entrevista

O escritor José Luís Baños de Cos aborda violencias como a homofobia ou o machismo na obra 'Lume'. (Foto: Arxina)
Contracultura

José Luis Baños: "Entendo o teatro de forma reivindicativa, como unha forma de facernos preguntas"

José Luís Baños de Cos, escritor, afonda na súa obra 'Lume', que lle valeu o V Premio Vidal Bolaño e que aborda diversas violencias sociais como a homofobia ou o machismo. Baños de Cos analiza como achegar o teatro á adolescencia sen deixar a un lado os temas que a afectan, xa que, como el di, "entendo que a algunhas persoas lles pareza duro, mais só estou contando cousas que acontecen na realidade".
O escultor Roi Vicente xunto a unha das súas esculturas máis recoñecidas. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Roi Vicente: "Atráeme plasmar nunha escultura a fisionomía do cabalo galego que vive en liberdade"

Roi Vicente, consultor de profesión e escultor no seu tempo libre, coñecido como Sabuko, conversa con 'Nós Diario' sobre a cultura galega que intenta plasmar nas súas obras a través do barro e outros materiais como a pedra ou a madeira. Vicente fala de trasladar os temas dos que investiga ás súas figuras e das características do cabalo galego que son, como el di, "diferentes ás dun cabalo andaluz e ese tipo de detalles escápaselles á xente de Madrid".
‘Cataqui’ e Adrián Méndez (ao fondo á esquerda) e Tomé Mouriño (adiante no centro) conversan con 'Nós Diario' . (Foto: Manu Lucas Marinho)
Contracultura

De ninghures: "Procuramos fusionar a música tradicional galega con ritmos como os de Latinoamérica"

Adrián Méndez, Tomé Mouriño e Manuel ‘Cataqui’ son tres dos oito integrantes de De ninghures, unha agrupación musical folk que presenta o seu primeiro disco, 'Aquí'. Méndez, Mouriño e ‘Cataqui’ falan da súa música inspirada en diferentes culturas e que mestura diversos instrumentos, desde a pandeireta até o ukelele, pasando polos bongos ou a caipira, xa que, como eles din, “viamos necesario poder aportar a nosa forma de entender a música”.
Miguel Gómez Abad é o director de '42º 47' 38.'' N – 8º 30' 15.'' O'. (Foto: Coral Piñeiro)
Contracultura

Miguel Gómez Abad: "Ás veces, o sinxelo pode funcionar tan ben como unha curta feita por vinte persoas"

Miguel Gómez Abad, director, debulla a súa última curta, '42º 47' 38.9'' N – 8º 30' 15.8'' O', premiada no LAV.mov. 2021 (Vedra) e no Festival RIR (Allariz). Refírese nesta conversa aos procesos creativos baixo presión, á precariedade e á emerxencia da competencia no sector, aínda que, como afirma, “estou a favor de que aumente a calidade e de que haxa máis xente competindo con novas ideas”.
A escritora e colaboradora de 'Nós Diario' Marilar Aleixandre. (Foto: Arxina)
Contracultura

Marilar Aleixandre: "Se Juana de Vega fose inglesa tería unha cantidade enorme de películas sobre a súa vida"

Marilar Aleixandre, escritora, é a coautora de 'Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo' (Editorial Galaxia), unha obra feita a catro mans xunto con Emma Pedreira. Aleixandre fala do descoñecemento das figuras femininas ao longo da historia, da importancia de recuperalas e da dobre vara de medir que existe ao analizar estas personaxes xa que, como ela se pregunta, “por que se xulga tan distinto aos homes e ás mulleres?”.
As Irmandades do Dado nace da man de Jorge Diz (na imaxe), Lamia Escura, Mariola Juncal e Viriato Valdés. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Jorge Diz: "Cando xogamos unha partida e precisamos un material que non está en galego, traducímolo"

Jorge Diz é integrante e membro fundador das Irmandades do Dado, unha comunidade en liña de rol en galego que desenvolve as súas actividades na plataforma Discord. Diz fala do proceso de creación deste servidor que na súa conta de Twitter (@IrmandadesDado) definen así: “para neofalantes e paleofalantes, para novatas e veteranas do rol, pro LGBTQ+”.
Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva e Pilar Abades son as integrantes de Illa Bufarda.
Contracultura

Illa Bufarda: "Co lema 'Auga miúda, vendaval que dura' festexamos estes dez anos de Illa Bufarda"

Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva e Pilar Abades falan dos dez anos de Illa Bufarda, a produtora creativa que está detrás de longametraxes como Negro púrpura, que relata a historia do dentón na Galiza do século XX. As tres creadoras falan da evolución e mudanzas no proxecto, así como do seu futuro, xa que, como di Iglesias, “dez anos é moito tempo”.

