entrevista

Ofelia Rey (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Ofelia Rey: A memoria das mulleres

Boa parte das migracións masivas da Idade Moderna estiveron protagonizadas por mulleres. Moitas delas eran, ademais, mozas novas que migraban soas. Outras moitas quedaron atadas á casa porque, por distintas razóns, non podían marchar. As mulleres vivían nunha situación de desigualdade e inferioridade de condicións, pero non estaban indefensas. Non eran vítimas sen posibilidade de axencia. Son algunhas das conclusións de El vuelo corto (USC), o ensaio co que a catedrática de Historia Moderna da USC Ofelia Rey vén de gañar o Premio Nacional de Historia do Ministerio de Cultura. 
O escritor e tradutor Álex Alonso. (Foto: Distrito Xermar)
Contracultura

Álex Alonso: "Baixo unha capa cómica, 'O estranxeiro' trata temas serios como a morte dun ser querido"

Álex Alonso, escritor e tradutor, vén de recibir o Premio Manuel Lueiro Rei pola súa obra 'O estranxeiro', inspirada polo texto homónimo de Albert Camus. Alonso aborda o ton e as características desta novela, así como algunhas chaves do seu proceso de escrita: "Había momentos nos que parecía que quen escribía o texto non era eu, senón que o meu personaxe, Manuel María, ía ditando o argumento e a acción".
Sue Camaño compaxina a docencia coa escrita poética (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Sue Camaño: "Os poemas non son unha lectura fidedigna dos clásicos, son unha versión persoal e introspectiva"

Sue Camaño, filóloga e profesora, foi galardoada co Premio de Poesía de Vilalba polo seu poemario As feridas dun amor efémero. Camaño aborda as obras e mitos clásicos que inspiraron os seus versos así como os temas máis presentes na historia da literatura que, como ela di, “autoras e autores intentamos replicar en maior ou menor medida”.
Nani García é o compositor detrás de filmes como 'De profundis' ou 'Engurras' (Foto: Academia Galega do Audiovisual).
Contracultura

Nani García: "Virán outras épocas e se o seguimos facendo ben, o audiovisual galego seguirá medrando"

Nani García, compositor, vén de ser galardoado co Premio de Honra Fernando Rey, outorgado anualmente pola Academia Galega do Audiovisual. García aborda a evolución do sector ao longo dos anos e o seu futuro xa que, como el di, “se o seguimos facendo ben, iremos medrando”.
O músico Paulo Pascual (Foto: Augusto Rodríguez).
Contracultura

Paulo Pascual: "A de 'Negro púrpura' é a primeira banda sonora feita integramente cun theremín na península"

Paulo Pascual, theremista, está detrás da banda sonora do documental 'Negro púrpura', que agora presenta xunto coa produtora, Illa Bufarda, nun formato vinilo. Pascual relátanos o proceso de creación da primeira banda sonora da península cun theremín -un dos primeiros instrumentos musicais electrónicos- e a escolla deste soporte para difundila: “Escoitando o vinilo soa bastante mellor que unha versión dixital”.
María Lameiras coordinou o libro 'Son unha nena. Sufrirei discriminacións e violencia sexual?' (Galaxia) (Foto: Nós Diario).
Contracultura

María Lameiras: "A muller non está sendo educada para considerar que ter unha parella non é o máis importante"

María Lameiras, catedrática, é a coordinadora xunto con Yolanda Rodríguez do libro 'Son unha nena. Sufrirei discriminacións e violencia sexual?' (Galaxia). Lameiras aborda as diferentes expresións da violencia e a discriminación, así como as consecuencias e a revitimización que estas supoñen xa que, como ela di, “interfire coa forma saudábel de desenvolver identidade e a autoestima”. 
Lois Diéguez, retratado nos Xardíns de Méndez Núñez 
da Coruña (Foto: Xan Carballa).
star
Entrevistas

