eleccións galegas 2012

Feijóo e Pachi
Eleccions2012

Facendo as Américas (e as Europas)

Alberto Núñez Feijóo e Pachi Vázquez desenvolven esta fin de semana senllos actos políticos na procura do voto emigrante. 

Eleccions2012

Xoán Bascuas candidato por CxG

Após un Congreso de primarias, o até o de agora coordinador xeral da organización política, encabezará a lista electoral da Coruña e presentarase como candidato á presidencia da Xunta de Galiza. 

Eleccions2012

Haberá debate(s) de aquí ao 21-O?

As direccións de campaña do BNG, PP e PSdeG manterán unha reunión este martes para abordar a realización de debates electorais cara os comicios autonómicos.
Eleccions2012

Feijóo e Pachi presentan as súas candidaturas

O PP e o PSdeG-PSOE fixeron públicos os nomes que conformarán as súas candidaturas electorais nestas eleccións. Asemade defenderon as súas propostas. Feijóo apela á "experiencia" mentres Pachi propon unha "Galicia alegre".
Candidaturas BNG
Eleccions2012

A proposta do BNG para o 21-O: soberanismo e xustiza social

O Consello Nacional da fronte ratificou este sábado as listas electorais elaboradas e aprobadas polas asembleas comarcais. O seu programa político cárgase de soberanía e dunha saída xusta á crise. 

Mariano Rajoy e Feijóo na Moncloa
Eleccions2012

O Partido Popular quere esconxurar o efecto “Feijóoy” durante a campaña

Núñez Feijóo tomará distancia de Mariano Rajoy, quen só participará en 3 ou 4 actos, cando en 2009 fíxoo en 41 ocasións. Temen que o efecto da política de recortes se salde cunha derrota o 21-O.
Eleccions2012

O PP quere vestirse de “galeguidade” cara o 21-O

Afirman querer desenvolver unha campaña “moi galeguizada e galeguista” ao tempo que Feijóo reivindica que “Galiza é España” e bate contra quen reclama soberanía.
Cuíña vs Báscuas
Eleccions2012

Só un candidato por provincia se presenta ás primarias de CxG

Os militantes e simpatizantes non terán opción á hora de votar os seus candidatos provinciais. Catro homes por catro provincias compoñen a listaxe de precandidatos. A única sorpresa das primarias de CxG sería que a formación política decidise non se presentar ás eleccións.

Eleccions2012

A horas das “primarias” de CxG descoñécense @s precandidat@s que optarán a encabezar as listas

Esta tarde, ás catro, remata o prazo para a presentación de aspirantes.
Eleccions2012

Jorquera chama a apostar pola soberanía para Galiza dando máis forza ao BNG

O candidato do BNG saudou o éxito da Diada catalá e acusa a Feijóo de “entregar o país”. Esquerra propón convocar unha consulta sobre a independencia de Catalunya.
Xoán Hermida
Eleccions2012

Ecogaleguistas: adeus Compromiso, ola AGE

Espazo Ecosocialista considerábase "incompatíbel" cun CxG como "partido nacional neutro"
Eleccions2012

NÓS-UP non concorrerá ás eleccións do 21-O

Serán os primeiros comicios autonómicos aos que non presenten candidaturas, mais non chaman á abstención. Critican con dureza a coalición Anova-EU que din incompatíbel coas necesidades de Galiza.

Eleccions2012

Aymerich, Tereixa Paz e Cosme Pombo encabezarán canda Jorquera as candidaturas provinciais do BNG

Esta fin de semana o Consello nacional ratificará as candidaturas, paritarias en xénero e marcadas pola forte presenza municipal, de movementos sociais e o sindicalismo.
Eleccions2012

Feijóo, o candidato abafado polas consecuencias do seu goberno

O PP proclamou este sábado o seu candidato á Xunta sen máis presencia de Madrid que a titular de Fomento, Ana Pastor. Cargou duramente contra BNG, PSOE e Alternativa galega, a coalición recén asinada entre Anova e EU. Nos discursos pronunciados chegaron a comparalo con Fraga e con Castelao, e Feijóo non se fixo de rogar: "A un sempre se lle contaxia o de Fraga". De seguido, analizamos neste artigo os tres anos de lexislatura que, en pouco máis dun mes, o aínda presidente tratará de emendar 
Francisco Jorquera
POLÍTICA

Jorquera chama ao 21-O para crear un dique contra os recortes

Nun almorzo cos medios de comunicación, o candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo BNG salientou que o goberno elixido nas vindeiras eleccións nacionais debe frear a ofensiva de recortes promovida desde o Estado español.
Eleccions2012

O BNG empraza o PP e o PSOE para debateren conxuntamente

Nunha misiva enviada esta terza aos directores de campaña do Partido Popular e do PsdeG-PSOE, Montse Prado propuxo a Alfonso Rueda e Pablo García reunírese para determinaren os termos en que poderían celebrar os debates entre as tres forzas políticas.
Eleccions2012

CxG recoñece que non hai avances nas negociacións con Anova e que o tempo "se esgota"

Tras unha xuntanza entre as comisións negociadoras de ambas as dúas forzas, CxG lamenta que "non haxa avances substanciais"
Eleccions2012

Haberá debate, mais non todas as forzas estarán nel

O director da campaña electoral do PP, Alfonso Rueda, confirmoulle esta segunda a Pachi Vázquez a vontade de participar nun debate electoral. Francisco Jorquera, candidato do BNG á Xunta, retou a Feijóo a debater "sen escusas".
Rueda
Eleccions2012

A Xunta electoral exixe a cesación da publicidade institucional durante a campaña

A Xunta electoral estima o recurso interposto polo BNG en que demandaba a retirada da campaña de publicidade institucional “A Galiza do futuro depende de nós” e exixirá á Xunta de Galiza a cesación dela.
Eleccions2012

O partido de Mario Conde propón eliminar os territorios e o carácter oficial da nosa lingua

O ex-presidente de Banesto aspira a encabezar a listaxe "por Pontevedra ou Ourense" con Sociedad Civil y Democracia, o seu segundo desembarco na política após presentarse ás xerais de 2000 por CDS, comicios en que nin sequera votou por si propio