entrevista

'Non temerás os coches amarelos' é a primeira novela de Marta Villar. (Foto: Cedida)
Contracultura

Marta Villar: "Parece que canto máis avanza o feminismo, con máis violencia reaccionan os homes"

A xornalista Marta Villar vén de publicar 'Non temerás os coches amarelos' (Xerais), a súa primeira novela. Nesta conversa, expón as distintas temáticas presentes no libro, así como o papel do xornalismo na actualidade e mais o debate en relación á neutralidade na profesión xornalística.
Paco Boluda é o director artístico do proxecto. (Foto: Cedida)
Contracultura

Paco Boluda: "O mundo galaico está desvirtuado, vese como xente atrasada cando era todo o contrario"

Paco Boluda, ilustrador arqueolóxico, dirixe o proxecto "Lanóbriga: unha cidade galaica", que busca recrear a vida hai 2.000 anos no castro de San Cibrao de Lás, no límite dos concellos de San Amaro e Punxín (comarca do Carballiño). Boluda relata os obxectivos do proxecto, así como a visión habitualmente errónea que se ten do mundo galaico.
Teresa Táboas, retratada na cidade de Pontevedra. (Foto: Xaquín Soliño)
star
Entrevistas

Teresa Táboas: arquitectura e país

Teresa Táboas Veleiro (Cidade de México, 1961) sentiu a paixón pola arquitectura sendo moi nova. Viviu a emigración familiar en primeira persoa e tivo a posibilidade de medrar profesionalmente no seu país. A súa chegada á Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta da Galiza, entre 2005 e 2009, abriulle as portas da xestión pública, nunha etapa na que puxo en práctica ideas e proxectos. 'Sermos Galiza' conversa con ela aproveitando a palestra na que interveu, sobre urbanismo e xénero, organizada polo BNG de Lugo no marco das actividades do 8 de marzo.
Maurizio Polsinelli é coñecido pola súa vertente musical no dúo 2naFronteira. (Foto: Eduardo Irago)
Contracultura

Maurizio Polsinelli: "Díaz Castro colocou Galiza no meu mapa conceptual inoculando a necesidade da beleza"

Maurizio Polsinelli, músico de orixe italiana, vén de dar un empuxón á súa vocación poética coa publicación de 'O deber do lume' (Medulia). Polsinelli repasa as lembranzas que compoñen esta obra e a inspiración que atopou entre algúns poetas en lingua galega: “Podo dicir con seguridade que Díaz Castro colocou Galiza no meu mapa conceptual porque é quen de inocularte na forte necesidade de beleza”, salienta.
A organista Alejandra Escolante nun dos seus concertos. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Alejandra Escolante: "Cada concerto é único porque unha peza soa diferente segundo o órgano que tocas"

Alejandra Escolante, organista, tocará en concerto este sábado na Igrexa da Universidade de Santiago con motivo do feche do ciclo 'De lugares e órganos', posto en marcha na cidade co obxectivo de pór en valor os seus órganos históricos así como o patrimonio musical vencellado a eles.
A música Helena Egea é cantante e toca o violín, o piano e a guitarra. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Helena Egea: "Hai moito potencial musical emerxente na Galiza e o feminino sempre é unha aposta forte"

Helena Egea, música, vén de ser seleccionada xunto con 11 artistas máis para a aceleradora de proxectos musicais Sonemerxente, impulsada pola Xunta da Galiza coa xestión da Fundación Paideia. Egea aborda as dificultades que se presentan á hora de pór en marcha un proxecto deste estilo xa que, como ela di, “hai tantas decisións que tomar, e tamén unha compoñente económica, que acaban abafando”.
Román Terceiro, Alfonso Valcárcel, Diego Rodríguez e Brais Lomba son os integrantes de Pants Off. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Pants Off: "Intentamos falar do que máis nos preocupa en cada momento, é o máis honesto"

