entrevista

Isabel Ruth (Foto: Cedida).
CULTURA

"Para actuar, a persoa ten que se desdobrar e finxir, e eu nunca gostei moito de finxir"

Lenda viva do cinema, Isabel Ruth (1940) traballou cos principais directores portugueses do pasado e segue a ser unha figura de referencia no presente. Achegouse ao Curtas Vila do Conde para a estrea de Estações da Vida: Vento da Desordem de Tomás Baltazar e iso facilitou esta conversa cunha das mellores actrices do mundo.
Julia Lago (Foto: Manuel Barreiro).
star
Entrevistas

Julia Lago. O impulso á cultura alternativa

Julia Lago é un bulebule de riso contaxioso. Gañou o Premio Castelao de BD do ano 2021 coa obra Nós seis na que conta a infancia da súa avoa nun internado relixioso e mira desde a feminidade e a sororidade os tempos opresivos e escuros da ditadura. É unha persoa activa e vital que compaxina o seu traballo na ilustración cunha galería de arte dedicada á obra gráfica, e aínda ten tempo de participar na organización de eventos como o Autobán, o festival de cómic autoeditado, que este ano terá lugar na Coruña o 11 e 12 de agosto. 
Xavier García cubrindo a Asemblea Nacional en Beijing (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Xavier García, xornalista e profesor: "A China respecta máis as minorías que España"

Xavier García (Vigo, 1965) é un dos analistas galegos que máis coñece a China. Reside nela tras abandonar o xornalismo tradicional e conta a realidade dese país de Oriente na obra  'China, amenaza ou esperanza. A realidade dunha revolución pragmática', prologada por Xulio Ríos.

O de Viveiro, posando coa medalla de campión de España que conseguiu a pasada semana en Torrent. (Foto: A.Ben).
Entrevista

Adrián Ben: "Do factor sorpresa pouco queda, no Mundial vanme ter moi en conta"

Con Ana Peleteiro e Belén Toimil fóra da competición, no inminente Mundial de Atletismo ao aire libre de Budapest (Hungría) o peso da representación da Galiza recae sobre Adrián Ben (Viveiro, 1998), algo que o campión de Europa asume con orgullo e responsabilidade: "Bandeira galega ao ombreiro e para adiante, por todos".
Iria Estévez leva máis dunha década dedicada ao fado. (Foto: Cedida)
Contracultura

Iria Estévez: "Quero atopar historias da comunidade galega de Lisboa para contalas nas miñas cancións"

Iria Estévez traballa actualmente no seu novo proxecto, Fado Nordés, co que percorre a historia e a relación entre o pobo galego e o portugués, especialmente na cidade de Lisboa, así como as pegadas que esta foi deixando en expresións culturais como a poesía ou a música.
María Canosa
Contracultura

María Canosa, autora do relato '27 lúas': "O protagonista do relato é real; é meu avó"

O caderno de verán 'Máis', que acompaña 'Nós Diario', achega desde esta terza feira ao sábado o relato inédito 27 lúas que María Canosa escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, Canosa relata a vida do seu avó durante a guerra civil nunha historia sobre a represión franquista e os agochados na que pretende afondar no recordo e no sentimento dunha vida.
González Tosar presentando Arcadio López-Casanova nunha conferencia sobre Pimentel na Habana, en 1991 (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Luis González Tosar: "Arcadio caracterizouse sempre pola súa firmeza galeguista e por unha ampla obra depurada"

Luis González Tosar foi o responsábel de editar o volume Antoloxía esencial de Arcadio López Casanova, que será presentado hoxe na homenaxe que a Fundación Insua dos Poetas fará ao autor no lugar da Esgueva (O Carballiño).
A última publicación poética de Helena de Carlos foi 'Vigo' (Galaxia, 2007) (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Helena de Carlos: "A filoloxía é un campo que, se o tomas con paixón, non ten nada de mecánico"

Helena de Carlos, filóloga latina, volve á poesía tras 16 anos desde a súa última publicación con Imago (Faktoría K), unha obra que serve de testemuña da vivencia e transformación que ten lugar coa primeira menstruación e a menopausa.
O fotógrafo Ovidio Aldegunde (Foto: cedida).
Contracultura

Ovidio Aldegunde: "Ucha deixou tal pegada en Ferrol que cando alguén ve un edificio bo pensa que é obra del"

Ovido Aldegunde, fotógrafo, criouse xogando entre as paredes do Hotel Suízo de Ferrol, unha das obras máis características de Rodolfo Ucha. Agora, Aldegunde réndelle homenaxe ás obras deste na exposición Rodolfo Ucha Piñeiro: o arquitecto da beleza, aberta ao público no Ateneo Ferrolán.
Clara Rodríguez e Amabel González no acto de inauguración da exposición (Foto: Cedida).
Contracultura

Amabel González: "É a primeira mostra en formato histórico sobre graffiti e arte mural feita por mulleres"

Amabel González é, xunto con Clara Rodríguez, a comisaria da exposición 1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega onde recollen as historias das mulleres pioneiras no graffiti e a arte mural do país.
A escritora Ana Cabaleiro afonda no relato que esta semana se poderá ler no caderno 'Máis'. (Foto: Xosé Filloy)
Contracultura

Ana Cabaleiro: "Para min unha casa é o lugar onde nacín e crecín a nivel persoal e a nivel literario"

O caderno de verán 'Máis' que acompaña 'Nós Diario' achega ás lectoras e lectores desde hoxe ao sábado o relato inédito Esta casa que Ana Cabaleiro escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, Ana Cabaleiro constrúe unha viaxe introspectiva a través dos pensamentos e dos sentimentos dunha protagonista que busca sobreporse a unha dolorosa ruptura sentimental.

