entrevista

As ilustracións de Blanca Millán figuran en máis de 30 libros en diversas linguas. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Blanca Millán: "Ás crianzas precisan falar e os libros deben pór as dúbidas enriba da mesa para poder conversar"

Blanca Millán, ilustradora, pon en imaxes os versos de Rosalía de Castro no seu novo álbum, 'Miña casiña, meu lar' (Galaxia) coa intención de achegar os seus poemas á cativada.
O compositor Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Eduardo Soutullo: compor de Galiza ao mundo

Após unha longa traxectoria incluíndo a formación de solfexo, piano, harmonía e composición, unha tese sobre música contemporánea, docencia nos conservatorios de Compostela, Vigo e Ourense e de estrear obras sinfónicas en prestixiosos escenarios internacionais, o vigués Eduardo Soutullo vén de recibir o Premio Nacional de Música, na modalidade de composición, primeiro galego que o logra. Os seus últimos fitos inclúen o premio Lawson-May (Reino Unido, 2020) por Qebui e o premio en memoria de Andrey Petrov (Rusia, 2022) por Threnus Helianthuses, que denuncia a invasión de Ucraína.
Paula Gómez, tenete de alcalde do Concello de Muras (Foto: Xaora Fotógrafos).
SOCIAL

Paula Gómez, tenente de alcalde de Muras: "A Feira do Poldro e do Gando do Monte é para todos os públicos"

Ten 35 anos e reúne xente, veciñanza e gandeiros de toda a comarca baixo as altas árbores do Monte da Gañidoira. Trátase da Feira do Poldro e do Gando do Monte, no concello de Muras. ‘Nós Diario’ conversa con Paula Gómez, tenente de alcalde do municipio muresán para tratar a feira que este ano organiza ela e que ten lugar na última fin de semana de setembro.

A cineasta Diana Gonçalves. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Diana Gonçalves: "O Chanfaina Lab, alén da experimentación e da creación, xera vínculos co lugar e coas persoas"

A cineasta Diana Gonçalves foi unha das convidadas da oitava edición do Chanfaina Lab, tres días de creación audiovisual colectiva en San Sadurniño (Ferrolterra) nos que participan persoas de diversas idades, traxectorias e experiencias.
Uxía Oviedo é a rexedora máis nova da Galiza. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Uxía Oviedo, alcaldesa de Maceda (PSdeG), a máis nova do país: "Temos que conseguir que a mocidade volte aos concellos rurais"

É a responsábel máis nova nunha Alcaldía galega e tamén a primeira muller que exerce a responsabilidade en Maceda. Uxía Oviedo (Maceda, 2000) sorprendeu ao conseguir unha alcaldía que, desde 1979, foi rotando por todas as organizacións políticas, con momentos moi convulsos (mocións de censura e transfuguismos diversos). Un concello que polo demais é capaz de manter un pulso vivo, nunhas décadas nas que a vida nas entidades rurais sofre gravemente as feridas infrinxidas pola planificación económica que as abandona deliberadamente.
Mariña Barreiro atendeu 'Nós Diario' no municipio de Noia (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Mariña Barreiro: "O perfil de diplomático español segue a ser moi semellante ao dos anos 50, 60 ou 70"

A noiesa Mariña Barreiro decidiu cambiar a súa traxectoria no corpo diplomático español, a pesar do complicado que é acceder, para apostar pola diplomacia multilateral, que actualmente exerce como encargada de Asuntos Políticos na Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE).
A artista Bía Ferreira mestura ritmos como soul, samba ou reggae. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Bía Ferreira: "Busco a incomodidade porque as persoas que están cómodas non mudan de lugar"

Bía Ferreira, artista brasileira, visita Santiago para rematar a xira europea de presentación do seu novo disco, 'Faminta', no marco do Festival Maré nun concerto que se celebra hoxe na Sala Capitol.
A artista e docente Beatris S. Sáa. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Beatriz S. Sáa: "A mostra nace da experiencia que tiven coa miña avoa desde que ela desenvolveu Alzhéimer"

Beatriz S. Sáa pon en marcha a exposición 'Entre presenzas e ausencias' no Centro Sociocultural de Vite (Santiago de Compostela) coas obras realizadas no seu programa de didáctica artística involucrando tanto doentes de Alzhéimer como as súas coidadoras.
O rexedor manifestou o seu "orgullo" pola resposta da cidadanía.  (Foto: Europa Press).
Entrevista

Miguel Anxo F. Lores: "Ser a capital mundial do tríatlon puxo Pontevedra e Galiza no mapa"

