ensino

Pilar Alegría, Carolina Darias e Joan Subirats, onte. (Foto: E. Parra. POOL / Europa Press)
SOCIAL

O ensino arranca de maneira presencial o 10 de xaneiro

As crianzas de entre cinco e once anos terán un test de antíxenos de balde a partir do 7 de xaneiro, tres días antes do comezo das aulas, que serán de maneira totalmente presencial.
Un centro de ensino antes de comezar o curso. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
SOCIAL

As crianzas menores de 12 poderán facer un test de antíxenos antes de volver ás aulas o día 10

Ofreceranse de balde nas oficinas de farmacia. O ensino retoma a súa actividade o 10 de xaneiro de forma presencial.
Unha escola infantil nunha imaxe de arquivo. (Foto: CIG)
SOCIAL

Sanidade propón evitar as corentenas entre contactos estreitos en Infantil e Primaria

O documento do ministerio titulado "Guía de actuación ante a aparición de casos da Covid-19 en centros educativos", con data do 30 de decembro de 2021, tamén insta a considerar brote a 3 ou máis casos nos centros educativos.
Concentración de Anpas Galegas e CIG-Ensino contra os recortes de Educación (Foto: Arxina).
POLÍTICA

O PSdeG critica o despedimento de 800 docentes e o PP gábase de "protexer á comunidade educativa"

A popular Paula Prado insta o Estado a destinar cartos para reforzar o cadro de persoal, mentres Gonzalo Caballero pide á Xunta "non cometer máis erros". A Galiza, con todo, ten menos docentes que en 2009, segundo a CIG-Ensino.
Oposicións realizadas pola Xunta da Galiza (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Incerteza nas oposicións de Educación

A Consellaría de Educación segue sen informar de como ten previsto realizar as probas para acceder ao emprego público. A Lei de Redución da Temporalidade e as propostas do Ministerio sinalan un cambio que facilitaría o acceso do profesorado interino.  A CIG-Ensino sinala o problema do escaso número ofertado. 
A escuadra lucense volve estar nos postos de acceso á Copa. (Foto: Leite Río Breogán).
DEPORTES

Boas sensacións no baloncesto galego: Obradoiro e Leite Río Breogán suman dous triunfos de ouro

Pleno galego na elite do baloncesto masculino
Manifestación en defensa da escola catalá (Foto: Vilaweb)
INTERNACIONAL

Milleiros saen ás rúas de Barcelona en defensa do modelo de escola catalá

A manifestación da plataforma Somescola xuntou milleiros de persoas este sábado en Barcelona para defender o modelo de escola catalá e protestar ante as resolucións do Tribunal Supremo español contra a inmersión lingüística no ensino.

O catalán precisa unión

Emilio Neira (segundo pola esquerda) cos integrantes do equipo de traballo de 'Sintaxe'. (Foto: Emilio Neira)
Emilio Neira vén de presentar o método 'Sintaxe' na techLING2021

Emilio Neira: "O sistema español non cre na educación, está creado para que fracase"

A innovación educativa chega dende Suíza con forma de nasa. Natural de Taragoña (Rianxo), Emilio Neira é profesor de Educación Especial en Sainte-Croix, unha cidade do cantón de Vaud. Dende hai uns anos, traballa cnda Xiro Montero, David Cuence e Romerto Rama no método pedagóxico Sintaxe, creado para ensinar gramática. O proxecto vén de ser presentado no VI Congreso Internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía.
Concentración da CIG-Ensino diante da EGAP en Compostela (Nós Diario)
SOCIAL

Denuncian que Educación deixará 193 baixas de profesorado sen cubrir

A CIG, diante das instalacións da EGAP en Compostela, e CCOO, ás portas da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, protestaron contra os “recortes” e a non prolongación do programa ARCO.

E volta e dálle

A deputada do PP Ana Pastor. (Foto: Juan González / GomComStudios).
POLÍTICA

O PP enxalza o "bilingüismo integrador" da Xunta e censura a "inhibición" do Goberno ante o caso de Canet de Mar

Asegura estar disposto a "acudir onde faga falta" para denunciar o caso da familia "acosada e insultada" por reclamar educación en castelán para o seu fillo.
As aulas presenciais, a máscara e a distancia seguirán sendo cuestións chave o vindeiro curso. (Foto: Eduardo Sanz / Europa Press).
SOCIAL

"A Consellaría xa non vai cubrir as baixas docentes até 2022", denunia a CIG-Ensino

A central nacionalista alerta de que os centros non contarán con persoal substituto nas dúas últimas semanas do primeiro trimestre do curso, coincidindo cunha repunta dos casos de Covid entre a comunidade escolar.
Imaxe de arquivo de crianzas nunha escola. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Pais e nais da escola catalá obrigada a impartir 25% en castelán: "Son castelanfalante e quero que a escola ensine en catalán"

Entrevista a pais e nais da escola de Canet de Mar -Maresme, Barcelona- onde un xuíz obriga a impartir 25% das materias en castelán. Ambos os dous amósanse contrarios á imposición xudicial desta lingua.
Manolo Maseda, co seu acordeón. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Manolo Maseda: “As nenas e nenos non teñen coñecemento sobre a realidade musical na lingua galega”

“Ao Son Da Nosa Música” é un proxecto socio-educativo de dous mestres de música no ensino público, Manolo Maseda e Martiño Ramos. Esta iniciativa consistiu nunha enquisa realizada a máis de 1.000 escolares da Galiza de 20 centros diferentes e arroxou datos como que un 80% do alumnado non escoita nunca ou case nunca música en galego. O propio Maseda explica que a situación da música na nosa lingua é reversíbel se se aposta por medidas que involucren as rapazas e rapaces.
Nenos e nenas entrando nun colexio. (Foto: EP).
LINGUA

Unidas Podemos demanda a edición de materiais educativos nas linguas cooficiais

O grupo parlamentario Unidas Podemos-En Comú Podem-Galiza en Común vén de rexistrar unha proposición non de lei para que a Comisión de Educación do Congreso debata incrementar o investimento público para que o galego, o catalán e o éuscaro teñan unha maior presenza nos contidos educativos en soporte audiovisual ou dixital.
Fermín Gómez Segura “O Segura”.
star
Caderno 'Coñecer'

Eladio Ferreiro ou as contradicións

Contan que, en 1908, cando tiña mercadas as pasaxes para a outra beira, ofrecéronlle un traballo que lle atallou o impulso de facer as Américas e asentouno para sempre no Val de Miñor. Nacera en Ourense; a súa dona procedía dunha abastada familia fidalga de Eiras (San Amaro), Os Tizón. 

Unha cuarta parte do profesorado é maior de 55 anos. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

5.000 docentes xubilaranse en 5 anos

O cadro de persoal do sistema educativo galego é o máis avellentado do Estado. Ao tempo, nos vindeiros anos agárdase un importante incremento de xubilacións, ao situarse máis de 7.753 ensinantes entre os 55 e os 65 anos. A este grupo, súmase outra porcentaxe de profesorado interino.
Un concerto da última edición do festival decorrido en Vilaxoán. (Foto: Revenidas)
Proxecto “Ao Son da Nosa Música”

80% da rapazada nunca, ou case nunca, escoita música en galego

Unha enquisa a máis de 1.000 escolares de 20 centros de ensino de diferentes partes da Galiza mostra como a lingua propia é a gran ausente na música que escoitan.

Imaxe de arquivo dunha aula antes de comezar o curso actual. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
SOCIAL

Illados 70 escolares dun colexio de Lugo por un foco de coronavirus

Após 17 positivos que manteñen tres aulas pechadas