Ecuador

Julian Assange tras aterrar a terza feira en Bangkok, Tailandia, nunha escala camiño ás Illas Marianas do Norte. (Foto: Wikileaks / PA Wire / DPA vía Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Julian Assange é liberado logo de alcanzar un acordo xudicial cos Estados Unidos, que o perseguiu durante 14 anos

Após a última decisión da Xustiza británica os Estados Unidos acabaron por aceptar un pacto para que fique definitivamente en liberdade ao declararse culpábel por un delito de espionaxe.

Corte Internacional de Xustiza, a quinta feira. (Foto: CIX)
INTERNACIONAL

A Corte Internacional de Xustiza rexeita as medidas provisorias contra o Ecuador que reclamou México

En abril, axentes policiais ecuatorianos asaltaron a embaixada mexicana
O buque venezolano 'Canaima', onde viaxaba o biólogo Faustino Riveiro (na imaxe pequena). [Fotos: Vessel Finder | Cedida]
SOCIAL

Desaparecido nas Galápagos un biólogo galego-venezolano por un naufraxio

O biólogo de pais galegos Faustino Riveiro, que ía a bordo do barco afundido, está en paradoiro descoñecido tras o accidente entre un buque venezolano e outro tamén galego.
Sesión da cuarta feira na Corte Internacional de Xustiza, nos Países Baixos. (Foto: Corte Internacional de Xustiza)
INTERNACIONAL

O asalto á embaixada mexicana foi "excepcional", insiste o Ecuador, que volveu xustificar a ofensiva das forzas de seguridade

Audiencia na Corte Internacional de Xustiza
O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador. (Foto: Europa Press / Contacto / Luis Barron)
INTERNACIONAL

México defende que o Ecuador debe ser sancionado polo asalto á súa embaixada, incluso coa súa suspensión na ONU

A Corte Internacional de Xustiza acolleu a primeira audiencia do caso.
O presidente Daniel Noboa. (Foto: Presidencia do Ecuador)
INTERNACIONAL

O Ecuador rexeita as medidas neoliberais defendidas por Noboa e apoia o reforzo da seguridade

Aprobadas nove das 11 preguntas do referendo.
O presidente do Ecuador, o conservador Daniel Noboa. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

As apagadas eléctricas marcan o referendo no Ecuador que limitaría dereitos laborais

11 preguntas que afectarían á extradición ou permitirían que os militares asumisen competencias das forzas de seguridade.
Daniel Noboa, presidente de Ecuador, visitou Fitur, en Madrid, o pasado mes de xaneiro. (Foto: Europa Press / Contacto / Luis Soto).
star
Análise

Noboa: o émulo de Bukele tenta exercer o poder á marxe da lei

Xurxo Martiz Crespo é especialista no exilio galego en latinoamérica
Protesta o sábado en Quito contra o asalto á embaixada mexicana. (Foto: Liao Siwei / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A esquerda ecuatoriana impulsará un xuízo político contra o presidente polo asalto á embaixada de México

Os Estados Unidos Mexicanos confirman que denunciaron o Ecuador no tribunal da ONU.
Protesta o sábado ante a embaixada de México en Quito (o Ecuador) para rexeitar o asalto á sede diplomática. (Foto: Jorge Nunez / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

México denunciará o Ecuador perante a Corte Internacional de Xustiza logo do asalto á súa embaixada

O asalto da Policía ecuatoriana á embaixada mexicana, violando de forma flagrante os convenios internacionais ao respecto, levan México a presentar unha demanda no principal órgano de Xustiza da ONU e membros do Goberno de Noboa afrontarán un xuízo político.
Campamento de persoas desprazadas en Haití após fuxir da violencia, en outubro do pasado ano. (Foto: Giles Clarke / OCHA)
star
INTERNACIONAL

Haití declara o estado de emerxencia na capital, controlada por bandas armadas, ante o avance da violencia

A ofensiva das bandas armadas contra o Executivo de Haití, situado no Caribe, leva ao límite o sufrimento da poboación e culmina co incremento da violencia dos últimos anos. Ao tempo, o primeiro ministro, apoiado por Occidente, trata de manterse no poder a pesar da súa falta de lexitimidade.

