Día das Letras Galegas

Carlos Callón. 26 de abril de 2016
A VÍDEO-COLUMNA DE CARLOS CALLóN

Manuel María e a tribo incomprensíbel

Desta volta Carlos Callón pon o foco sobre a figura de Manuel María, o grande poeta nacional ao que este ano vai dedicado o Día das Letras 2016.

A inercia literaria ao redor de Manuel María

P1015445
CULTURA

A RAG disponibiliza na web unidades didácticas sobre Manuel María

A Academia GAlega vén de presentar a web Primavera das Letras que pon a disposición da comunidade escolar diversos recursos didácticos relacionados co Día das Letras Galegas e co homenaxeado este ano, Manuel María.  

ACADEMIA PORTADA
IMPONSE EN 2º VOLTA A CARVALHO CALERO

A Academia agoira un ano exitoso coa "gloriosa" elección de Manuel María

Tras a desfeita provocada pola polémica elección de Filgueira Valverde, a Real Academia Galega presenta como "gloriosa" e "eficaz" a designación de Manuel María como homenaxeado do Día das Letras de 2016. A Academia, que tivo que votar en segunda volta entre Manuel María e Carbalho Calero, anunciou que o poeta nado en Outeiro de Rei foi elixido por unha ampla maioría.

17M, Día das Letras Galegas, Queremos Galego 2015
LINGUA

Miles claman en galego este 17M

Miles de persoas en todo o país marcharon nas convocatorias de Queremos Galego para reivindicar a vixencia do idioma neste Día das Letras Galegas. Feijóo foi declarado por aclamación inimigo do galego. [Vídeo no interior de GZVideos]

Marcos Maceira, queremos galego, 17M 2015
LINGUA

Marcos Maceira defende o galego como "garantía de futuro"

“Queremos vivir en galego, como o fai no seu idioma unha cidadá de Albacete, de Burgos, de Mainz ou Estocolmo", defendeu en Santiago, ao termo da marcha, o presidente de Queremos Galego e da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.

Queremos Galego. Pratarias chea 17M. Día das Letras Galegas 2015
FEIJóO, DECLARADO POR ACLAMACIóN INIMIGO DO GALEGO

Miles a prol do galego

[ACTUALIZADO ÁS 13.35]. Concluíron as marchas de Queremos Galego nun 17 de maio claramente marcado polas vésperas eleitorais. Dos líderes das forzas políticas galegas só estiveron presentes Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, en Vigo, e Martiño Noriega, coportavoz de Anova, en Santiago. Feijóo foi declarado por aclamación inimigo do galego.

Queremos Galego
LINGUA

Un 17M polo presente do galego

A plataforma Queremos Galego convoca mobilizacións este domingo nas sete cidades galegas e Ribadeo para reivindicar a nosa lingua “malia as dificultades e exclusións forzosas que nos limitan para vivirmos nela con absoluta normalidade”.

Homenaxe Galegas nas Letas
CULTURA

Homenaxe ao papel das mulleres na literatura fronte ao dominio masculino do 17M

A Liga Estudantil Galega e a Plataforma A Sega organizaron un acto reivindicativo en Vigo para poñer en valor o II Día das Galegas nas Letras, que este 15 de agosto homenaxea a escritora María Vitoria Moreno. [Vídeo no interior de GZVideos]

(RAG)
CULTURA

O libro que lle salva a cara a Filgueira

Non é o máis habitual que o presidente da Real Academia Galega acompañe cunha obra da súa autoría a celebración do Días das Letras, e moito menos que o faga cun monográfico ambicioso coma este. Por desgraza, tamén a polémica que acompaña a designación deste ano é, en boa medida, inédita nas nosas letras.

Queremos Galego
LINGUA

O Concello de Compostela non esclarece a Queremos Galego se terá un punto de luz o 17M

A tres días da manifestación polas Letras Galegas o goberno local non se pronuncia. "Non nos van facer calar", advirten desde a plataforma.

galego
Só en papel

Sermos sae esta quinta feira con 48 páxinas, ao incluír a cuarta entrega de Somos Galego

Entrevista ao presidente de ‘Kontseilua’, a mobilización do 17, campañas polo idioma... Todo isto e máis neste suplemento, en vésperas do Día das Letras Galegas 2015.

LINGUA

As universidades alertan do perigo dun galego como “lingua estranxeira na propia patria”

Os departamentos de galego das tres Universidades asinan un manifesto conxunto no que alertan do perigo do galego de “se converter nunha lingua estranxeira na súa propia patria”. Á Xunta respondeu lamentando que este fora o único xesto conxunto de cara ao 17 de maio. 

garrido 340
XOÁN CARLOS GARRIDO, COORDENADOR DESTE A FONDO

"Quen puxo Filgueira sobre a mesa non pode pedir agora que se agoche o debate"

Do Filgueira que se fotografaba coa bandeira galega coa esvástica Ultreia até o censor e o represor. O A Fondo que publicaremos esta quinta feira 14 de maio viaxa pola vida e obra do máis polémico homenaxeado no 17 de maio.

Queremos Galego 18 outubro 2009
LINGUA

O 17M: O día no que queremos (e reclamamos) poder vivir todo o ano

"Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!" é o lema da manifestación que sairá ás 12.00h da Alameda de Santiago de Compostela

asemblea BNG
POLÍTICA

Todo pronto para a XIV Asemblea do BNG

'Galiza polo dereito a decidir. Soberanía, Traballo e Igualdade". En poucas horas dará inicio baixo este lema a XIV Asemblea Nacional do BNG, este domingo 17 de Marzo (@s asembleístas poden comezar a se acreditar apartir das 8.30 horas). Todo pronto para unha cita na que a organización frentista aprobará as teses a debate e elixirá novo Consello Nacional e portavoz, Xavier Vence.
UNHA COMISIÓN CIDADÁ ESTIVO A RECADAR APOIOS

O Día das Letras do 2013, para Vidal Bolaño

A Real Academia Galega decidiu, no plenario celebrado o 22 de xuño, dedicarlle as Letras Galegas no ano 2013 ao autor, director e actor teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002). Na mesma xuntanza, o plenario da Academia nomeou académico de honra a Arcadio López Casanova; e académic@s correspondentes a Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo Fernández, Olivia Rodríguez González, Goretti Sanmartín Rei e Xavier Vence