Do espazo á comarca de Noia: a viaxe de Narci Rodríguez dA Trio ao máis puro estilo Daft Punk
Narci Rodríguez dA Trio fecha unha etapa coa publicación do seu novo videoclip Flight Sensei, a última peza do seu album Apollo III. Ad infinitum (2022). A estética desta viaxe interestelar desde o espazo ás paraxes da comarca de Noia, unida aos ritmos electrónicos e ás voces melódicas, fai lembrar a algúns dos mellores traballos da mítica banda Daft Punk, aos que esta movida canción que reflexiona sobre o amor na súa forma máis sensorial non ten nada que envexar. Trátase ademais da antesala do V traballo desta banda políglota que emprega o galego, o portugués e o inglés como "motores lingüísticos". Segundo adianta Narci Rodríguez dA Trio a Nós Diario, o seu próximo disco, que sairá en setembro e no que o galego gañará aínda máis peso, "será moi diferente" e contará con moitas colaboracións tanto do panorama musical galego como do internacional.
Fernando Obelleiro: "Para un enxeñeiro de telecomunicacións un barco de guerra é como un parque de atraccións"
Belém Tajes: "Mesturei a voz da miña avoa, gravada por Dorothé Schubarth, con sons electrónicos"
Iria Pinheiro e Mónica de Nut: "En Kennebec reflectimos o noso sentir como artistas, mulleres e nais que vivimos no rural"
O WOS Festival desvela a potencia creativa da música electrónica da Galiza
Aberto o prazo de solicitude das axudas para adquisición de electrodomésticos
Máis de 4.000 postos laborais na automoción fican no ar
Música cósmica
Malia non contar coa visibilidade que tiveron outros contemporáneos como Jean-Michel Jarre, Vangelis ou Giorgio Moroder, a música de Schulze deixou unha pegada indelébel en xéneros que na actualidade forman parte do mainstream: o ambient, a new age ou mesmo o trance non serían hoxe posíbeis sen o seu legado.