O crítico literario e escritor Mario Regueira. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Mario Regueira: "Penso que escribín sobre algunhas obras interesantes e seguro que me trabuquei moitas veces"

Mario Regueira vén de pór punto final, para poder atender outras obrigas laborais, a sección de crítica de Sermos Galiza tras dez anos ininterrompidos. Falamos con el nesta entrevista da súa experiencia durante todos estes anos, dos consensos da literatura galega ou das dificultades para facer crítica nun país pequeno cunha lingua minorizada, en relación coa reflexión que realizou na súa tese doutoral arredor dos inicios de moitas das dinámicas do campo literario actual. 
O vigués David Miranda, imitando o selfie habitual nos convidados dos vídeos de 'Perspectiva Local'.
Contracultura

David Miranda: "Intentamos facer proxectos que toquen temas vinculados co territorio ou coa economía social"

David Miranda, produtor, é unha das figuras detrás de Perspectiva Local, unha plataforma onde pór en valor o turismo local dos concellos galegos a través da mirada da veciñanza e das asociacións. Miranda fala do percorrido do proxecto desde os seus inicios até o que é agora e das consecuencias do modelo de turismo existente xa que, como el di, “as redes sociais están masificando os espazos para sacar unha foto e punto”.
Jorge Rey, rodeado de monicreques. (Foto: Con C de Comunicación)
star
Entrevistas

Jorge Rey: "O que está claro é que non se crea público só polo que fan as institucións, coas políticas culturais actuais"

O teatro de monicreques na Galiza non podería entenderse sen profesionais como Jorge Rey, creador de Títeres Cachirulo e do Festival Galicreques. Algunhas cousas mudaron desde que unhas poucas compañías comezaron nos 80 a pular por unha estruturación do teatro de bonecos no país. Outras seguen pendentes, como a ausencia dunha auténtica política cultural para o sector ou certa desconexión co público adulto. Galicreques tenta mudar esta situación.
Martiño Senande, Olalla Liñares e Antía Ameixeiras son integrantes de Oîma. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Oîma: "Acaba o concepto de grupo, mais seguimos a ser tres persoas amigas e ás que lles gusta a música"

Olalla Liñares, no clarinete de Oîma, fala da disolución do grupo de folk tras sete anos xunto con Antía Ameixeiras no violín e Martiño Senande no acordeón diatónico. Liñares fala de celebrar a despedida, das persoas que estiveron no camiño e dunha última actuación que non foi "un concerto ao uso, senón algo moi especial".
A artista presenta o seu primeiro traballo en solitario. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Catuxa Salom: "A miña maneira de compoñer é moi sociolóxica, porque non podo evitar analizar a sociedade"

A música Catuxa Salom descóbrenos 'Nunha aldea', o seu primeiro traballo en solitario. Fala de volver ás raíces, de valorar a lingua e de cumprir os soños que están idealizados, xa que, como ela di, "cando tes unha paixón, aínda que non queiras e esteas enfadada con ela, sempre volve".
Marcelo DoBode levou os temas de 'Turoqua' aos escenarios galegos durante o verán. (Foto: Beatriz Císcar)
Contracultura

Marcelo DoBode: "Nos conservatorios aprendes a cantar ou tocar, mais non se ensina educación emocional"

Marcelo DoBode, músico e actor, aborda a influencia da natureza nos seus proxectos creativos e a composición do seu último disco, 'Turoqua'. DoBode desvélanos os traballos que virán e tamén as dificultades á hora de subir a un escenario, xa que, como el di, "un mal concerto vas ter seguro, porque hai días que a enerxía non está, estás canso ou sentimentalmente pasan cousas, e ao final é facer un papel de ti mesmo para intentar dar 
o mellor".
O autor de cómic Miguelanxo Prado acumula unha carreira de publicacións de máis de 40 anos. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Miguelanxo Prado: "Recibir un premio a toda unha carreira logo de anos facendo algo satisfactorio é un privilexio"

