enerxías renovábeis

As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
star
SOCIAL

Os eólicos baixan do monte: os proxectos presionan agora terras agrarias e gandeiras

Os parques eólicos reducen o aproveitamento agrícola. Así o denuncian as organizacións agrarias e até órganos como o Consello Económico e Social constatan como hai un cambio nas localizacións dos novos proxectos, que xa non miran para cumes e serras senón para zonas agrícolas e gandeiras.
Parque eólico en Dumbría, na comarca de Fisterra (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O Estado subvenciona as eléctricas con 7.000 millóns de euros por xerar enerxía renovábel

O proceso de desenvolvemento das enerxías renovábeis no Estado estivo impulsado polos subsidios públicos. Neste sentido, toda a produción eléctrica de orixe renovábel instalada con anterioridade a 2018 recibe primas do Goberno do Estado, recadadas a través da factura eléctrica.

Parque eólico na serra do Candán. (Foto: Arxina)
star
ECONOMÍA

As 44 primeiras compañías eólicas con sede social na Galiza empregan 40 persoas

As empresas de xeración de enerxía eólica signifícanse polos altos beneficios económicos e pola escasa creación de emprego. As 44 primeiras compañías eólicas con sede social na Galiza ocupan 40 persoas no país, segundo vén de certificar o informe Ardán.
Alfonso Rueda e Francisco Conde, de visita no parque eólico experimental de Sotavento, en Xermade (na Terra Chá) o 21 de marzo. (Foto: Xunta)
star
Análise

Empresa pública, negocio privado

Fernando de Abel é doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Administrativo da USC.
Parque eólico na serra do Candán, nas comarcas do Deza e Terra de Montes. (Foto: Arxina)
star
ECONOMÍA

As compañías eólicas aumentaron o pasado ano os seus ingresos na Galiza en 75%, até os 1.989,6 millóns de euros

As empresas eólicas obtiveron en 2022 na Galiza ingresos de 1.989,6 millóns de euros. Porén, as máis importantes e cun nivel maior de facturación pagan os seus impostos en Madrid. Os beneficios do vento galego volveron emigrar un ano máis.
Parque eólico na serra do Candán. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Os concellos galegos con eólicos cuadriplican a media estatal

Só nove de cada 100 concellos do Estado español teñen un parque eólico no seu territorio, unha porcentaxe que no caso da Galiza pasa a ser de 35 de cada 100, case catro veces máis. Ningún outro territorio presenta esa acumulación. Un de cada cinco galegos e galegas viven nun municipio onde hai instalados aeroxeradores.
O Seprona balizou un petróglifo non declarado nas obras do polígono eólico Acibal, en Moraña. (Foto: Amil sen Eólicos)
SOCIAL

Denuncian a destrución de petróglifos nas obras dun parque eólico en Moraña

A plataforma veciñal Amil sen Eólicos constantou a existencia de petróglifos non declarados nos proxectos dos polígonos eólicos.

En moitos casos, a proliferación de parques eólicos na Galiza, como este da Serra do Xistral, interfire coas actividades agrarias (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

A Galiza xa cumpre co obxectivo de consumo renovábel que a Unión Europea marca para o ano 2030

As institucións da Unión Europea (UE) chegaron esta quinta feira a un acordo para que 42,5% do consumo de enerxía a nivel comunitario chegue a través de fontes de xeración renovábel no ano 2030, un obxectivo que a Galiza xa cumpre desde 2020. Até 46,2% da enerxía empregada no país no ano 2020 proviña de fontes de xeración renovábeis.
Vacas repousan ao pé dunha fileira de muíños eólicos na Serra do Xistral, no municipio de Abadín, na comarca da Terra Cha (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A Xunta tomba o parque eólico Soesto, entre Laxe e Vimianzo, polo seu impacto na fauna

O proxecto de EDP Renovables contaba con múltiples informes que alertaban das súas potenciais afeccións sobre a contorna.
Instalación de enerxías renovábeis con aeroxeradores eólicos e placas solares. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A UE eleva a 42,5% o obxectivo de consumo de renovábeis para 2030

Estabelécense novas cotas para o sector do transporte, a industria ou os edificios.
Encoro no concello de Monfero, na comarca do Eume. (Foto: Jesús Meizoso)
star
ECONOMÍA

As eléctricas obtiveron beneficios de 755,6 millóns dos encoros galegos

A produción de electricidade de orixe hidráulica situouse en mínimos históricos no ano 2022, mais os beneficios rexistrados polas compañías enerxéticas foron de 755,6 millóns de euros, con Iberdrola, Naturgy e Endesa á cabeza.
Encoro das Portas, no concello de Vilariño de Conso, Viana, na demarcación Miño-Sil. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Economía, estratexia e enerxía

Fernándo de Llano é profesor titular do Departamento de Empresa da UDC, experto en economía da enerxía, planificación e seguridade enerxéticas.
Varios cabalos pacen na contorna do parque eólico de Tronceda, na serra do Xistral. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A Xunta elude garantir que a sociedade que impulsa para as renovábeis sexa pública

O Consello da Xunta aprobou esta quinta feira iniciar a tramitación da lei para que os beneficios do aproveitamento de recursos naturais "revertan" nas galegas e galegos. Porén, o xefe do Executivo non se comprometeu a que a empresa mixta que se creará ao efecto sexa de participación maioritariamente pública.

O conselleiro de Industria de Aragón, Arturo Aliaga, e a conselleira de Presidencia, Mayte Pérez. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Aragón xa ten un decreto-lei para abaratar a enerxía

O Executivo galego aínda avanzou na creación dunha tarifa eléctrica galega, após Rueda mostrar interese pola iniciativa aragonesa.
Parque eólico na serra do Candán, nas comarcas do Deza e Terra de Montes. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Colectivos ecoloxistas urxen unha reunión con Teresa Ribera

Adega, Bierzo Aire Limpo, PDCC e SGO demandan un encontro coa ministra na súa próxima visita a Ponferrada diante dunha situación "fóra de control" que "preocupa amplos sectores da sociedade galega, lionesa e berciana".
EuropaPress_2567342_pieza_aerogenerador_parque_eolico_sasdonigas_mondonedo_lugo
SOCIAL

Veciños piden que se execute a sentenza que anula un parque eólico en Mondoñedo en funcionamento desde 2019

Denuncian a actitude "totalmente pasiva" da Administración autonómica a pesar dunha condena firme desde xaneiro deste ano.

Planificación do novo proxecto solar na Gudiña (Foto: Adega).
SOCIAL

Unha empresa de Madrid promove unha 'macroplanta solar' na Gudiña que ameaza aguias reais

En opinión de Adega, “volven repetirse os erros acontecidos co desenvolvemento eólico cunha implantación desordenada e claramente especulativa".
Refinaría de petróleo na cidade xermana de Schwedt (Foto: Patrick Pleul / DPA).
SOCIAL

A Galiza 'esgota' esta terza feira todos os recursos enerxéticos dispoñíbeis para 2023

"A vida social e económica do país paralizaríase totalmente de non ser pola importación masiva de enerxía fósil", explican desde o Ogacli.
Megawatts de potencia eólica por cada 1.000 hectáreas (Gráfico: Nós Diario / OEE).
ECONOMÍA

A Galiza é o territorio do Estado con maior potencia eólica por superficie

A produción eléctrica da Galiza superou en 40% ao consumo.

Pretensa sustentabilidade