entrevista

Montse Ferreira ten participado en obras de teatro e publicado relatos. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Montse Ferreira: "Segue a haber moitas reticencias para falar tanto da posguerra como do estraperlo"

Montse Ferreira, enfermeira e dramaturga, estréase na novela con 'O ano das mazás' (Xerais), unha historia na que aborda as vidas das persoas que habitan en Vilaveiga, unha aldea -ficticia- de montaña, durante os tempos da posguerra.
José Manuel Vaz Carpinteira. (Foto: AECT Rio Minho)
Presidente da Câmara de Valença

José Manuel Carpinteira: "Em atos oficiais na Galiza sempre uso o português"

José Manuel Vaz Carpinteira é presidente da Câmara Municipal de Valença, um dos autarcas mais conhecidos no norte de Portugal, com muitos anos de experiência. Foi também presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, durante 24 anos, entre 1989 e 2013 até à entrada em vigor da limitação de mandatos em Portugal. Nas eleições municipais de 2023 nos concelhos do Baixo Minho ganhou a votos a esquerda e no Condado, uma comarca com menor densidade demográfica e menos desenvolvimento económico, ganhou a direita. E mais para alá do Minho, em Portugal, no suposto norte conservador, governa o Partido Socialista (PS) em quase todos os municípios minhotos. Valença é um deles.
O xornalista e escritor Xosé de Cea. (Foto: Soqui Cea)
Contracultura

Xosé de Cea: "'Coímbra' é unha obra para min terapéutica, axudoume a verbalizar unha realidade interior"

Xosé de Cea é un xornalista con publicacións en poesía e narrativa infantil e xuvenil. Agora publica 'Coímbra' (Galaxia), a súa primeira novela para o público adulto, onde explora as vivencias e as consecuencias da emigración galega en Catalunya.
beamacedadixital
Contracultura

Beatriz Maceda, autora do relato 'Lar': "A escrita, aínda que parte da observación, é precisamente un acto de soidade"

O caderno de verán Máis que acompaña Nós Diario achega ás lectoras e lectores desde esta terza feira ao sábado o relato inédito Lar que Beatriz Maceda escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, Maceda, escritora de literatura infantil e xuvenil, cambia de ton para reflexionar dunha forma intimista sobre a soidade e as relacións entre as persoas e os animais.

Xosé Cermeño recolle o seu interese polos polbos na súa última novela. (Foto: Paula Cermeño)
Contracultura

Xosé Cermeño: "Os polbos son quen de aprender, lembrar e desenvolver artimañas para lograr o que queren"

Xosé Cermeño, sociólogo e creador de televisión, recolle algúns dos seus intereses na súa nova novela, 'Días felices con Fábia' (Galaxia), unha historia que xira arredor da acuicultura do polbo no Porto, mais tamén do amor e das mentiras.
A escritora viguesa Ledicia Costas. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Ledicia Costas, o oficio da escrita

O gozo e a transgresión. Son, segundo Ledicia Costas, algúns dos alicerces que a literatura debe ter. Aínda que ela non é moito de teorizar sobre o tema. Prefire definirse como unha escritora profesional. Alguén que fixo de crear mundos o seu medio de vida. A súa traxectoria vén de ser recoñecida cunha das Medallas Castelao deste ano 2023. Debullamos con ela o contido das súas últimas novelas para público infantil e xuvenil e adulto.
Alba Caneda, actriz. (Foto: Compañía Humana)
CONTRACULTURA

Alba Caneda, protagonista de 'Iphixenia na porta do súper': “Iphixenia crea rexeitamento porque ninguén se identifica cunha moza maleducada e agresiva”

Alba Caneda é unha nova promesa da interpretación saída das últimas promocións da Escola Superior de Arte Dramática da Galiza e a protagonista de Iphixenia na porta do súper, unha obra producida por Compañía Humana e inspirada no texto do galés Gary Owen, Iphigenia in Splott. A historia fai un paralelismo entre o sacrificio da Iphixenia do mito clásico de Eurípides e unha moza de barrio actual, sen recursos, e que sofre en primeira persoa as consecuencias da falta de profesionais na sanidade.  
Ángel Santos é o director, guionista e produtor de 'Alicia fai cousas'.
Contracultura

Ángel Santos: "Vivimos nun neoliberalismo extremo que nos obriga a ser produtivos constantemente"

Ángel Santos, cineasta, está detrás de 'Alicia fai cousas', unha obra que recibiu os galardóns a Mellor curtametraxe de ficción, Mellor dirección, Mellor guión e Mellor protagonista feminina no Festival de Cans.
A catedrática de Historia Ana Romero. (Foto: Cedida)
CONTRACULTURA

Ana Romero, directora do Instituto José Cornide: "Confío en que a situación do Instituto mude drasticamente de aquí a un ano"

Ana Romero, catedrática de Historia, é a nova directora do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses tras unha etapa de varios anos nas que a actividade da institución estivo limitada á publicación da súa revista. Romero afronta esta nova etapa con "boas sintonías e esperanza".
Diego Ameixeiras conversa sobre o seu relato 'A Néboa', que se publicará no suplemento estival 'Máis'. Foto: Nós Diario
Contracultura

