entrevista

O doutor Hugo López investiga aplicacións da IA na UVigo. (Foto:SINGgroup)
SOCIAL

Hugo López, doutor especialista en IA: "A Axencia de Intelixencia Artificial pon Galiza no mapa"

Aplicacións de procesamento da linguaxe natural, sistemas de axuda á condución de vehículos ou aplicacións que identifican patoloxías son exemplos de uso da Intelixencia Artificial (IA). Nós Diario conversa co doutor especialista en IA Hugo López Fernández sobre esta parte das ciencias computacionais.
Coordina o volume Nee Barros. (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Nee Barros: "É interesante que sexamos as persoas autistas as que contemos as nosas propias historias"

Nee Barros vén de recibir o V Premio María Victoria Moreno pola súa novela 'Nom estamos quebrades', escrita en galego reintegrado e cunha linguaxe non binaria e que sairá en abril coa editora Cuarto de inverno. Barros aborda as eivas na representación de determinados colectivos na literatura e nos espazos seguros xa que, como di, “intento dar voz a cousas que a min me gustaría que estiveran representadas”.
 
Elena Vázquez Cendón no Colexio de Fonseca, Compostela (Foto: Santi Alvite).
Entrevista

Elena Vázquez Cendón, decana de Matemáticas da USC: "Na ciencia temos mulleres referentes de proximidade"

A decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, María Elena Vázquez Cendón (Ourense, 1966), vén de recibir o Premio María Josefa Wonenburger 2022. O galardón, outorgado anualmente desde a súa creación en 2007, distingue as mulleres da Galiza con traxectorias nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía.
A cantautora Laura Lamontagne e o DJ e produtor Pico Amperio (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Laura Lamontagne e Pico Amperio: "O disco é unha forma de agradecer as cantigas"

Laura Lamontagne, cantautora, e Pico Amperio, DJ e produtor musical, unen as súas habilidades en Algo que sinalar, o seu primeiro disco, onde combinan poesía, sons do hip hop e música medieval galego-portuguesa. Ambos abordan a acollida deste traballo e a súa forma de achegarse aos sons que lles caracterizan, algo que, como din, “dá un valor á experimentación e á liberación das formas”.
Xaime Lis e Xosé Barreiro, na libraría Komic, co galardón que recibiron esta semana polo compromiso co galego (Nós Diario).
Contracultura

Xosé Barreiro: "Termos referentes de éxito fai que as novas xeracións vexan no cómic unha profesión viábel"

Xosé Barreiro é a persoa detrás do mostrador da libraría compostelá Komic, galardoada esta semana co Premio Manuel Beiras polo seu emprego habitual do galego. Barreiro aborda os inicios da libraría e a presenza do cómic e da lingua no contexto actual onde, como el di, “botamos en falta a iniciativa das editoras grandes”.
Marilar Aleixandre (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Marilar Aleixandre: O feminismo como cerna

Marilar Aleixandre era feminista moito antes de que, dalgún modo e, afortunadamente, o feminismo se tornase tendencia. E iso nótase nos seus libros, como a súa inquedanza por compartir coñecemento ou a súa querenza pola natureza. A autora vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa do Ministerio de Cultura con As malas mulleres (Galaxia), unha novela que recupera a memoria das mulleres presas da galera da Coruña e que foi galardoada tamén co Blanco Amor. Falamos con ela deste libro en conexión coa súa extensa obra literaria anterior.
O presidente da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego, Francisco Bermúdez (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Francisco Bermúdez: "A asociación vai ser o tecido que envolva as comunidades de Podgalego, Twitch e Youtube"

Francisco Bermúdez, coñecido nas redes como Fran da Lobeira, é o actual presidente da recentemente creada Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego. Bermúdez aborda o proceso de creación da entidade, así como os seus obxectivos, e a importancia da visibilidade xa que, como el di, “canta máis xente nos coñeza, máis persoas falarán de nós”.
Javier Seoane, á esquerda, co finado Pedro Brandariz nunha imaxe de arquivo (Foto: cedida).
Contracultura

Javier Seoane: "O documental ocorréuseme como unha forma de homenaxe a Pedro Brandariz"

