Nace Malabesta, un "becho bravo sen domesticar" que presenta esta semana o seu primeiro disco
O grupo está formado por unha mestura de músicos punteiros da escena jazz estatal como David Regueiro -colaborador habitual de Sermos Galiza-, Isma Cabaleiro e Diego de Lera xunto a coñecidos protagonistas dos escenarios do rock galego como Iago Jorge e Vituco Neira da histórica formación galega Ruxe Ruxe.
Así é 'Foliada no Inferno', o sexto disco de Boyanka Kostova
A segunda vida do vinilo
DjMIL publica "Estival", adianto do seu EP 'Osos & Pandeiretas'
A banda Lontreira presenta o seu novo sinxelo, "Ser humano"
"Queremos que o son das nosas gravacións se parezan cada vez máis e sexa máis fieil a como soamos en directo", comenta a banda
Un traballo coidado, por fóra e por dentro
A oboísta Iria Folgado presenta o seu debut discográfico, 'Ecos de Breogán'
Ecos de Breogán é o debut discográfico da oboísta Iria Folgado (San Sadurniño, 1996), solista de corno inglés en Konzerthaus Orchester de Berlín. Unha travesía polo repertorio de música de cámara para óboe composto nas illas británicas no primeiro terzo do século XX por Benjamin Britten, Ralph Vaughan Williams, Arnold Bax e pola compositora Elizabeth Maconchy, xunto á creación contemporánea do galego Fernando Buide del Real.
'Once cancións e unha danza': a música popular galega versionada polo pianista Alberto Vilas
As efémeras discografías dixitais
Xan Pampín: "Facía falta un disco de panxoliñas que tivese en conta a perspectiva da tradición oral"
'O Celta somos nós': 13 cancións para celebrar cen anos de celtismo
'Era cabra', o disco "definitivo" de Terbutalina, verá a luz esta sexta feira
'Onde Vam?', o novo vídeo de Ukestra do Medio
"Onde vam? Onde forom? Onde estám? Essas nuvens, esse céu, ese mar, onde vam?". A banda Ukestra do Medio vén de estrear o seu último videoclip correspondente ao tema "Onde Vam?". Trátase dun vídeo "feito na casa", gravado cun teléfono móbil en Santiago de Compostela e en Boiro (comarca do Barbanza) no ano 2022 e que recolle a letra da canción. A peza forma parte do álbum Histórias cativas, último traballo da banda de Compostela que afianza a súa aposta polos temas propios, e o seu audio foi gravado e mesturado nos composteláns Estudios Potemkin por Jacobo Iglesias e Luís Iglesias, sendo masterizado por SAGE Audio.
"Onde Vam?" é o sexto tema deste disco, e a súa letra fala das frustracións, da saudade duns tempos pasados difíciles de esquecer e das dificultades de superación persoal. Un texto, en definitiva, cunha certa amargura que contrasta co son vitalista que caracteriza a banda.