Diego Ameixeiras, autor do relato 'A Néboa': "Os 'ataques de néboa' refírense ao divorcio entre a realidade e o que pensamos sobre ela"

O caderno de verán Máis que acompaña Nós Diario achega ás lectoras e lectores desde esta terza feira ao sábado o relato inédito A Néboa que Diego Ameixeiras escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, Ameixeiras, un dos principais representantes da novela negra galega, reflexiona, nunha historia de desamor e misterio, sobre a distancia entre a realidade e a forma en que esta é percibida.
Luciano Alfaya será decano até 2027. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Luciano Alfaya: "Os arquitectos non podemos ser endogámicos, hai que falar a linguaxe da sociedade"

Luciano Alfaya é o novo decano do Colexio de Arquitectos da Galiza
María Pérez (María Soa), á esquerda, e Sara Faro, á dereita, son Fillas de Cassandra. (Foto: Santiago Iglesias Abellán)
star
Entrevistas

Fillas de Cassandra: a rebelión desde a música

A mitoloxía clásica sérvelles ás Fillas de Cassandra para rebelarse contra o patriarcado pasado e presente. Para falar das violencias que viven as mulleres e os colectivos sociais situados polo poder nunha posición de subalternidade. Mais Fillas fano, como outros grupos da súa xeración, desde a forza. Desde unha enerxía imparábel. Desde a alegría. Cos ritmos bailábeis do pop electrónico en galego que está a arrasar nos festivais. Conversamos coas Fillas, María Soa e Sara Faro, sobre o seu proxecto e sobre o seu primeiro disco, 'Acrópole'.
María Cadaval. (Foto: Xan Carballa)
Profesora de Economía Aplicada da USC

María Cadaval: "Temos que aproveitar como país os nosos recursos naturais"

A economista María Cadaval (Ribeira, 1977) asistiu nestes días ao Viglobal Summit, organizado pola Zona Franca, e aborda nesta conversa algúns dos desafíos que ten a economía actual. "Debemos ter claro que cando facemos economía buscamos o benestar da sociedade no seu conxunto, e iso esixe mellorar a produtividade, pero tamén os salarios. As empresas non poden competir e expandirse se non son capaces de reter o noso talento", defende na conversa.
Sol Mariño recolle as súas vivencias nunha mostra fotográfica e un poemario. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Sol Mariño: “O que tento contar, con poesía ou imaxe, está fóra do evidente. Forma parte dese mundo sutil"

Sol Mariño, artista multidisciplinar, vén de inaugurar a súa exposición Nada me pertence. Tudo faz parte de min na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) con fotografías das súas vivencias entre varios territorios seguindo a liña do seu recentemente publicado poemario As alas da serpe (Aira).

Roberto Rodríguez xa fora galardoado co Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro no ano 2020. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Roberto Rodríguez: "A obra estaba pensada como poemario na forma, mais no fondo era unha historia"

Roberto Rodríguez é o autor galardoado co Premio de Narracións Breves Manuel Murguía, polo seu relato 'Sinfonía a tres voces', pensada orixinalmente como un poema centrado na batalla de Stalingrado que tivo lugar no contexto da Primeira Guerra Mundial.

A recentemente nomeada directora do ILG, Elisa Fernández Rei, na sede deste centro da USC (Foto: Arxina).
Directora do ILG

Elisa Fernández Rei: "No plano sociolingüístico, a perda de falantes é o problema substancial"

Elisa Fernández Rei (Cervo, A Mariña, 1967) foi escollida como nova directora do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC. Leva nel desde 1991 e na actualidade formaba parte do seu Consello Científico. Ten por diante manter e promover as súas actividades.
Ciro Briones é ensaísta e poeta. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Ciro Briones: "Gústame dicir que utilizo a poesía para xogar e para transformar as cousas"

Ciro Briones vén de ser galardoado co Premio de Poesía do Concello de Carral pola súa obra 'Oídos de espeleóloga', que será publicada na editorial Espiral Maior.
Xulia Pisón e Óscar Losada buscan reivindicar e divulgar a figura de Irene González. (Foto: Cedida)
CONTRACULTURA

Xulia Pisón e Óscar Losada: "Temos un caso único no mundo, en Hollywood xa sería unha película"

'Irene a porteira' é o título da banda deseñada escrita polo xornalista Óscar Losada e ilustrada pola deseñadora Xulia Pisón. Nela, abordan a historia de Irene González, a porteira e capitá do equipo masculino coruñés ao que deu nome na década de 1920: o Irene F. C.
María Paz Gutiérrez, no seu despacho. (Foto: Nós Diario)
Presidenta da Coordinadora de ONG

María Paz Gutiérrez: "Galiza dedica 0,06% do seu PIB á cooperación"

María Paz Gutiérrez (Pontevedra, 1979) vén de asumir a presidencia da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. A politóloga e directora de Solidariedade Internacional acepta  o reto de liderar desde a Galiza unha cooperación transformadora, feminista e sostíbel, co apoio de políticas públicas fortes.
Andrea García continúa a súa formación en Deseño de Interiores. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Andrea García: "Galiza ten unha cultura riquísima de mitos e contos de lareira, que me marcaron de nena"

Andrea García, autora de Animais fantásticos de aldea, de Xerais.