Javier Seoane, director e guionista, é o creador, xunto co falecido humorista Pedro Brandariz, da microserie Mataría, que foi paralizada após o pasamento do actor. Seoane explica a decisión de publicar os episodios xa gravados e un documental que recolle o proceso de creación da serie. Unha peza que tamén é un fechamento "para a figura de Pedro, para o que representou para min e para moita máis xente".
Boadicea Editora nace da man de Marcos López, Alba Rozas e José Manuel Dopazo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Alba Rozas: "Estamos nun momento de pulo e de revalorización da fantasía e da ciencia ficción"

Alba Rozas, filóloga, é unha das fundadoras de Boadicea Editora, que se centra na fantasía, a ciencia ficción e o medo a través de obras orixinais e traducións ao galego da produción europea, asiática e anglosaxoa. Rozas aborda o nacemento do proxecto así como a complexidade dos procesos que hai arredor das publicacións, mais que, como di ela, “paga a pena porque é unha aposta pola calidade”.
A ilustradora Xulia Pisón (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Xulia Pisón: “En 'The Drop' non hai texto porque nos soños tampouco adoita haber unha narrativa clara”

Xulia Pisón, ilustradora, vén de publicar The Drop, o primeiro cómic galego que precisa de gafas 3D para lelo. Pisón relata o proceso que a levou a crear esta historia que atravesa soños e dimensións, así como das posibilidades dos cómics mudos porque, como di ela, “para cada quen é un mundo distinto”.  
 
Noel Feáns e Efi Arias son os integrantes de Fanny + Alexander (Foto cedida).
Contracultura

Fanny + Alexander: "Queriamos facer parte dunha escena da que nos sentimos pais dalgunha maneira"

Noel Feáns, músico, forma, xunto con Efi Arias, o dúo Fanny + Alexander, que despois de doce anos volve sacar un novo traballo, A túa ausencia neste ar. Feáns aborda o concepto do disco, relacionado coa perda e co colectivo, así como o panorama musical galego xa que, como el di, “queríamos facer parte dunha escena da que nos sentimos pais dalgunha maneira”.
Xesús Seixo (Foto: Xan Carballa).
star
Retratos dun tempo en mudanza

Xesús Seixo. O nacemento dun sindicalismo galego soberano

A historia do sindicalismo nacionalista bota as súas raíces nos conflitos obreiros de 1972 en Vigo e Ferrol. Os anos seguintes, até que poden ser legais os sindicatos, son os da construción de diferentes xermes sindicais, até culminar no nacemento en 1977 da Intersindical Nacional Galega (ING). Xesús Seixo (Curtis, 1952) estudou Biolóxicas e desde 1977 estaba nos comités de axuda á loita sindical, formando parte dese amplo grupo de persoas que, desde case á nada, ergueron o que hoxe é a CIG, a primeira central sindical en número de delegadas e delegados. Foi secretario xeral do sindicato nacionalista entre 2001 e 2017.
Antía Otero mestura en Barroco a súa escrita coa formación en Historia da Arte (Foto: Aigi Boga).
Contracultura

Antía Otero: "Para min era importante incluír referentes femininas neste relato que constrúo co Barroco"

Antía Otero, poeta, vén de publicar Barroco (Apiario), un poemario no que mestura a súa formación en Historia da Arte, as teorías e referencias propias deste movemento artístico e unha escrita íntima. Otero aborda o espazo entre os extremos, xa que, como ela di, “cústanos atopar outros lugares ou marxes dentro dos termos”. 
 
La alcaldesa de A Coruña, Inés Rey García, posa tras una entrevista a Europa Press, a 7 de junio de 2022, en A Coruña, Galicia (España). Inés Rey García milita en el l Partido Socialista Obrero Español y desde el 15 de junio de 2019 es la alcaldesa de A Coruña, siendo la primera mujer en democracia en desempeñar ese cargo.?
07 JUNIO 2022;REY;INES REY;ALCALDESA DE A CORUÑA
M. Dylan / Europa Press
(Foto de ARCHIVO)
07/6/2022
Entrevista

Inés Rei, alcaldesa da Coruña: "Que a Axencia de Intelixencia Artificial veña á Coruña é un éxito da sociedade galega"

Inés Rei García (A Coruña, 1982) defende con paixón o modelo de cidade que, reitera, foi posto en marcha neste mandato e no que a escolla da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia) é un paso máis. Ao tempo, insta a Xunta da Galiza a "cumprir"  coa cidade.

