ensino

Pleno Infantil no Parlamento da Galiza organizado por Aldeas Infantís SOS, ao abeiro do programa 'Deputados por un día'. (Foto: Nicolás Gómez Carballo)
Agora

Estudantes de Primaria votan como 'deputados' no Parlamento a favor da loita contra o cambio climático

A organización Aldeas Infantís SOS organizou esta segunda feira a xornada de 'Deputados por un día' no Parlamento da Galiza. 80 alumnos e alumnas de Primaria tornaron en 'parlamentarios' e proclamaron as súas propostas para sometelas a votación do hemiciclo infantil. En concreto, as e os estudantes, de catro centros educativos distintos —San Pelayo-Emma, de Santiago; Poeta Uxío Novoneyra, de Seoane do Courel; Pai Feijoo Zorelle, de Ourense, e Nazaret, de Cangas—, realizaron 12 propostas que logo votaron en urna para levalas a cabo na súa contorna. O compromiso máis apoiado polos alumnos foi a loita contra o cambio climático, reivindicando que se utilice máis o transporte público ou a bicicleta. Aliás, reflexionaron sobre a importancia e a responsabilidade na aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) de Nacións Unidas, coa intención de fomentar o valor da Axenda 2030.

O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
Ensino

A CIG-Ensino acusa Educación de "nula interlocución" a respecto das mudanzas na FP

O secretario nacional da CIG-Ensino solícitalle á Administración unha Mesa Sectorial para tratar estes e outros asuntos que están relacionados coa xestión e ordenación da FP nunha Mesa Sectorial urxente na cal se dea conta do custo económico e dos resultados do coñecido, de novo case en exclusiva polos medios de comunicación, ‘Plan Conecta FP’.
Fernando Tejada, do Banco de España e Román Rodríguez, conselleiro de Educación (no centro) (Foto: Conchi Paz).
Ensino

'Cultura Financeira' a nova materia para 3º da ESO na Galiza que a patronal e o Banco de España eloxian

Román Rodríguez, destacou que esta materia "supón dar resposta a unha serie de demandas", debido a que, desde a perspectiva do Goberno de Alfonso Rueda, "a educación non é un fin, é un medio"

Polo de lingua

O estudantado lamentou a falta de diversidade temática e a complexidade da redacción. (Foto: Europa Press / Arquivo)
Ensino

ETA e ETA: os dous textos propostos pola Consellaría nos exames da Secundaria para adultos dous días antes das eleccións

Profesorado traslada o seu "malestar" pola falta de diversidade temática na proba de Lingua Castelá, pois ambos os textos, dos que o alumnado maior de idade se examinou só dous días antes das eleccións municipais, a diferenza do resto de probas versaban sobre a mesma cuestión: o terrorismo de ETA. "Causou moito malestar entre o alumnado, mesmo desde o punto de vista emocional", aseguran.
A comunidade experta defende a presenza da educación sexual nas aulas. (Foto: Nós Diario).
LINGUA

Novo "ataque" da Xunta á lingua galega no ensino

169 unidades didácticas foron eliminadas da páxina web da Consellaría de Educación.

Un estudante dá un último repaso aos apuntamentos antes de comezar o exame na Facultade de Comunicación da USC. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
ABAU 2023

Dos nervios iniciais ao alivio tras o primeiro exame: así afronta o alumnado galego a selectividade

As e os aspirantes da anteriormente chamada selectividade encheron os corredores e aulas destes centros desde as 9 horas da mañá
Imaxe de arquivo dunha aula baleira. (Foto: Nós Diario)
Ensino

A CIG-Ensino reclama a apertura inmediata de negociacións para recuperar os horarios lectivos previos aos recortes

Nestes momentos os Gobernos presididos por Rueda e Ayuso son os “únicos que non rebaixaron o horario lectivo do profesorado, recuperando o que tiñan previamente”, indican desde a CIG.
A comunidade experta defende a presenza da educación sexual nas aulas. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Psicólogas piden un debate aberto ante o aumento de denuncias por violencia sexual

