star
ECONOMÍA
Pontevedra acolle as propostas máis actuais "contra o crecemento infinito"
21/xuño/24
Máis de 1.200 persoas procedentes do mundo académico, da investigación e do activismo coinciden esta semana en Pontevedra con motivo da realización de dúas conferencias internacionais, unha dedicada á economía ecolóxica e outra ao decrecemento. Desde a terza feira e até hoxe presentáronse máis de 950 estudos que explican algunhas das alternativas que existen para pór en funcionamento unha economía diferente á actual.