Román Terceiro, cantante, pon a voz en Pants Off, unha banda de rock en galego que volve tras unha pausa de varios anos na súa traxectoria co seu novo traballo, 'Invisibles'. Terceiro explícanos a evolución do seu discurso e o panorama xeral da música na Galiza. Un panorama no que, como el di, “a xente, estea máis arriba ou máis abaixo, non ten reparos en botar unha man”.
A poeta María Lado forma parte do dúo Aldaolado (Foto: Nós Diario).
Contracultura

María Lado: "Bailar poesía é algo moi bonito e ver as persoas bailando os poemas que facemos é emocionante"

María Lado, poeta, forma parte xunto con Lucía Aldao do dúo Aldaolado, que publica o seu segundo disco, Forestal. Lado aborda algunhas das novidades que presentan neste traballo así como algúns dos temas que están sempre presentes na súa creación, por exemplo, o amor: “Entendemos que, de todas as formas de amor que existen a amizade é unha gran mostra de amor”. 
A artista fai parte de bandas como Blues do País (Foto: Judith Adataberna).
Contracultura

Iseo Agilda: "Tiña moi claras as sensacións que quería evocar, unha simbiose entre o natural e o artificial"

Iseo Agilda, cantautora, publica 'Nigredo', o primeiro disco da formación musical que lidera, Måi, xunto co produtor Tomás Ageitos e a cellista Margarida Mariño. Agilda aborda o proceso que a levou a crear estes temas así como o simbolismo que se agocha detrás: "Utilizo moito a metáfora da porta da cova porque para min é onde estamos agora, nesa entrada na que imos entregar todo o que somos".
O alcalde de Pontevedra, 
Miguel Anxo Fernández Lores (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Miguel Anxo F. Lores: "Será un longo camiño, pero Pontevedra ten dereito a recuperar a ría"

O nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga-Sanxenxo, 1954), médico de profesión, leva desde 1999 á fronte da alcaldía de Pontevedra. Asegura que está con ganas de seguir, “atópome no mellor momento da miña vida política, nun bo momento persoal e familiar, cunha experiencia acumulada e un equipo de persoas no concello fabuloso. Temos ideas para o futuro. Sempre digo que os proxectos son a longo prazo e que me presentaba para intentar alcanzalos”. O reto permanente de recuperar a ría para expandir a cidade e o seu modelo de calidade ambiental urbana vive nestes meses momentos decisivos no ámbito xudicial.
A futbolista natural de Chantada, Iria Pérez (Foto: cedida).
Entrevista

Iria Pérez, futbolista do CD Lugo: "A loita polo fútbol feminino está a ser recompensada"

Da vila do Asma á cidade da muralla, do Sangoñedo á Cheda, de Chantada a Lugo. Iria Pérez, actual xogadora do Club Deportivo Lugo, que milita na primeira división feminina galega, atende 'Nós Diario' para tratar a súa xa distinguida carreira no deporte rei e todo o que queda por facer na normalización do fútbol feminino.
A escritora recolle no libro algunhas críticas aos valores humanos dominantes na actualidade. (Foto: Cedida).
Contracultura

María Reimóndez: "O mundo vexetal, que non entendemos, ten unha visión da existencia distinta á nosa"

María Reimóndez, escritora e tradutora, vén de publicar o libro 'Multitudes' (Xerais), que continúa a historia dos seres completos que protagonizaron Cobiza. Nesta conversa, Reimóndez refírese a esta fusión entre a realidade humana e o mundo vexetal, así como ás causas dunha distopía que pouco a pouco vai abríndose cara a unha nova realidade. Defende que a novela achégase á esperanza.
Miguel López é un dos comisarios da exposición, xunto con María del Mar García Miraz e Concepción García (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Miguel López: "Hai estudos que afirman que até o 40% das mulleres que ingresaban en Conxo non deberían telo feito"

Miguel López é un dos comisarios da exposición 'Voces esquecidas. As mulleres do hospital de Conxo', que estará no Arquivo da Galiza até setembro. Nesta conversa, explica a selección de expedientes, historias clínicas e correspondencia persoal así como algúns cabos soltos. "Faltaría un estudo en concreto para este sanatorio, polo que convidamos a facelo", advirte nesta entrevista.
A música Andrea González (Foto: Cris Grande e Juanca Soto).
Contracultura

