os balcóns da veciñanza salvo pago dunha taxa; hai unha cidade na Galiza onde se disolven, Policía local mediante, recitais poéticos ao aire libre; hai unha cidade na Galiza de onde migran festivais de danza, de fotografía e onde está o único auditorio municipal fechado de todas as cidades galegas; e non, non falamos dunha cidade ocupada nun conflito bélico. O concello de Ourense perdeu na última década a súa banda municipal e deixou de financiar festivais de música clásica, de teatro e cinema mentres o seu alcalde busca a maneira de traer á cidade de Blanco Amor, en substitución do páramo, a Jennifer López. Nesta poboación, din artistas, axentes culturais, cidadás coas que puido conversar Sermos Galiza, a xente moza marcha e a que queda, avelléntase. Aquí, din, pérdese tecido de encontro e, de momento, non hai visos de cambio ningún. A veciñanza e artistas, mentres tanto, mobilízanse revivindo os espazos abandonados da cidade nun esforzo por resistir o baleiro.
Reportaxe sobre a situación da cultura en Ourense, que publicará Sermos Galiza. (Foto Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza afonda na crise cultural da cidade de Ourense

O novo número do semanario, que estará na rúa este sábado xunto co 'Nós Diario', inclúe unha entrevista ao creador Xosé María Álvarez Cáccamo. Aliás, debulla aquelas contas de Instagram que están a triunfar co galego por bandeira. Non esquezas comprar o teu exemplar!
show
SOCIAL

Éxito no Fórum Gastronómico de Barcelona da “cociña que fala galego”

Os ‘showcookings’ e degustación organizados pola área de Turismo da Deputación da Coruña achegan ao público en Montjuïc os produtos de calidade da gastronomía galega a través do labor de diversos cociñeiros e cociñeiras.

Lucía GQ publica no seu Instagram os colaxes que vai confeccionando. (Foto: Nós Diario)
Lucía Guldrís é artista

Lucía Guldrís: "Son unha romántica das técnicas e ferramentas analóxicas, gústame que todo estea feito á man"

Lucía Guldrís, que escolleu o nome de Lucía GQ como alcume artístico, dedícase á elaboración de colaxes manuais e analóxicas. A ourensá, vencellada desde moi nova á arte e á cultura, chegou ao mundo da colaxe e das composicións a través da fotografía analóxica, técnica que tamén domina. De modo autodidacta e asistindo a diferentes obradoiros, Lucía GQ foi construíndo un estilo propio para a confección de composicións, nas que emprega unicamente elementos reciclados e fotografías de revistas antigas.
Un momento da inauguración da mostra esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

As imaxes do Ksado e as lecturas sociais que esconden

A mostra, que inclúe a colección gañadora do premio de fotografía e as seis finalistas, estará até o 14 de novembro no Museo do Pobo Galego. O leonés José Manuel López Pérez asina o conxunto de imaxes que resultou gañador "Atrapados ás portas de Europa", que fala das refuxiadas nas montañas de Bosnia.
'Como tizón queimado', obra de Christian García Bello. (Foto: Colección CGAC) #cgac #arte #christiangarcíabello
star
CULTURA

A arte vincula o mar e a identidade

A exposición Pingas rompentes, no Museo do Mar de Vigo, explora os diferentes modos en que a veciñanza co Atlántico modela a visión do mundo na Galiza. 
Un instante da montaxe de 'A lúa vai encuberta'. (Foto: Lucía Regueiro) #ponteatro #teatro #alúavaiencuberta #manuelmaría
CULTURA

Pontevedra reinicia a aposta na cultura escénica

O evento Ponteatro, que comeza o día 14 de outubro no Teatro Principal, conta xa con cinco citas confirmadas. O ciclo, que reforza a aposta na cultura escénica do Concello de Pontevedra e tamén o aprecio da cidadanía por este tipo de arte, xa tivo moito éxito antes do verán.
Unha representación da entidade nunha edición pasada do FIOT. (Foto: Escena Galega) #teatro #escenagalega #fiot
CULTURA

Estratexias teatrais para loitar contra os efectos da Covid na cultura

O sector das artes escénicas manterá un encontro profesional para analizar a súa realidade actual e o seu futuro no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), de Carballo. As e os traballadores deste ámbito poden participar da sesión, que decorrerá o 14 de outubro, para achegar as súas reflexións sobre os cambios que implica a pandemia.
Presentación do ciclo de cinema que decorrerá en Vigo. (Foto: Festival de Cinema Inclusivo) #cinema #cinemainclusivo #vigo #festival #inclusión
CULTURA

