entrevista

Marta Velázquez, Martín Blanco e Carlota Rosón en Fogar. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Compañía Söa: "A través de improvisacións fomos creando a peza de teatro, música e danza que nos sorprendeu"

Marta Velázquez, Martín Blanco e Carlota Rosón compoñen a compañía Söa
8 xosé de cea
Contracultura

Xosé de Cea, autor do relato 'A cámara estéril': "A ansiedade do protagonista é a ansiedade coa que eu vivín a profesión nos meus inicios"

O caderno de verán Máis, que acompaña Nós Diario, achega desde esta terza feira ao sábado o relato inédito A cámara estéril que Xosé de Cea escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, afonda sobre as luces e sombras do xornalismo nunha historia que cuestiona a ética da profesión cun estilo narrativo que remove as emocións a través do ton lírico.
 
Paula Mayor dedícase á ilustración e ao deseño editorial. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Paula Mayor, Premio Castelao de Banda Deseñada: "Había unha visión dunha Rosalía pesimista que contrastaba coas opinións das súas achegadas"

Paula Mayor, ilustradora, foi recoñecida co Premio Castelao de Banda Deseñada, da Deputación da Coruña, pola súa obra 'Rosalía Oculta', na cal aborda en profundidade a versión máis humana da poeta. 
A profesora de Dereito Civil Belén Trigo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Belén Trigo García, profesora de Dereito Civil da USC: "Na sanidade temos dereito á información e a decidir"

Belén Trigo García (Lugo, 1971) dirixirá entre o 4 e o 7 de setembro na USC o curso ‘A prestación de servizos sanitarios ante os retos do século XXI’. Nel trataranse temas como a humanización da sanidade ou a importancia da información, como adianta nesta entrevista concedida a 'Nós Diario'.
O bergantiñán Alfonso Gómez é alcalde da cidade suíza de Xenebra.
star
Entrevistas

Alfonso Gómez. Suíza en galego

Alfonso Gómez Cruz, nado en 1960 na parroquia de Corme (Ponteceso, Bergantiños) é, desde o pasado mes de xuño, alcalde da cidade suíza de Xenebra. Neto dun mestre republicano que foi represaliado polo franquismo, criouse en Corme até os 14 anos, cando emigrou ao país helvético. De fortes ideas ecoloxistas, milita nos Verdes e defende a integración da emigración como a mellor forma de convivencia e progreso para a sociedade. En conversa con Nós Diario, recupera a súa traxectoria humana e política, ademais de dar a súa opinión sobre temas de actualidade como o debate enerxético, o auxe da extrema dereita ou as dificultades para acceder a unha vivenda nas grandes cidades.
Manual de patronaxe é a primeira obra escrita por Nerea Brey. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Nerea Brey: "É unha homenaxe ás mulleres do cotián que foron referentes feministas polo xeito de vivir"

Nerea Brey, actriz e xornalista, vén de ser galardoada co Premio Abrente de Textos Teatrais, organizado pola Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, pola súa obra Manual de patronaxe na que mestura a creatividade que requiren os labores de costura coa que está presente no oficio da escrita.
O investigador e arquiveiro Francisco Sandoval. (Foto: Cedida)
CONTRACULTURA

Francisco Sandoval, Premio de Investigación Ferro Couselo: "O cambio do trazado do Camiño de Santiago á Coruña provocou que Ordes desbancara Poulo"

Francisco Sandoval foi galardoado co XXIV Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo polo seu traballo A paisaxe e a organización do espazo do interior coruñés durante os séculos XVI a XIX, onde aborda desde cuestións político-administrativas até as feiras e o urbanismo da comarca de Ordes
Rebeca Losada leva máis dunha década dedicada á ilustración (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Rebeca Losada: "O dixital permite democratizar a arte, pero ter un cadro único tamén dá moita satisfacción"

Rebeca Losada, ilustradora, vén de inaugurar na galería Maraca (Vigo) unha exposición na que recolle os seus carteis relacionados co mundo da música e dos concertos. É precisamente pola viveza das cores, achegadas ao psicodélico, e polo abstracto das formas utilizadas que esta recibe o nome de 'Soño Pop'. 
Xerardo Rodríguez Roca, coautor da revista de pasatempos en galego e portugués, 'A formiga no carreiro' (Foto: Nós Diario).
Revista de pasatempos

Xerardo R. Roca: "Con 'A formiga no carreiro', cubrimos un espazo inexistente até agora na Galiza"

Xerardo R. Roca é coautor xunto con Xoán Costa da revista de pasatempos en galego e portugués á venda este mes de agosto: 'A formiga no carreiro'.
7 Eva Mexuto
Contracultura

Eva Mejuto, autora do relato 'Trini': "A Trini teríalle feito ilusión esta homenaxe"

