entrevista

'Casa Guilhermina' é o sétimo disco da fadista de Santarém, Ana Moura (Foto: Gonçalo Afonso).
Entrevista

Ana Moura, fadista: "Quando estou na Galiza sinto como se fosse o mesmo país"

Ana Moura, nascida em Santarém, é considerada a fadista mais bem-sucedida a iniciar carreira no século XXI. A artista já vendeu mais de um milhão de discos no mundo todo, sendo uma das recordistas de vendas de discos em Portugal. Moura chega a Vigo este 24 de fevereiro para apresentar o seu último disco, 'Casa Guilhermina'.
Xoán Carlos Domínguez Alberte é escritor (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Xoán Carlos Domínguez Alberte: "Queriamos reivindicar un espazo cultural singular como é a área histórica arredor de Celanova"

Xoán Carlos Domínguez, escritor, foi o responsábel dun obradoiro posto en marcha pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que agora xermola coa publicación "Facer poesía en Celanova". Domínguez aborda o proceso de escrita que se levou a cabo entre o alumnado así como os beneficios que estas iniciativas poden aportar xa que, como el di, “é a oportunidade de mergullarse de cheo e estar en contacto con textos literarios diversos”.
O ilustrador e educador Xoán Andrade (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Xoán Andrade: "Non utilizaría un sarcasmo destrutivo que non incitase a unha certa tenrura ou sorriso"

Xoán Andrade, ilustrador, recolle a súa traxectoria nunha exposición, 'Pingas de humor crítico', que está aberta ao público até o 8 de marzo no Arquivo Municipal de Betanzos. Andrade aborda a súa evolución, tanto a nivel de ferramentas dixitais como no que respecta ao seu discurso, porque como el di, “o que interesa é tratar de mellorar un pouco a sociedade”. 
Manuel Esteban recibira o Premio Xerais coa novela 'A ira dos mansos' (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Manuel Esteban: "Quixen plasmar o transo fermoso, misterioso e por veces doloroso da infancia á adolescencia"

Manuel Esteban, médico e escritor, vén de publicar 'Setestrelo' (Xerais), unha novela infantil-xuvenil de ciencia ficción espacial. Esteban aborda a construción desta historia na que reflexiona sobre o paso entre a infancia e a vida adulta desde a perspectiva dun neno, xa que, como el di, "as crianzas levan os petos cheos de preguntas".
A música Carmen Penim transmite na súa obra a súa relación coa natureza (Foto: Xoán Arco da Vella).
Contracultura

Carmen Penim: "A nosa lingua implica toda unha maneira de ver e de estar no mundo e crea identidade"

Carmen Penim, cantante e compositora, vén de publicar o seu novo traballo, 'A Fraga de Pasacorrendo' (Toxosoutos), en que aborda temas como as emocións e a relación coa natureza, así como a creación de historias para as crianzas incorporando “moitos recursos da narración oral, porque é algo que está dentro de min”.
Francisco Calo defende que a ideoloxía non debe condicionar o rigor científico. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Francisco Calo: "Alguén terá que facer un libro sobre a Galiza parecido a este que eu fixen sobre España"

Francisco Calo, profesor e catedrático de Xeografía e Historia, vén de publicar 'A historia de España baseouse en falacias' (Xerais), onde realiza unha crítica á historiografía do Estado español. Calo aborda a construción da historia en base a ideoloxías e intereses, xa que, como el di, "a historia que se explicaba non cadraba".
 
A concelleira Emilia Somoza aborda como será a celebración do Entroido (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Emilia Somoza: "Se queremos recuperar o Entroido da rúa, as crianzas deben estar tamén aí, ao seu ritmo"

Este é Domingo Corredoiro e saen os Cigarróns ás rúas de Verín. Trátase dunha das citas máis destacadas do Entroido. Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos, aborda a programación deste ano na vila. Explica que se centra, especialmente, nas actividades infantís e en recuperar “unha festa que, para que luza de verdade, ten que ser de día e na rúa”. 
Lupe Blanco, unha profesora de luxo na Escola de Regueifa de Carballo.. (Foto: Beatriz Pereira Expósito).
Contracultura

Lupe Blanco: "A regueifa é unha arma de construción masiva, pois logra que a xente preste atención"

Lupe Blanco, regueifeira, fíxose, por segundo ano consecutivo, co primeiro posto no festival Espalla Rimas de Carballo. Blanco aborda a situación actual da regueifa e a evolución desta tradición ao longo dos anos porque é necesario, como ela di, “que non se perda a esencia, mais tamén darlle un aire novo”. 
O escritor, Xosé Antón Cascudo.
CONTRACULTURA

Xosé Antón Cascudo: "As personaxes de 'Mad Men' encarnan moitos dos problemas que relatou Betty Friedan"

Xosé Antón Cascudo, escritor, foi galardoado co Premio Ramón Piñeiro polo seu ensaio A mística da feminidade en Mad Men. Cascudo aborda os diferentes elementos presentes na serie, como as relacións de poder ou os procesos de cambio, porque, como el di, “o enorme poder da ficción televisiva reside en que ao final coñeces todo das personaxes”.
Carme Fouces busca darlle a volta á situación das mulleres nos eventos científicos. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Carme Fouces: "Á hora de facer divulgación científica e de saír ao escenario, predominan os homes"

Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra, presenta o evento que terá lugar o 11 de febreiro para conmemorar o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Fouces conversa sobre Foto 51, o nome desta cita, inspirado no traballo de Rosalind Franklin, e sobre a situación actual das mulleres neste campo: "Salvo algún ámbito moi concreto, a maioría dos ámbitos científicos están moi feminizados".
A Biblioteca Fantástica Dixital é unha das iniciativas de Tomás González. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Tomás González: "Manter a convicción do libre acceso á cultura dá beneficios a curto e a longo prazo"

