entrevista

Branca Novoneyra, á fronte, durante o primeiro brinde literario do programa (Foto: Adra Pallón).
Contracultura

Branca Novoneyra: "Os primeiros capítulos do 'Ulises', a nivel estatal, foron publicados na Galiza grazas á Xeración Nós"

Branca Novoneyra, poeta e membro da Fundación Uxío Novoneyra, foi unha das promotoras da participación da cidade de Lugo no programa Ulysses European Oddisey que conmemora o centenario da publicación do libro de James Joyce. A cidade foi, ademais, a única escollida en todo o Estado español para formar parte desta celebración, que tivo lugar entre o 19 e o 21 de maio.
Pilar Pallarés, en Compostela (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Pilar Pallarés: Poesía, música e misterio

A palabra como xeito de tentar salvarnos da destrución. A confianza na rexeneración, aínda que sexa máis individual que colectiva. A conciencia de ser parte dun mundo compartido cos animais e con outros seres vivos diferentes das persoas. Son algúns dos alicerces da poesía de Pilar Pallarés, que vén de publicar o seu primeiro libro infantil, Unha boa gatucada (Baía). Unha homenaxe aos gatos que partillaron ou partillan vida con ela. E unha obra cun significado emocional intenso para ela e para as ilustradoras, Gaila González e Ana Pillado. 
O investigador Perfecto Ramos está a presentar estes días o seu novo libro (Foto: Xan Carballa).
Contracultura

Perfecto Ramos: "Gregorio Feixoo protagonizou un dos episodios máis relevantes pola dignidade da nosa lingua"

Perfecto Ramos presenta 'Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros', unha nova investigación arredor das figuras de dous parentes: Gregorio, inquisidor e autor dunha obra en lingua galega, hoxe perdida; e Antonio Jacinto, investigador das propiedades medicinais das plantas e colaborador do Padre Sarmiento.

De esquerda a dereita, Carlos Rodal, Juan Antepazo, Nano Vikendi e Carlos Gandón. Diante, José M. Piedra. (Foto: Astrid Souto)
CONTRACULTURA

José M. Piedra: "O camiño que levamos desde hai anos en relación aos poemas galegos foi o que consagrou Astarot"

O grupo de rock galego orixinario de Cangas (O Morrazo) Astarot ten á batería José M. Piedra. A banda vén de facer 40 anos e Piedra aborda o percorrido do emblemático grupo así como o concerto de celebración deste aniversario e os futuros proxectos.
Alejandro Martínez, autor dunha tese en lingua galega publicada en Zadar, Croacia (Foto: Cedida).
LINGUA

Alejandro Martínez, profesor de galego en Croacia: "Hai alumnado croata que fala galego mellor que moitos políticos"

Natural de Baiona mais afincado en Zadar, Croacia, Alejandro Martínez é profesor de galego nese país e o autor da primeira tese en lingua galega presentada nese territorio de Europa. 'Nós Diario' conversa con el sobre a tese e o galego no estranxeiro.
Ricardo Solveira diante do teatro de Lyon. (Foto: Vanesa Martínez Sotelo)
Contracultura

Ricardo Solveira: "O alumnado está traballando un texto que será estreado en galego, francés e portugués"

Ricardo Solveira, vicedirector da Escola Superior de Arte Dramática da Galiza (ESAD), aborda a experiencia do Proxecto Nós-Nous, un programa internacional que pon en común o territorio escénico da Galiza, Portugal e Francia.
Ignacio Ramonet, durante unha entrevista publicada en 'Sermos Galiza'. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Ignacio Ramonet, radiografía da policrise

Ignacio Ramonet (Redondela, 1940) regresou vinte anos despois á Universidade de Santiago de Compostela para impartir, a pasada quinta feira, un seminario sobre xeopolítica contemporánea na Facultade de Ciencias da Comunicación da man do grupo de Estudos Audiovisuais. Doutor en Ciencias Sociais, director de Le Monde Diplomatique, profesor de Teoría da Comunicación na Universidade de París e autor dunha trintena de libros, a súa figura poliédrica valeulle innumerábeis premios e distincións. Conversamos con el sobre as chaves para entender o mundo.
Ivonete da Silva é profesora de portugués ademais de tradutora. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Ivonete da Silva: "A Canción do Cambio transmite que se algo non o aprendimos na infancia, agora podemos facelo"

Ivonete da Silva Isidoro foi a encargada, xunto con Fe González, de traducir 'A canción do cambio' (Hércules Edicións), un libro ilustrado escrito orixinalmente pola poeta e activista estadounidense Amanda Gorman.
Ana Miranda, do grupo parlamentario dos Verdes / Alianza Libre Europea. (Foto: OV/ALE)
POLÍTICA

Ana Miranda: "Non se pode permitir que se primen os beneficios das eólicas sobre o noso sector pesqueiro"

A deputada do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda, organizou esta cuarta feira unha conferencia acerca do impacto da eólica mariña na pesca que contou coa presenza dunha delegación galega. ‘Nós Diario’ conversou con Miranda para tratar esta conferencia, así como a 'Iniciativa Xarabrín' aprobada pola Eurocámara este mes de maio.