Sheila Patricia estará levando a música galega ao ámbito internacional. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Sheila Patricia: "É moi gratificante ver que festivais galegos están apostando por artistas locais"

Sheila Patricia é unha das pioneiras da música folk e electrónica e tamén unha das artistas confirmadas para estar no festival Revenidas, que terá lugar entre o 7 e o 10 de setembro. Patricia aborda a acollida da música galega a nivel internacional, mais tamén nos carteis dos festivais do país.

Ana Rodríguez, Mercedes Rodríguez, Patricia Segade e Montse Rivera, nun concerto (Foto: Óscar Corral).
star
Entrevistas

Leilía: Remover os cimentos da tradición

Devolverlle ao pobo pezas esquecidas, como o Chorei, chorei. Fomentar o respecto e a sensibilidade pola tradición musical galega e, en xeral, pola diversidade cultural. Difundir e actualizar o patrimonio oral galego. Reivindicar o papel da muller na música, e en especial da pandeireteira. As Leilía conseguiron todo isto, e máis, nos seus 34 anos de andaina. Agora despídense cunha mochila cargada de experiencias en concertos nos que, aseguran, segue a pasar: sempre hai algo que as emociona. Cóntannolo Ana e Rosario nesta entrevista. 
Mayra Vila, Helena Barreiro, Itzi de Blas e Andrea López son as integrantes de Leria. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Leria: "Concentramos os nosos temas máis cañeiros para dármolo todo o luns no Festigal"

Helena Barreiro (batería e coros), Mayra Vila (voz e guitarra), Andrea López (teclas e coros) e Itzi de Blas (baixo e coros) son as catro integrantes de Leria, a banda gañadora do concurso Novos Valores 2023. O seu son indie pop será o encargado de abrir o Festigal o día 24, en Compostela, con temas como "Queres vir bailar?" e "Ao final".
A actriz, directora, dramaturga e poeta Déborah Vukusic. (Foto: Óscar Lourés)
CONTRACULTURA

Déborah Vukušić, gañadora do VII Torneo de Dramaturxia: "Ofrece unha oportunidade única para visualizar a dramaturxia en bruto"

Déborah Vukušić (Ourense, 1979), actriz, poeta e dramaturga, vén de gañar a sétima edición do Torneo de Dramaturxia da Galiza, incluído na programación da 40ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas que decorreu entre o pasado 25 de xuño e o 8 de xullo, un evento que busca dar a coñecer a dramaturxia galega e crear un nexo entre autoras e público.   
O compostelán Borxa Neira analiza no seu libro propostas de comarcalización da Galiza. (Foto: Cedida)
CONTRACULTURA

Borxa Neira: "A articulación comarcal sería viábel, ten dimensións óptimas e base na historia"

Borxa Neira (Compostela, 1989) acaba de publicar a súa primeira obra. Baixo o título Mover os marcos. A (des)organizaçom do território galego (Através Editora) analiza o intento falido de comarcalizar o país na década de 1990, un proceso que tivo escasa incidencia real.

Antón Cortizas
Contracultura

Antón Cortizas: "A soidade tamén se pode percibir nunha persoa sociábel que non se sinta acompañada"

O caderno de verán Máis que acompaña Nós Diario achega ás lectoras e lectores desde hoxe ao sábado o relato De quen ti ben sabes, que escribiu Antón Cortizas para este xornal. O autor ofrece un relato conmovedor que denuncia un dos problemas sociais máis preocupantes na actualidade: a soidade non desexada. A historia permite comprender a realidade de moitas persoas e a importancia de algo tan sinxelo como unha pequena conversa.
O jornalista e escritor sueco, Henrik Brandão Jönsson. (Foto: Arxina)
INTERNACIONAL

Henrik Brandão Jönsson, jornalista sueco no Brasil: "Portugal nunca pediu desculpa pela colonização"

Henrik Brandão Jönsson é correspondente na América Latina de 'Dagens Nyheter', o maior jornal da Suécia, com vários livros publicados sobre o Brasil, onde mora há vinte anos. Ele visitou a Galiza para aprasentar o seu último livro Viagem pelos Sete Pecados da Colonização Portuguesa
A xornalista e escritora María Xosé Porteiro. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

María Xosé Porteiro: A ollada dos febles

Di María Xosé Porteiro que a loita pola liberdade e polos Dereitos Humanos situáronse sempre no centro das súas obsesións. A partir de aí, a preocupación pola igualdade de xénero ou polos pobos que resisten o dominio cultural non é máis que unha consecuencia puramente lóxica. Ambas están presentes na súa última novela, Tabiba (Elvira), igual que a historia da emigración galega en Cuba, contada sobre todo desde a perspectiva feminina, estaba en Sándalo (Galaxia). Falamos con ela da súa traxectoria como escritora, xornalista e política. 
A primeira muller presidenta do coro histórico Cántigas da Terra é Laura Veleiro. (Foto: Cedida)
CULTURA

Laura Veleiro, presidenta do Coro Galego Cántigas da Terra: "Queremos seguir divulgando a cultura galega e que cada día máis mocidade a valore"

Cántigas da Terra, un dos catro coros históricos da Galiza, vén de renovar a súa directiva, escollendo a primeira presidenta dos seus case 107 anos de historia. Nós Diario conversa con Laura Veleiro, presidenta do coro coruñés, sobre os retos que afronta a formación centenaria no século XXI.