Tomás González, tradutor e escritor, é o fundador de Urco Editora, coa que vén de lanzar a Biblioteca Fantástica Dixital, poñendo de balde na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística catorce obras de Jack London e Robert E. Howard. González aborda as diferentes estratexias á hora de escoller os libros a traducir, así como o libre acceso á cultura que, como el di, "é parte do ADN da nosa cooperativa".
O director teatral Gustavo del Río, autor de 'Mosca'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Gustavo del Río: "O teatro non queda só no día da función, pode utilizarse como ferramenta de cambio social"

Gustavo del Río, director teatral, é o autor de Mosca, a obra estreada no mes de xaneiro pola compañía Ártika. Del Río aborda os conflitos que poden xurdir arredor do acoso escolar, así como o papel que cumpre a ficción na abordaxe destas situacións porque, como el di, "o teatro non queda só no día da función".
María Armental é a tradutora de diferentes poetas de Escocia. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María Armental: "Ninguén se atrevera a facer unha tradución da obra de Liz Lochhead porque era moi difícil"

María Armental, filóloga, foi a encargada de traducir 'Poemas escollidos', a primeira obra dispoñíbel en galego de Liz Lochhead, recoñecida como Poeta Nacional de Escocia en 2021. Armental aborda as diferentes temáticas que a autora trata na súa obra, como o feminismo, a pobreza ou a lingua, así como as dificultades que se presentan á hora de traducir os seus textos, entre outras cousas, porque "ela cre que a verdadeira lingua normativa de Escocia é a fala coloquial".
Cecília Ferreira quere promover un maior diálogo entre Portugal e Galiza. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Cecília Ferreira: "É moi importante que se fagan eventos como este, que aproximen Galiza e Portugal"

Cecília Ferreira, dramaturga, vén de participar no proxecto Dramaturxias Itinerantes, que ten o obxectivo de promover o encontro de creadoras escénicas da Galiza e Portugal. Ferreira aborda a súa implicación nesta iniciativa así como aspectos desta xuntanza, xa que como ela di, "somos pobos con moitas máis cousas que nos unen das que nos separan".
Pilar Carro (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Pilar Carro: "O 'Nunca Máis' e o 'Nón á Guerra' foron movementos transversais na sociedade galega"

Pilar Carro era directora do Instituto A Sangriña (A Guarda) durante as mobilizacións do 'Nunca Máis' e do 'Non á Guerra' e viviu de primeira man como o a sociedade galega se levantou en autodefesa. Curro conversa con 'Nós Diario' acerca das mobilizacións e como a afectaron profesionalmente.
A actriz e pedagoga Ana Carreira (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Ana Carreira: "As nenas e nenos, se van ao teatro, queren divertirse, non só que lles deas unha lección"

Ana Carreira, actriz e pedagoga teatral, foi galardoada co Premio Manuel María de literatura dramática infantil pola súa obra Nin me amoles, onde mestura a presenza dalgunha criatura máxica co tratamento de temas fundamentais para a infancia. Carreira aborda temáticas como o acoso ou o feminismo, así como as características das obras dirixidas a crianzas, xa que como di ela, “se van ao teatro queren divertirse, non só que lles deas unha lección”. 
A historiadora da arte, fotógrafa e divulgadora, Iria Friné (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Iria Friné: "A arte galega non só contén moito dentro de si mesma, senón que pode dar moito máis"

Iria Friné, historiadora da arte e divulgadora, analiza as influencias artísticas e intelectuais no seu artigo Agora ou nunca. O cartel do Estatuto de Castelao publicado no último número da Revista Mazarelos. Friné aborda a necesidade de facer un estudo pormenorizado destas obras xa que, como ela di, “sen contexto é difícil comprender a profundidade e a importancia do calado”.
María Canosa é enxeñeira, escritora e actriz (Foto: Nós Diario).
Contracultura

María Canosa: "Sempre me chamou a atención o que a sociedade intenta converter en uniforme"

María Canosa, enxeñeira e escritora, foi galardoada co Premio Carlos Mosteiro pola súa obra Teño un volcán dentro, protagonizada por un neno diagnosticado con trastorno do espectro autista. Canosa aborda as expectativas sociais así como a riqueza da diversidade, mais tamén a creación dun relato que, como ela di, “buscaba transmitir unha historia realista, que non se dulcificase en exceso”.
A avogada Ana Badía, cunha buguina (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Ana Badía: "Queremos que se interveña canto antes para evitar a destrución dos murais de Urbano Lugrís"

Ana Badía, avogada, forma parte da Asociación Cultural O Mural, que vén de solicitar a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para un conxunto de murais que o pintor Urbano Lugrís realizou nun baixo situado na rúa Olmos da Coruña. Badía relata os motivos que levaron a dita solicitude así como os próximos pasos a seguir xa que, como ela di, “intentaremos loitar todo o posíbel para que os murais estean protexidos”.  
Rocío Martínez (Deputación da Coruña).
star
Entrevistas

Rocío Martínez. Alta cociña saída do mercado

Pementa Rosa, o restaurante da cociñeira Rocío Martínez en Carballo, é un claro exemplo de como se pode manter unha gastronomía baseada nos produtos locais e de tempada, utilizando o que se atopa no mercado e sempre en relación coa veciñanza do lugar. Con esta idea de promover a calidade nos seus pratos, a sustentabilidade na súa contorna e a súa comarca de Bergantiños como destino turístico, Martínez tamén se implicou no proxecto Os Fogóns do Anllóns, impulsado pola Deputación da Coruña e coa participación dos concellos. Desentrañamos coa chef algunhas das chaves do éxito dos pratos que ofrece e da súa visión do negocio da restauración.