A Asociación Circonove, da que é secretario Álvaro Reboredo, foi premiada por Escena Galega. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Álvaro Reboredo: "O reto actual do circo na Galiza é ter un recambio xeracional de profesionais"

Álvaro Reboredo é o secretario da Asociación Circonove, recentemente galardoada cun dos recoñecementos outorgados pola primeira edición de Escena Galega das Artes Escénicas. Reboredo aborda a situación actual do circo na Galiza, afirmando que “cada vez hai máis espectáculos desta disciplina e compañías galegas que apostan por ela”.
A autora Laura Cid xunto a unha páxina do seu conto 'Maruchi e o gancho'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Laura Cid: "Non adoito debuxar persoas; relaciono as súas características cun animal que as representa"

Laura Cid Rascado foi galardoada na terceira edición do Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi polo seu conto infantil 'Maruchi e o gancho', a primeira historia deste estilo na que tanto as ilustracións como o texto saen da súa man.
David Mancuco coas cartas do xogo en Alita Comics (Santiago). [Foto: Nós Diario]
Contracultura

David Mancuco: "A mitoloxía pode ser unha base de traballo asombrosa, como ocorre no anime ou no manga"

David Mancuco é o creador de Mitogali, un xogo de mesa pensado para difundir as figuras máis relevantes da mitoloxía popular galega que vén de ampliarse cunha segunda parte tras o éxito da primeira.
Xácia Ceive é a impulsora do espazo Sete Outeiros. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xácia Ceive: "Para entender a forza do activismo trans, hai que facer moito máis que ver un filme"

Xácia Ceive é a promotora do espazo Sete Outeiros e unha das protagonistas de 'Alex & Munchie contra o cisheteropatriarcado', un filme creado xunto con Carmen P. G. Granxeiro.
Lucía Estévez volve proxectar unha das súas obras no festival de cinema de Cans, no Porriño. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Lucía Estévez: "Nos festivais non é tan doado ter oportunidades e o de Cans fai moi bo labor neste sentido"

Lucía Estévez dirixiu o guionizou a curta 'O neno sardiña', que será proxectada mañá no Festival de Cans. A directora aborda para 'Nós Diario' o imaxinario creativo que inspirou esta historia así como algún dos seus próximos proxectos audiovisuais.
Siro López acumula máis de 50 anos de carreira no mundo do humor. (Foto: Óscar Cela)
Contracultura

Siro López: "O máis importante que fago son os ensaios que veñen encher baleiros nos estudos sobre o humor"

Siro López vén de ser galardoado co Premio de Proxección Global do Encontro Mundial de Humorismo da Coruña (EMHU), recoñecendo a súa traxectoria na caricatura, no humor gráfico, no xornalismo e na investigación.
Helena Pousa no monumento erguido pola comisión en lembranza dos fusilados en Portecelo (O Rosal). [Foto: Nós Diario]
Contracultura

Helena Pousa: "Non era unha represión individual, pretendía acabar coa idea da semente a través das familias"

Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, é unha das impulsoras da publicación Mulleres represaliadas no cárcere de Tui (1936-1939) xunto co apoio do Concello de Tui.
Caricatura de Del Riego (Foto: Xoán Andrade).
Día das Letras Galegas

Entrevista inédita con Del Riego: "Recorreuse á actividade cultural, que tamén é unha forma política de actuar"

Con motivo do Día das Letras Galegas, que se lle dedican este ano, precisamente, ao seu impulsor, Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010), publicamos unha entrevista inédita co homenaxeado, realizada na Fundación Penzol, en Vigo, no ano 2006.

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. (Foto: Arxina)
LINGUA

Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego: "É incríbel que teñamos que seguir saíndo á rúa para defender o galego"

Marcos Maceira é presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma Queremos Galego, convocante das mobilizacións deste 17 de maio, Día das Letras galegas. ‘Nós Diario’ conversa con Maceira para tratar a situación actual da lingua galega e os pasos a dar para reverter o desuso do galego.

'Tatán' estivo involucrado na organización do festival desde os seus inicios (Foto: Fernando Carreira).
Contracultura

Eduardo Rodríguez, 'Tatán': "O Festival de Títeres de Redondela segue a ser referencia tanto dentro como fóra do Estado"

Eduardo Rodríguez Cunha, mellor coñecido polo seu nome artístico Tatán, é o presidente da Asociación de Xente Titiriteira, que participa desde a súa creación no Festival de Títeres de Redondela.
O vigués Melo aborda a feira de banda deseñada que decorre esta fin de semana en Vigo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Melo: "O encontro Banda á feira é, con todo o bo sentido da palabra, un festival de barrio

Melo é quen atende tras o mostrador en Banda deseñada, unha tenda especializada en cómics en Vigo, mais tamén é un dos organizadores da segunda edición do evento Banda á feira.