O caderno de verán Máis, que acompaña Nós Diario, achega desde esta terza feira ao sábado o relato inédito Trini que Eva Mejuto escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, Mejuto relata a vida da activista LGBT+ Trinidad Falcés nun relato de estilo monologal que nace a través da transformación emocional dunha serie de entrevistas.
O músico Javi Maneiro, integrante de Heredeiros da Crus (Foto: Pily Reñones Photographer).
Contracultura

Javi Maneiro: "Vinme a min mesmo metido nunha caixa, morto, e fun buscarme, quiteime da morte en brazos"

Javi Maneiro, integrante de Heredeiros da Crus, volve aos escenarios -após sufrir un accidente cardiovascular- para continuar coa xira da banda, mais tamén para presentar  o seu novo traballo en solitario, Un bonito despertar. 
Inma López Silva (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Inma López Silva. O ollar ás "malas mulleres"

A crítica á idea da maternidade como esencia da identidade feminina ou ao matrimonio como institución. O ollar á memoria histórica, desde distintas perspectivas. Ou ás "malas mulleres", persoas que, de distintos modos, saen do rego. Son algúns dos temas fundamentais da narrativa de Inma López Silva. Unha mostra dun xeito de entender o feminismo que deixa entrever, tamén, as nosas propias contradicións. Falamos con ela dos seus últimos libros.
Núria Figueras e Anna Font xa traballaran xuntas colaborando en medios de comunicación (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Núria Figueras e Anna Font: "As persoas adultas tamén lle temos medo ao silencio, por iso poñemos a radio e vemos series"

Núria Figueras e Anna Font son a autora e a ilustradora, respectivamente, de 'A visita', a obra gañadora do XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado convocado polo Concello de Santiago e a editorial Kalandraka e ao que se presentaron máis de 260 obras de Estados como México, Dinamarca, a China ou Turquía.
O xornalista de 'Nós Diario' e historiador do fútbol galego Héctor Pena. (Foto: Noela Rey)
Contracultura

Héctor Pena: "O fútbol é o leitmotiv dunha historia sobre mulleres, identidades sexuais e represión"

Héctor Pena, xornalista de 'Nós Diario' e investigador, vén de publicar 'A pioneira' (Xerais), unha historia ambientada na Galiza de hai cen anos e que segue a andaina de Ester dentro e fóra do campo de fútbol.
O investigador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Uxío-Breogán Diéguez, investigador: "Galiza tivo unha proposta de ruptura co franquismo"

O investigador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel vén de coordinar A Transición en Galiza (Edicións Laiovento, 2023). O volume reúne catorce investigacións que dan conta do traballo levado a cabo desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña. Desta cuestión conversa con Nós Diario.
Tomeu Martí i Florit, no estudo de 'Ona Mediterrània'. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Tomeu Martí, xornalista: "PP e Vox partillan o discurso de reducir o catalán ao mínimo"

Tomeu Martí i Florit é o director do 'Diari de Balears' e da emisora radiofónica 'Ona Mediterrània'. Entrevistámolo co gallo da súa visita ao país convidado pola Fundación Galiza Sempre e mais a Fundación Coppieters.
Verónica Codesal fai parte do grupo Ialma. (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Verónica Codesal: "A música é unha linguaxe universal e somos quen de atopar ritmos onde recoñecernos"

Verónica Codesal, cantante galega-belga, regresou á Galiza para presentar o seu novo disco en solitario, '100 voltas', no que une a esencia da tradición con instrumentos contemporáneos e os versos de poetas actuais.
A profesora e investigadora da USC María Josefa Fernández Sanjurjo (Foto: Uxafores).
Entrevista

María J. Fernández Sanjurjo, investigadora da USC: "O solo, a escala humana, é un recurso non renovábel"

A edafoloxía estuda a composición e natureza do solo e a súa relación coas plantas e co que lle rodea. É a ciencia na que se move a investigadora María Josefa Fernández Sanjurjo, profesora da USC que vén de participar nas xornadas de ambientais de verán "Os catro elementos", organizadas por Adega.
O escritor Henrique Rabuñal afonda no relato que desde hoxe ao sábado se poderá ler no caderno 'Máis' (Foto: Eduardo Castro Bal).
Contracultura

Henrique Rabuñal: "Interésame relatar unha paisaxe conflitiva"

O caderno de verán Máis, que acompaña Nós Diario, achega desde esta terza feira ao sábado o relato inédito O retrato, que Henrique Rabuñal escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, Rabuñal reflexiona sobre a política e afonda nas diferenzas entre as imaxes e a realidade.
O coautor de 'A formiga no carreiro' Xoán Costa (Foto: Xoán Costa).
CULTURA

Xoán Costa: "A formiga no carreiro serve para descubrir a Galiza"

As persoas subscritoras de 'Nós Diario' recibiron o Día da Patria Galega unha revista ben especial: 'A formiga no carreiro', unha publicación de pasatempos en galego que se pode comprar durante todo o mes de agosto nos quioscos. Xoán Costa, coautor e presidente de Sermos Galiza S.A. explica os contidos