Andrea González: "Frei Rosendo Salvado transmite unha historia de superación, emprendemento e humanidade"

Andrea González, pianista, presenta o legado musical de Frei Rosendo Salvado no seu último traballo, 'Salvado Piano Works'. Nesta conversa, González refírese ás viaxes e ao proceso de recuperación dos manuscritos que conteñen “unhas partituras moi complexas, virtuosas e moi melódicas”.
Bianka Rodriguez preside a ONG Comcavis Trans (Foto: Arxina).
Entrevista

Bianka Rodríguez, activista trans e lgbti no Salvador: "A esperanza de vida no Salvador dunha muller trans é de 33 anos"

Bianka Rodríguez (San Salvador, O Salvador, 1993) é unha activista transfeminista defensora dos Dereitos Humanos e a primeira muller trans designada como colaboradora do Alto Comisionado das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas. Esta semana visita a Galiza convidada pola  ONG Asemblea de Cooperación pola Paz.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Abel Caballero: "O legado que espero deixar é o da autoconfianza de Vigo en si mesmo"

Abel Caballero Álvarez (Ponteareas, 1946) é alcalde de Vigo desde 2007. Até 2015 con pactos de Goberno ou só de investidura co BNG, e desde entón con crecentes maiorías absolutas, até os 20 concelleiros actuais, fronte aos sete das outras forzas no consistorio (4 PP, 2 Marea, 1 BNG). Caballero repasa nesta entrevista os retos inmediatos da cidade e o legado que aspira a deixar.

O doutor en Historia da Arte Ramón Yzquierdo é director técnico-conservador do museo da Catedral de Santiago.  (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Ramón Yzquierdo: “Hoxe temos unha visión museística das rúas de Compostela, mais eran rúas vividas pola xente”

Ramón Yzquierdo, doutor en Historia da Arte, publica 'Os tímpanos de Compostela' (Galaxia), un libro onde percorre as vivencias da capital galega en relación a estas obras. Yzquierdo aborda a situación actual desta arquitectura, que na súa meirande parte está desprazada: “Ao non estar nas súas localizacións orixinais perden un pouco a súa razón de ser”.
O fotógrafo Adra Pallón. (Foto: Belén Cordero)
Contracultura

Adra Pallón: "O feito de facer as fotos lévame o 5% do meu tempo, pois o resto destínoo a documentarme"

Adra Pallón, fotógrafo documentalista, vén de recibir o Premio Galicia en Foco pola súa serie Cinza e lume. Pallón relata nesta entrevista a problemática dos lumes en relación co despoboamento. Advirte de que “hai toda unha base sociolóxica que tampouco podemos esquecer”.
A libraría vén de recibir o premio Abrandares. (Foto: Charo Lopes)
Contracultura

Patricia Porto: "Os dereitos que consegue o feminismo son dos primeiros que se perden"

Patricia Porto, educadora social, sostén xunto Montse Vilar a libraría Lila de Lilith, en Santiago, pola que foron galardoadas cun dos premios Abrandares de Compostela. Porto reflexiona sobre a evolución do proxecto desde os seus inicios porque, como ela defende, "o feminismo non está soamente nos contidos dos libros, tamén é unha forma de relacionarse".
Coral Piñeiro é unha das impulsoras da Asociación Memoria e Cinema. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Coral Piñeiro: "Queremos crear un ámbito máis distendido no que aprender sobre a nosa historia"

Coral Piñeiro, creadora audiovisual, é a persoa detrás da peza promocional da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), onde tamén presenta a Asociación Memoria e Cinema xunto con dúas das súas obras. Nesta conversa, Piñeiro reivindica a memoria histórica e a súa difusión. "O que ocorre aquí tamén forma parte do contexto do que acontece noutras partes do mundo", salienta.