Máis
Compostela encherase esta fin de semana da 'emoción dos viños'
05/xul./24
Fuxindo das feiras de viños, Antonio Portela e Marina Cruces idearon hai catorce anos un encontro anual coas adegas máis descoñecidas e singulares da Galiza. Procurando espazos orixinais e con personalidade, desprázanse este ano até Compostela para levar a súa experiencia enolóxica até o Pazo de Fonseca, o epicentro do saber universitario na capital galega.