economía

Xabarí
ECONOMÍA

Campaña da Fruga para poñer couto á “desfeita” do xabarín no rural galego

A Federación Rural Galega impulsa unha iniciativa para procurar solucións os cuantiosos danos causados pola fauna salvaxe, principalmente o xabarín. Elías Somoza lembra a “enorme responsabilidade” da Xunta.

banca
ECONOMÍA

Os beneficios da banca aumentan nun 88% mentres cae a concesión de crédito

De xaneiro a setembro os 5 grandes bancos españois sumaron ganancias por case 7.500 millóns de euros. Case un 90% máis que nese mesmo período do 2012. Mentres, as concesións de crédito a familias e empresas caeu un 7 por cen.

ECONOMÍA

O PIB per capita d@s galeg@s, por baixo da media española e europea

O Produto Interior Bruto de Galiza é de 55.798 millóns de euros, caendo un 0,7% respecto do exercicio anterior. Servizos é o sector que máis achega (59%).

ECONOMÍA

A riqueza no Estado español, cousa de familia. Concretamente, de 30 familias

A revista Forbes elabora un informe dos españois aos que os cartos rebordan dos petos. Encabeza a listaxe Amancio Ortega. Son 30 familias. E manexan máis de 32.000 millóns de euros. Holanda ou Suíza son algún dos seus sitios favoritos aos que recorrer para non pagar impostos no Estado español.

Estaleiro, freire, vigo, naval
ECONOMÍA

Pemex volve adiar, por terceira vez, a licitación dos floteis

A para-estatal mexicana volve retrasar a decisión sobre a quen adxudicará a construción destes buques. Desta vez, a decembro. En Ferrol e Vigo, mentres, segue a sangría de empregos perdidos no naval. Feijóo, tras meses de promesas de que eses floteis virían para Galiza, cala.

ECONOMÍA

A Xunta trae executiv@s afíns da empresa privada para postos de funcionari@s

CIG denuncia que postos de persoal directivo funcionario da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza van ser ocupadas por persoal do sector privado. Cada un deses costos vai supor un sobrecusto de 6.000 euros anuais.

parla
POLÍTICA

Sueiro propón á dirección de EU ''partillar'' o escano con Anova

A número dous por Ourense da formación que lidera Yolanda Díaz, Carmen Iglesias Sueiro, informou en declaracións á axencia de noticias Europa Press de que hai unha semana que EU ten a proposta que ela fai: pede botar dous anos no Parlamento e deixar o último da lexislatura para a formación de Beiras.

AsembleaFreiremarVigo02.grande
ECONOMÍA

Contra-proposta á intención de Freiremar de liquidar o seu proxecto industrial en Vigo

O departamento xurídico da CIG elaborará un informe que ofreza solucións para a pesqueira que non pasen polo despedimento de 99 dos 114 operarios que ten na cidade. A asemblea de traballadores aposta tamén por unha xornada de folga, o 7 de novembro.

Dijsselbloem
ECONOMÍA

O Eurogrupo receita á cidadanía do Estado español “traballar máis tempo e máis duro”

O presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, pide máis reformas estruturais no mercado  do traballo para “se adaptar á nova realidade económica”.

recortes_dentro
ECONOMÍA

O TSXG recoñece o dereito á extra de decembro ao persoal laboral da Xunta

O Tribunal Superior sentencia que non se pode aplicar de maneira retroactiva a Lei 9/2012, do 9 de agosto, polo que o Goberno galego deberá pagar a est@s traballador@s o periodo que abrangue do 1 ao 14 de xullo de 2012.

desempregado
ECONOMÍA

En 89.200 fogares galegos todos os seus membros están no paro, un 11% máis que hai un ano

Supón o duplo que hai catro anos. En perto de 32.000 familias ningún dos seus integrantes percebe ingresos.

ECONOMÍA

Luxemburgo considera que o 'céntimo sanitario' de autonomías como Galiza vulnera a normativa comunitaria

O avogado xeral do Tribunal de Xustiza da UE considera que o imposto sobre carburantes que aplican autonomías como Galiza vai contra as normas comunitarias. O Estado español podería ter que devolver 13.000 millóns de euros.

ECONOMÍA

O desemprego aumenta na Galiza perto dun 5% a respeito de 2012

O número de desempregad@s segundo a EPA sitúase en 277.100 persoas no segundo sementre de 2013 --5,9 millóns no Estado. A súa redución a respeito do trimestre anterior débese ao incremento dos contratos temporais mais supón unha suba do 4,95% en relación co mesmo período en 2012.

13-10-22 cafeteria CRTVG 002.grande
ECONOMÍA

Traballador@s da cafetaría da CRTVG okupan o Consello de administración contra o despedimento de 3 persoas

En folga indefinida desde o 19 de agosto, exixen que a concesionaria da praza, Culinaria, renuncie a ela para que o ente público convoque un concurso e adxudique o servizo a outra empresa.

FOTO VENCE COMITE EMPRESA NGB2 (22 OUTUBRO 2013)
ECONOMÍA

Vence: “A dirección de NGB trasladounos o seu desacordo con vender o banco agora"

O portavoz nacional do BNG reuniuse co comité de empresa do Novagalicia Banco, que en breve será subastada. Xavier Vence afirmou que “Feijóo ponse a favor do proceso e iso é unha traizón aos intereses do país, cando debería estar liderando unha fronte en contra do espolio do aforro galego”.

ECONOMÍA

14 de novembro: mobilizacións da CIG contra a reforma das pensións

A central nacionalista convocará manifestacións nas comarcas do país contra unha reforma coa que @s pensionistas perden 1.500 euros ao ano.

A fenda salarial segue a alargarse
ECONOMÍA

Mocidade: a fenda salarial entre mulleres e homes é de 1.700 euros

A poboación xuvenil gaña de media un salario que roza os 9.500 euros ao ano. A fenda entre o soldo dun varón e unha muller é de 1.700 euros.

ECONOMÍA

O 'think tank' da patronal quer aumentar a idade de xubilación a 70 anos

O Instituto de Estudos Económicos (IEE) quer que se exixa un mínimo de 40 anos cotizados para poder cobrar o 100% da pensións. Tamén aposta polo recorte da prestación inicial de desemprego.

ECONOMÍA

O salario medio dun executivo en Galiza case triplica o dun operario cualificado

O soldo medio dun director ou xerente no noso país supera os 51.000 euros, mentres que os dos traballadores cualificados móvense entre os 17.800 e os 19.100, segundo o IGE.

CUT2
ECONOMÍA

Manolo Camaño, novo secretario xeral da CUT

Camaño xa ocupara este posto até 2009, no que foi substituído por Ricardo Castro. O V Congreso da Central Unitaria de Traballadores decorreu en Compostela sob o lema 'Da revolución á evolución, ergue a túa dignidade'.