Lois Diéguez, ollar ao ser galego

Di Lois Diéguez que a súa obra literaria ten en común a investigación sobre o que é ser galego. Na súa última novela, As voces amadas (Galaxia), que el mesmo define como un compendio das anteriores, as personaxes son máis libres, máis conscientes, máis maduras. Aínda que anden perdidas nos abouros do capitalismo. Nas dinámicas da robotización social. De fondo paira tamén, como noutros libros seus, a morte. Aínda que haxa máis reivindicación da vida, do amor, dos vínculos sociais. E quizais máis esperanza do que o propio autor considera. 
A escritora Lupe Gómez dedica os seus poemas ás veciñas da súa aldea, Fisteus, en Curtis (Foto: Arxina).
Contracultura

Lupe Gómez: "Creo moito no que nos contamos as mulleres e na amizade entre as persoas novas e as maiores"

Lupe Gómez, poeta e xornalista, vén de ser recoñecida co Premio Manuel Lueiro Rey pola súa obra 'Salón de Té'. Gómez aborda a creación e a recuperación da memoria a través das figuras da súa infancia xa que son, como ela di, “mulleres luminosas, que me transmitían moita luz”.
Isasi traballa como coordinadora de protocolos de consentimento para plataformas como Amazon ou Netflix (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Andrea Isasi: "O meu obxectivo pasa por introducir nas escolas a cultura do consentimento"

Andrea Isasi, actriz e directora de casting, vén de impartir un curso sobre a coordinación de intimidade e os protocolos de consentimento na Escola Superior de Arte Dramática da Galiza (ESAD). Isasi aborda a importancia destas ferramentas nas aulas e nos traballos audiovisuais e teatrais xa que, como ela di, “o obxectivo é que abuso non sexa subxectivo, senón que sexa algo obxectivo que pode ver todo o grupo”.  
O artesán Santiago Besteiro comezou deseñando bolsos e pequena marroquinería (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Santiago Besteiro: "Traballo cos materiais cos que aprendín a crear, tento utilizar materias primas naturais"

Santiago Besteiro, artesán, é o responsábel de deseño e fabricación na súa marca, Santiago Besteiro Design, que vén de recibir o Premio Nacional de Artesanía ao Emprendemento. Besteiro aborda os seus inicios coa marroquinaría e cos materiais que emprega hoxe en día, tamén para a elaboración de pezas de interior xa que, como el di, “ver o éxito que tivo esta liña fixo que decidira diversificar as coleccións”.
 
Xosé Manuel Baltar cun cartaz recuperado da revista ‘Nós’, deseñado por Cándido Fernández Mazas. (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Xosé Manuel Baltar: "Todo acordo entre partidos é lexítimo, tamén os de Sánchez"

Preside a Deputación de Ourense desde 2012, sucedendo no cargo a seu pai, Xosé Luís Baltar, e completando un arco de mando do centro-dereita na institución provincial ininterrompido desde as primeiras eleccións municipais democráticas de 1979. Xosé Manuel Baltar (Ourense, 1967) confía en non repetir a situación de 2019, cando quedou dependendo dos votos de Democracia Ourensá.
A cantautora Paula Ferraz é natural de Marbella, Andalucía, mais leva dous anos vivindo na Galiza (Foto: Juan Manuel Peña).
Contracultura

Paula Ferraz: "A música que fixen hai cinco anos no disco 'Changes' segue aínda hoxe a representarme"

Paula Ferraz, cantautora natural de Marbella, tocará en directo por primeira vez en Santiago o 4 de marzo nun concerto a guitarra e a piano no café Arume. Ferraz aborda a súa chegada á cidade e a súa relación coa lingua galega xa que, como ela di, “aprendela é unha cuestión de respecto pola cultura”.
Alicia Arruti ante os xulgados de Pontevedra (Foto: cedida).
SOCIAL

Alicia Arruti, moza galega que mudou o seu sexo: "Levaba moito tempo esperando este día"

Alicia Arruti é unha moza galega que esta quinta feira puido cambiar o seu nome de maneira oficial após a entrada en vigor da lei Trans. Arruti conversou con 'Nós Diario' para tratar como foi este día e a propia aprobación da lei.
Iván López (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Iván López, presidente da Alianza Europea da Pesca de Fondo: "Hai unha colisión entre a pesca e a eólica mariña"

