Emilio Bruquetas

O conselleiro delegado de RDG, Emilio Bruquetas, na redacción de 'Nós Diario'. (Foto: Arxina)
Entrevista

Emilio Bruquetas (RDG): "Para que siga habendo vida no mar temos que instalar eólica 'offshore' e desprazar os combustíbeis fósiles"

Emilio Bruquetas (Compostela, 1974) foi o elixido para liderar como conselleiro delegado Recursos da Galiza (RDG), a sociedade público-privada impulsada pola Xunta da que a Administración posúe 30% dunha propiedade cuxo 70% se reparte entre unha trintena de empresas como Abanca, Ence ou Finsa. RDG nace cun capital social inicial de 15 millóns de euros e o obxectivo de participar de diferentes proxectos enerxéticos e mineiros para garantir que os beneficios "repercutan no territorio galego".
Emilio Bruquetas
ECONOMÍA

Quen é a persoa que vai dirixir a sociedade mixta de Xunta e 33 empresas para proxectos enerxéticos?

Emilio Bruquetas, de director xeral de Reganosa a conselleiro delegado da sociedade constituída esta semana.