Ramón Varela (Foto: Xan Carballa).
star
Retratos dun tempo en mudanza

Ramón Varela. Defendendo da depredación a terra, o mar e o aire

Desde os anos 60 moitas das meirandes mobilizacións que rexistrou o país tiñan un transfundo de defensa ecolóxica. Ese longo percorrido de resistencia e moitas veces éxito explícao Ramón Varela (Escairón, 1952), biólogo que foi secretario xeral de Adega. Varela tamén defendeu o 20 de xuño de 1989 no Parlamento galego a primeira iniciativa lexislativa popular da autonomía, a prol da “Conservación, Mellora e Desenvolvemento do Patrimonio Forestal” e foi detido en Londres dentro da extensa oposición á vertedura de residuos radioactivos na Foxa Atlántica.
A artista Sabela Rey e mais Benxamín Vázquez recibiron o domingo o XIV Premio Narf da Deputación da Coruña (Foto: Pedro Galbán).
Contracultura

Sabela Rey e Benxamín Vázquez: "Bebemos dos ritmos americanos, mais temos algo dentro que nos leva a tocar música de aquí"

Benxamín Vázquez pon son á guitarra de Mallou, un dúo que forma xunto coa voz e o ukelele de Sabela Rey e que foi recoñecido co primeiro premio no XIV Concurso Fran Pérez ‘Narf’. Vázquez aborda os inicios, próximos proxectos e influencias do grupo, entre as que se conta o propio músico homenaxeado no certame xa que, como el di de Narf, “é un referente moi importante para nós e diría que sen dúbida o máis fundamental”
Elvira Souto (Foto: Xan Carballa).
star
Retratos dun tempo en mudanza

Elvira Souto. Desde a emigración, á cabeza do nacionalismo político

Foi unha xeración que deixou parte da mocidade nun esforzo incesante por construír organizacións políticas e sindicais. Sen apenas conexión coa xeración anterior, lembra Elvira Souto (A Coruña, 1947) que Jenaro Marinhas del Valle dicíalle, “non vos pasamos ningún facho, vós tivestes que acendelo”. Percorremos con Elvira Souto algúns dos momentos da súa traxectoria naqueles anos decisivos.
A fotoxornalista Vanessa Casteleiro (Foto: Oscar Pinal).
Contracultura

Vanessa Casteleiro: "Na fotografía faltan mulleres protagonistas de historias pola dominancia da mirada masculina"

Vanessa Casteleiro, fotoxornalista, é unha das fundadoras de Ollo, un colectivo fotográfico multidisciplinar recentemente creado para contar e divulgar historias a través da imaxe. Casteleiro aborda a creación de narrativas e o compromiso coa sociedade e coas mulleres, entre outros, xa que como ela di “decidimos que tiñamos un traballo pendente”.
O poeta e profesor de secundaria, Javier Rodríguez (Foto: Javier Rodríguez).
Contracultura

Javier Rodríguez: "Trato de facer unha sorte de enlace entre a miña xeración e a das persoas que teñen 20 anos"

Javier Rodríguez, profesor e poeta, foi recentemente recoñecido co Premio Victoriano Taibo -que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia-, pola súa obra Xeración (breve tratado de males inespecíficos), onde percorre con ironía a memoria dalgúns feitos pasados e actuais. 
 
A alcaldesa nacionalista Leticia Santos. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Leticia Santos, alcaldesa de Moaña: "O servizo de urxencias médicas debe volver xa a Moaña"

A veciñanza de Moaña leva un ano mobilizándose pola recuperación das urxencias sanitarias. A alcaldesa da localidade, Leticia Santos, explica a Nós Diario a progresiva deterioración da sanidade pública e da calidade asistencial nese concello e as razóns da manifestación convocada para este domingo.