O presidente do Ecuador, Daniel Noboa, nunha visita á sede da canle ‘TC’, na que se produciu o asalto dunha banda armada. (Foto: Presidencia do Ecuador).
INTERNACIONAL

Detidos dous membros dunha banda polo asasinato do fiscal que investigaba o asalto a un medio no Ecuador

Case 2.000 persoas foron arrestadas durante o estado de excepción.
Home rexistrado polas Forzas Armadas a semana pasada no Ecuador. (Foto: Juan Diego Montenegro / DPA)
INTERNACIONAL

A seguridade dos cárceres no Ecuador, orixe da metade dos crimes, ficará até novo aviso nas mans da Policía e o Exército

1.753 persoas foron detidas desde o comezo do estado de excepción.
Membros do exército ecuatoriano rexistran dous cidadáns en Quito (Foto: Juan Diego Montenegro / dpa).
INTERNACIONAL

Exército e policía do Ecuador toman o control das prisións do país

"Estamos a tomar o control dos cárceres do país. Felicitacións ás Forzas Armadas e a Policía Nacional. Seguimos traballando para restaurar a paz para todos os ecuatorianos", informou o presidente do país Daniel Noboa.
O novo presidente do Ecuador, Daniel Noboa (Foto: Europa Press / Contacto / Alejandro Baque).
INTERNACIONAL

Noboa pide axuda estranxeira ante a violencia que azouta o Ecuador

Cando menos 16 persoas faleceron durante a actual crise no Ecuador.
Forzas armadas de Ecuador (Foto: Europa Press / Contacto / Mateo Armas).
INTERNACIONAL

A situación no Ecuador empeora por horas: aumentan as mortes e os detidos

O Exército rescatou 41 persoas que estaban secuestradas e recapturando 25 presos que se fuxiron de distintos cárceres do país, todo iso en máis de 280 operacións militares para as que se despregaron 22.400 efectivos militares a nivel estatal, segundo reza un comunicado.
Militares nas rúas de Quito, a capital do Ecuador, nas últimas horas (Foto: Mateo Armas / Xinhua News / Contactophoto).
star
INTERNACIONAL

Dispárase a violencia no Ecuador: "Estamos nun estado de guerra"

O presidente de Ecuador, Daniel Noboa, afirmou esta cuarta feira que o país se atopa "nun estado de guerra" co crime organizado. Mentres a violencia aumenta nas rúas e nos cárceres, o ex mandatario Rafael Correa fixo un chamamento á unidade nacional, ao tempo que acusou os anteriores líderes, Lenín Moreno e Guillermo Lasso, de permitir a "infiltración" das mafias nas institucións. Máis de 130 persoas, entre carcereiros e outro persoal, están retidos nas cadeas. Unha televisión e cinco hospitais foron atacados.
Forzas armadas en Guayaquil, Ecuador esta cuarta feira (Foto: Stringer / dpa).
INTERNACIONAL

Ecuador declara o "conflito armado interno" nunha noite de violencia que deixa polo menos 10 mortes

As autoridades comunicaron a liberación de tres axentes que foran secuestrados na cidade Machala, no sur do país, nun incidente no que detiveron a unha decena de persoas implicadas "nestes actos de terrorismo".
Momento no que entraron os encapuchados ao plató. (Foto: TC)
star
INTERNACIONAL

A violencia intensifícase no Ecuador: Noboa declara o estado de excepción e varios encapuchados toman unha canle de televisión

Explosións, secuestros e motíns nos cárceres, esta é a realidade en Ecuador despois de que o presidente da República, Daniel Noboa, declarase o estado de emerxencia. A 'política de man de ferro' anunciada polo mandatario ecuatoriano non está a resolver os problemas de violencia. Un grupo de encapuchados armados asalta unha das principais canles de televisión.
O novo presidente do Ecuador, Daniel Noboa (Foto: Europa Press / Contacto / Alejandro Baque).
INTERNACIONAL

O magnate e conservador Daniel Noboa gaña as eleccións presidenciais no Ecuador

Segundo os datos do Consello Nacional Electoral (CNE), con 94,14 % das actas procesadas válidas, Noboa alcanzou 52,12 % dos votos (5.024.854); mentres Luisa González, do movemento Revolución Cidadá (RC), conseguiu 47,88 % (4.615.492).