Iván López é o presidente da Alianza Europea da Pesca de Fondo, que vén de ser creada. Nesta conversa, analiza para 'Nós Diario' o impacto das limitacións á pesca coa arte do arrastre anunciadas pola Comisión Europea e explica os perigos que se abren para o sector coa implantación da eólica mariña.
Nuria Vil busca achegar a poesía e a reflexión á sociedade (Foto: Dania Pol).
Contracultura

Nuria Vil: "O audiovisual galego ten unha calidade incríbel, mais é un mundo moi precarizado"

Nuria Vil, creadore de poesía escénica, vén de gañar a bolsa Ensaia, concibida como unha comunidade de persoas que se unen para apoiar economicamente as traxectorias artísticas. Vil aborda a precariedade que se vive na cultura, e concretamente na arte, así como as dificultades para lograr apoios no que define como “unha carreira de fondo e 
de resistencia”.
A historiadora da arte Chus Villar (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Chus Villar: "Estar nas feiras de arte paga moito a pena, mais supón un esforzo económico importante"

Chus Villar, historiadora da arte, é a directora da Galería Nordés (Santiago), que vén de estar presente en Arco, a feira de arte contemporánea de Madrid, como a única galería galega cun stand propio. Villar fai unha valoración desta edición así como dos logros conseguidos por varios dos artistas que a galería representa xa que, como ela di, “é unha cuestión recíproca na que o éxito dunha das partes é o éxito da outra”.
O grupo Síncrisis, do que fai parte o investigador, atopou un xogo de mesa en Castro Curbín (Arzúa) (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Samuel Nión-Álvarez: "Coñecemos moitos xogos de mesa da época romana, mais este é da Idade de Ferro"

Samuel Nión-Álvarez, investigador posdoutoral, dirixe o equipo de arqueólogos do grupo Síncrisis que atopou o que podería ser “a expresión lúdica máis antiga coñecida na Galiza”. Nión-Álvarez aborda os comezos da investigación en Castro Curbín (Arzúa), onde foi atopado un taboleiro de cerámica xunto con fichas, así como a evolución dos estudos sobre xogos antigos dentro e fóra do país.  
A luguesa Luca Chao é especialista en Migracións Internacionais e foi deputada no Parlamento da Galiza (Foto: Asís G. Ayerbe).
Contracultura

Luca Chao: "Nomearnos é o primeiro paso para existir e nomearnos na nosa lingua éo moito máis"

Luca Chao, investigadora e doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento, publica o seu primeiro libro, Feminismo en cen palabras (Galaxia). Chao aborda cuestións como as distintas correntes do pensamento feminista, a súa presenza nos medios ou mesmamente a lingua, xa que como ela di, “do mesmo modo en que a lingua modula a forma en que pensamos, ten que modular a forma en que pensamos o feminismo”. 
O músico Iago Comedeiro, no centro, xunto aos demais membros de The Skarnivals (Foto: Estudio Prolight).
Contracultura

Iago Comedeiro, The Skarnivals: "Latexos continúa a liña dos anteriores traballos, seguimos defendendo o que é importante"

Iago Comedeiro, coñecido como 'Kome', é o cantante do grupo The Skarnivals, que volve cun novo disco, Latexos. Comedeiro aborda a motivación tras a inactividade da banda, así como o interese en publicar este novo traballo e a acollida que está tendo, xa que como el di, “dá a sensación de que a xente tiña ganas de volver escoitarnos”. 
Tamara Canosa dirixirá 'Os actos e as profecías'. (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Tamara Canosa: "O impacto que ten na rapazada o teatro é moito maior que nas xeracións anteriores"

Tamara Canosa, actriz, dirixe Soños -que se estrea o día 24 no Salón Teatro de Santiago de Compostela- coa intención de romper prexuízos sobre a mocidade que medra en vivendas tuteladas. Canosa aborda o poder de transformación social do teatro e o impacto que este ten no alumnado xa que, como ela di, “posúe este poder porque é moi experiencial”.