Ourense e Nigrán acollen a IV Semana da Diversidade Sexual.
Alejandro Martínez, autor dunha tese en lingua galega publicada en Zadar, Croacia (Foto: Cedida).
LINGUA

Alejandro Martínez, profesor de galego en Croacia: "Hai alumnado croata que fala galego mellor que moitos políticos"

Natural de Baiona mais afincado en Zadar, Croacia, Alejandro Martínez é profesor de galego nese país e o autor da primeira tese en lingua galega presentada nese territorio de Europa. 'Nós Diario' conversa con el sobre a tese e o galego no estranxeiro.
Alumnado do IES Ponte Candelas traballa no monte veciñal cada mes de novembro. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Monte Vivo, a custodia do territorio desde a escola

Monte Vivo é un proxecto educativo multidisciplinar que ten a súa orixe nos incendios de 2017 na contorna do IES Ponte Caldelas, situado no concello homónimo (comarca de Pontevedra). Coincidindo coa renovación do convenio que lle dá continuidade, a iniciativa vén de recibir o Premio Innovagal de innovación educativa que concede a Consellaría de Cultura e Educación.
Alumnado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, esta terza feira, nunha das probas da Abau. (Foto: Arxina)
Educación

Case 12.800 galegas e galegos examinaranse este ano da ABAU

As probas decorrerán nunha trintena de sedes de todo o país entre o 6 e o 8 de xuño.
Isabel Calvete, de Anpas Galegas, e Suso Bermello, de CIG-Ensino, esta segunda feira, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
Educación

A CIG-Ensino e Anpas Galegas urxen reforzar o ensino público

Ambas as organizacións opóñense ao feche de aulas e recorte de docentes e demandan un plan específico para os concellos rurais.
A edición de 2019 de correlingua (Foto: Correlingua)
LINGUA

A 23ª edición do Correlingua chega esta segunda feira a Vigo

O vindeiro día 24, o Correlingua fará a súa seguinte para na cidade de Pontevedra.
Tanto rapaces como rapazas senten a presión da imaxe ideal que se constrúe desde os distintos medios. (Foto: Migue Suárez)
star
Análise

A adolescencia e o Mato Grosso

Paula Castro é xornalista.
Alumnado nun centro de ensino. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A psicoloxía pide paso nas escolas para atender un malestar emocional en ascenso

A ratio de alumnado por orientador duplica a recomendación da Unesco.
Libro da materia de Lingua galega e literatura.
Día das Letras Galegas

O Bierzo "non está para celebracións" este 17 de maio pola "inxustificada negativa" a introducir o galego nun instituto

Héctor Silveiro, membro correspondente polo Bierzo da RAG, denuncia a posición "insensíbel e fría" da Administración educativa de Castela e León en relación coas reiteradas peticións das familias de alumnado que estudou a materia de Lingua galega na escola e que quere continuar por esta vía no IES Fuentesnuevas de Ponferrada, mais non pode.
Educación marcou as datas para o curso 2023/24 (Foto: Arxina)
Ensino

Ratifícase o calendario escolar do próximo curso. Cando comeza? Que feriados hai?

A orde de Educación tamén estabelece o calendario de conmemoracións nos centros escolares, que arrincará o 20 de novembro co día da Infancia, ao que seguirá o 25 do mesmo co día contra a violencia de xénero
As universidades galegas foron avaliadas polo CWUR (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Publícase o ránking das mellores universidades do mundo. En que posto están as galegas?

O Centro para o Ránking das Universidades Mundiais (Center for World University Rankings -CWUR-) vén de publicar a súa lista anual de 20.531 institucións universitarias avaliadas e clasificadas segundo o seu desempeño académico.
Crianzas nun comedor escolar (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A CIG-Ensino considera un "despropósito" a mudanza de criterio da Xunta cos comedores escolares

As xefaturas territoriais da Consellaría de Educación remitiron nestes últimos días varios correos electrónicos a todos os centros docentes con comedor escolar propio dependente deste departamento da Xunta así como a aqueles con comedores xestionados por ANPA coas mudanzas que se deben implementar.