eleccións galegas 2012

Eleccions2012

Jorquera: " Rajoy dita e Feijóo cumpre"

Francisco Jorquera, candidato á Xunta de Galiza polo BNG, compareceu perante os medios de comunicación após coñecerse a data das vindeiras eleccións nacionais galegas. Para o nacionalista, o adianto electoral anunciado "é un novo exemplo da submisión aos ditados do goberno central".
Eleccions2012

As eleccións, o 21 de outubro

É "a data máis acaída en termos económicos", segundo valorou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello extraordinario da Xunta celebrado esta segunda feira e en que se aprobou o decreto que disolverá o Parlamento 54 días antes dos comicios, cumprindo deste xeito co disposto na lei electoral