Miguelanxo Prado, autor de banda deseñada, vén de ser galardoado co Premio da Crítica a toda unha carreira no certame que organiza a editorial Dolmen. Prado refírese precisamente ao significado das condecoracións a obras e artistas e do seu propio percorrido profesional que, como el di, "non cambia a esencia do que son: un autor de cómic".
O creador Tono Arias leva case corenta anos no mundo da fotografía. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Tono Arias: "Se quero achegar algo á fotografía teño que darlle á xente cousas que non pode ver"

Tono Arias, fotógrafo, vén de participar no XII Encontro de Artistas Novos levado a cabo na Cidade da Cultura cun relatorio sobre a súa experiencia. Arias fala do seu espazo, Dispara, e da evolución da industria fotográfica ao longo da súa carreira, agora centrada no documental porque, como el di, "ás veces conta máis o tendal dunha casa que o propio retrato da familia".
A filóloga María Alonso Seisdedos é a tradutora de 'Canto eu e a montaña baila', galardoada con dous premios. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María Alonso Seisdedos: "A situación mellorou moito no panorama da tradución e temos excelentes profesionais"

María Alonso Seisdedos, filóloga e tradutora, fala do Premio Plácido Castro -da fundación homónima-, no que foi recoñecida pola tradución do catalán ao galego da obra Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá, e que lle será outorgado o día 30 de setembro. Alonso fala dos procesos internos no seu labor e dun panorama no que, como ela di, "as novidades literarias duran menos de tres meses".
O profesor e economista Ramom López-Suevos. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Ramom López-Suevos: "A Unión Europea non era necesaria nin progresista"

Nado en 1943 en Ferrol, Ramom López-Suevos licenciouse en Ciencias Económicas e incorporouse como profesor á Universidade de Santiago en 1970. Hoxe participa dun debate en que se presenta a reedición de 'Problemática nacional e colonialismo: o caso galego' (1978), escrito en colaboración con Francisco Rodríguez.
Manuel Varela presidiu a Sociedade Galega de Sexoloxía 17 anos. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Manuel Varela Salgado, uroandrólogo: "A educación sexual ten que estar no currículo escolar"

Manuel Varela Salgado foi uroandrólogo do Sergas en Montecelo (Pontevedra) até a súa xubilación e presidente da Sociedade Galega de Sexoloxía. O coidado da saúde sexual, nomeadamente masculina pola súa especialidade, foi unha constante que mantén cun estudo sobre coñecemento e hábitos sexuais entre a poboación moza.
A directora e programadora no Cineclub Lumière, Meli López, con Fran Estévez, un dos fundadores do cineclub. (Foto: Paula Cermeño)
Contracultura

Meli López: "Síntome moi agradecida de que se recoñeza o labor realizado polo Cineclub Lumière"

Meli López, directora do Cineclub Lumière, fala do Premio do Festival Primavera de Cine que recolleu este domingo en Vigo, na gala de clausura do evento, e que premia o cineclub no ano en que fai tres décadas. López fala da evolución, tanto da estrutura interna do cineclub como da propia cidade de Vigo e do seu público, xa que, como di, “tamén hai que asumilo: muda o modo de consumir o audiovisual”.
A ilustradora Nuria Díaz mestura técnicas tradicionais e dixitais nas súas obras. (Foto: Nuria Díaz)
MEMORIA E HISTORIA

Nuria Díaz: "Quixen que as ilustracións semellasen composicións de miniaturas medievais"

Nuria Díaz comezou a súa traxectoria profesional como deseñadora gráfica mais desde 2012 dedícase á ilustración a tempo completo. Co seu estilo minimalista, toques de cor e certo ar naif, vén de ilustrar dúas láminas para o Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza de MAOS Innovación Social. Nós Diario incluirá o sábado 17 de setembro unha cartilla para conseguir este cartafol de ilustracións. As lectoras e lectores poderán cubrila cos cinco cupóns que se distribuirán co xornal entre o 20 e o 24 de setembro e entregala no quiosco.