eleccións municipais

lorix 1
POLÍTICA

Lorix, defensor de Pontevedrum fronte ao imperio PPromano

A banda deseñada feita por Kiko da Silva inspírase nos coñecidos Asterix e Obelix para misturar humor e política na campaña das municipais de Pontevedra.

ACTO MUNICIPAL CAMPAÑA 1 (1)
POLÍTICA

Pontón defende o modelo municipal do BNG, “funciona”, e quer estendelo por Galiza

A portavoz nacional incide en que alí onde goberna o nacionalismo “mellora a vida das persoas”.

FOTO ANA PONTÓN E XAVIER CAMPOS (2)
POLÍTICA

O BNG aposta cara ao 26M na “marca de calidade” dos seu traballo nos concellos

Presentou lema e imaxe para as eleccións municipais: 'Máis BNG' onde goberna e 'Agora BNG' Onde cogoberna ou está na oposición.

rubén cela
Eleccións Municipais

O BNG acode ao 26M convencido de que das urnas sairá “un aumento do nacionalismo nos concellos”

Máis de 4.000 persoas, a metade delas non militantes, integran as 245 candidaturas municipais do Bloque para o 26M. O coordinador de campaña, Rubén Cela, afirma que as municipais “son as eleccións máis próximas e é máis difícil gañalas nun plató de televisión de Madrid”.

presentacion.candidatura.bng
POLÍTICA

O Bloque presenta as candidatas “dun proxecto ilusionante” para Compostela

“Nos últimos oito anos, Santiago de Compostela non tivo un proxecto claro e foi á deriva, por iso o BNG preséntase coa vocación de ofrecer un proxecto ilusionante, transformador e cun modelo de cidade para o futuro. Así presentou a portavoz nacional Ana Pontón a candidatura do Bloque para a capital que encabeza Goretti Sanmartín.
 

DsJdaP4XQAATv8a
Na Coruña haberá segunda volta

Ángel Mato e Vázquez Barquero, candidatos do PSOE en Ferrol e Ourense

O senador Ángel Mato será o candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol, mentres que o portavoz en Ourense, José Ángel García Barquero, encabezará as listas dos socialdemócratas na cidade das Burgas. Na Coruña mediranse nunha segunda volta José Manuel García e Inés Rey.

DnjnHecX0AAKKEp
Eleccións municipais

O PSdeG elixe as candidatas e candidatos da Coruña, Ferrol e Ourense

A militancia do PSdeG vota este domingo as candidatas e candidatos ás alcaldías dos concellos de máis de 20.000 habitantes. A ollada está posta na Coruña –con catro aspirantes–, Ferrol e Ourense –con dous cada unha–.

foto o bloque candidatos
POLÍTICA

O BNG presume de “modelo urbano de éxito” na presentación dos candidatos e candidatas ás cidades

Pontevedra foi a cidade escollida polo BNG para presumir de “modelo urbano de éxito”. Alí goberna desde 1999 da man de Miguel Anxo Fernández Lores e alí a súa transformación da mobilidade valeulle recoñecemento da veciñanza e de organismos internacionais. E alí presentou Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque, os candidatos e candidatas ás alcaldías das sete cidades.
 

Xosé Mexuto
Vlogue de Xosé Mexuto

"O xiro á dereita do PP é un lastre para as opcións do PPdeG nas municipais de 2019"

O recente congreso do PP —a vitoria do candidato aznarista fronte á marianista Soraya Sáenz de Santamaría— constitúe todo un regalo para a oposición galega no horizonte das eleccións municipais de 2019, considera o director deste diario dixital, Xosé Mexuto. Para Mexuto, un PP cun perfil máis duro ten menos opcións de recuperar posicións nas locais, nomeadamente nas cidades.

[Imaxe: En Marea Pontevedra] Un acto público de En Marea
Eleccións 2019

En Marea busca que as marés municipais se presenten en toda Galiza

A través da súa viceportavoz, Ana Seijas, En Marea informou de que tratará de presentarse en todos os concellos de Galiza nas eleccións municipais de 2019, para o cal xa puxo en marcha a maquinaria electoral.

[Imaxe: Marea Atlántica]
Eleccións municipais 2019

Noriega di que as mareas buscan “disputar a hexemonía ao PP e non “repartir fincas”

Martiño Noriega (Compostela Aberta), alcalde de Santiago; Jorge Suárez (Ferrol en Común), alcalde de Ferrol; Rafa Sisto (Son de Teo), alcalde de Teo, e Manuel Negreira (Anova), alcalde de Val do Dubra, entre outros representantes das mareas municipalistas, reúnense ao longo deste sábado, día 20, para avanzar no camiño das eleccións do ano que vén.

consello nacional 2
Enceta a estratexia eleitoral

O BNG pon rumo ás eleccións municipais para “avanzar en todo o país”

O Bloque enceta a preparación da estratexia eleitoral de cara ás municipais de 2019, para o que traballará na renovación das propostas programáticas e na elaboración das candidaturas. Aliás, adianta un “cumio” de concelleiras e concelleiros.

Muñoz PP Vigo
POLÍTICA

Muñoz imponse a Guerra na pugna de ex-conselleiros por liderar o PP de Vigo

Feijóo chama a fechar filas entre os dous sectores para centrarse en conquistar o concello nas municipais de 2019. A candidatura de Muñoz obtivo 419 votos e a de Javier Guerra, 320. O PP vigués ten máis de 5.000 afiliados.