Vigo da voz a máis de 50 apostas no cinema inclusivo

A sexta edición do Festival de Cinema Inclusivo da cidade decorrerá entre os días 12 e 16 de outubro. As proxeccións terán lugar no Auditorio municipal, o Cinema Salesianos e o Museo Marco tal e como aclararon as impulsoras na presentación desta sexta feira. Como elemento diferente con respecto a outros anos, o ciclo incluirá tres sesións novas dedicadas á igualdade, á discapacidade e ao público familiar.
Marcos Lorenzo. Foto: Kiko Delgado
star
Entrevistas

Marcos Lorenzo: "Durante moito tempo a prioridade foi non conseguir uns obxectivos, senón ter garantida certa pax: que non me amolen os da cultura”

Dous escritos sobre a felicidade é o título do novo libro do xestor cultural Marcos Lorenzo, editado por Embora. E non é, en realidade, que o autor de boa parte do traballo pioneiro na Galiza de análise do sector cultural decidise mudar de tema. No fondo, está a falar do mesmo. De como vivir mellor. Repasamos a súa produción ensaística, na que apunta entre outras cousas á necesidade de facer políticas culturais comezando pola base, polo fomento da participación e da creatividade da sociedade. Pois facer cultura non é só programar eventos. 
Roque Sanfiz mazarelos
CULTURA

Roque Sanfiz, Mazarelos: "Queremos que a revista Mazarelos dea o salto ao audiovisual”

O proxecto Mazarelos é unha iniciativa cultural que ten como obxectivo principal desenvolver tarefas de divulgación sobre feitos relacionados coa historia da Galiza. Naceu como unha páxina web, e pasou posteriormente a contar cunha revista en papel que se pode obter en librarías.
Público agardando para entrar nun pase esta segunda feira. (Foto: Aigi Boga)
CULTURA

Curtocircuíto aposta no cinema como “arma de expresión crúa e sincera” no seu ecuador

No marco da axenda complementaria do Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, hoxe decorrerá a actuación da banda Verde Prado, cunha proposta musical en éuscaro. Tamén tocarán os galegos Crnds & Álvaro Chior A/V & Fransy González. Este evento decorrerá a partir das 22 horas na igrexa da Universidade. Para a cuarta feira tamén está prevista unha homenaxe á artista galega Enar de Dios.
O Woden GP de ViJuDa (ViJuDa).
CULTURA

Super Woden GP, o videoxogo vigués que lembra o espírito dos 90

O estudo ViJuDa, fundado en 2020, recrea con este traballo os xogos de velocidade que atopabamos nos salóns recreativos de finais do século XX.

ponton_begonha_caamanho_2out2021_arxina
CULTURA

Pontón propón usar os Next Generation para crear un fondo cultural galego

A portavoz nacional do BNG participou este sábado nunha ofrenda floral á escritora Begoña Caamaño.
Un momento da presentación decorrida esta quinta feira en Compostela. (Foto: Pixi Arnoso)
CULTURA

Curtocircuíto achega risco a esta edición para blindar a súa maridaxe artística

O festival de cinema decorrerá en Compostela do 2 ao 10 de outubro
Retrato de Berta Cáccamo. (Foto: Legado de Berta Cáccamo)
star
Reportaxes

Berta Cáccamo: A volta dunha pintora imprescindíbel

A súa morte conmocionou o mundo da cultura na Galiza. Berta Cáccamo pasou como un meteoro polo mundo da arte, obtendo un recoñecemento moi temperán mais tamén vendo como a súa presenza nos grandes centros culturais se ía diluíndo en favor doutros artistas máis proclives a adherirse ás modas. Porén, o seu traballo está sendo obxecto agora dunha nova revisión que redescobre a súa importancia, a brillantez da súa singularidade, a súa pertinencia no devir da pintura do paso do século XX ao XXI. Falamos sobre este redescubrimento con Juan de Nieves, comisario e estudoso que está a cargo da catalogación da obra e da sistematización do arquivo de Cáccamo.
Brais Nogueira está especializado en cinema (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Brais Nogueira, Balea Cultural: "Cubrimos eventos culturais de vangarda en galego e cunha perspectiva alén da dos medios xeneralistas”

Balea Cultural é un medio de comunicación dixital que naceu en 2018 e que está especializado no xornalismo cultural. Os seus fundadores, Mario Fernández e Mauro Borrazás, buscaban confeccionar un espazo no que tratar sobre eventos culturais non tan comerciais. Brais Nogueira, que se uniu pouco tempo despois do seu nacemento, explica que o obxectivo de Balea Cultural é tender cara á profesionalización do medio ao tempo que lle dan presencia e voz a proxectos culturais feitos en lingua galega.  
 

E van 174...

De esda a dereira, Tubío, Ferreiro e Fernández, na presentación. (Foto: Nós Diario) #zanfona #lugo #cultura #concellodelugo #tradescola #asociacióndegaiteitosgalegos
CULTURA

Lugo será capital da zanfona do 17 ao 19 de setembro

O evento é unha iniciativa da Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos (AGG) e a área de Cultura do Concello de Lugo para promover a música tradicional.

Viaxar