Desde hoxe e até o próximo domingo a cidade de Pontevedra reafirma a súa condición de templo internacional do tríatlon acollendo a Gran Final das Series Mundiais. O seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (Sanxenxo, 1954), explica para 'Nós Diario' por que quixo vincular o nome da Boa Vila ao do deporte 'tres en un'.
A artista Silvia Penide presenta novo disco. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Silvia Penide: "Estou orgullosa do traballo que fun facendo e do camiño que deixo para a xente que vén detrás"

Silvia Penide, cantautora, celebra os vinte anos da súa carreira musical co lanzamento dun vinilo de edición limitada que recolle algúns dos temas máis significativos da súa traxectoria.
A actriz e escritora Paula Carballeira. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Paula Carballeira: "O teatro é o grande espazo da liberdade de expresión; a proba é que foi o primeiro que censuraron"

Paula Carballeira vén de recibir o Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra 'As alumnas' (Galaxia), unha peza que recupera a figura da mestra depurada María Barbeito e da que o xurado destacou que "constitúe un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate" e "os seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para o ensino galego, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propuña a Segunda República".
A pianista Esther Sobral. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Esther Sobral: "As historias que a min me inspiraran estaban relacionadas con intres onde pechamos os ollos"

Esther Sobral, pedagoga musical e compositora, publica o seu segundo libro, 'Pechando os ollos' (Beroly), unha obra que recolle historias e sentimentos íntimos en oito pezas para piano e cunha misión solidaria.
Xoán Volazo por Xan carballa
Entrevista

Xoán Colazo: "Camiñar o país é unha descuberta que alimenta o desexo de reverter a destrución"

Leva décadas percorrendo os camiños do país e desde o nacemento de Sermos Galiza, en 2012, publicando, como integrante do grupo XEA, as súas reflexións sobre diferentes lugares da xeografía física e humana galega, profundamente transformada. Agora, o economista Xoán Colazo (Candeán-Vigo, 1970), convídanos a coñecer esas experiencias no libro  de inmediata publicación, Cento doce viaxes na miña terra.

O xornalista arousán Carlos Meixide.  (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Carlos Meixide: "Atopei correspondencias directas entre o tempo da Comuna de París e a Galiza da Burla Negra"

Carlos Meixide, xornalista e escritor, aborda os antecedentes, a experiencia da revolución e as vivencias posteriores da Comuna de París en 'Viva a Comuna!' (Xerais), a súa última novela.
A filóloga e poeta Silvia Penas. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Silvia Penas: "As miñas propostas non van só de poesía, intento conxugalas con música e artes escénicas"

Silvia Penas, filóloga e escritora, reedita o seu poemario 'O resto é ceo', unha viaxe a través do seu corpo e de Cabo Verde que viu a luz en portugués (Editora Urutau, 2021) e que agora volve da man de Edicións Malafera nun formato bilingüe.
O de Vilagarcía, no seu novo habitat, o coche. (Foto: Tavfer Mortágua Ovos Matinados).
CICLISMO | Entrevista

Gustavo César Veloso: "O meu maior triunfo foi a xeral da Volta a Catalunya"

O de Gustavo César Veloso (Vilagarcía de Arousa, 1980) é un dos nomes máis destacados do ciclismo galego no que vai de século. Tanto, que a próxima edición da Volta á Galiza estará dedicada á figura do actual director do Tavfer Mortágua-Ovos Matinados, que repasa a súa extensa carreira nesta entrevista.
O escritor e xornalista Pablo J. Rañales. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Pablo J. Rañales: "En galego precisamos ciencia ficción porque nos axuda a enfrontar os nosos medos colectivos"

Pablo J. Rañales é xornalista e autor de varias obras, entre elas, 'Os afogados', coa que vén de gañar o Premio Illa Nova de Narrativa, convocado pola editorial Galaxia. Rañales aborda a relación coa natureza e os ecosistemas así como os mecanismos a través dos cales os discursos de odio acaban por callar na sociedade.
O xornalista Jorge Lamas (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Jorge Lamas: "Non se entende Vigo sen a burguesía, a cidade romana ou o prezo que pagamos para medrar"

Jorge Lamas, xornalista, vén de publicar 'Da calzada ao casco vello de Vigo' (Xerais), unha obra construída a través de tres percorridos pola historia, a arquitectura e a vida da cidade. 
Bernardo Penabade (Foto: Orgullo Galego).
LINGUA

Bernardo Penabade, profesor e coordinador do proxecto Modelo Burela: "A Lei Valentín Paz-Andrade ficou en papel mollado"

O profesor Bernardo Penabade Rei (Mañón, A Mariña, 1964) recibe este sábado, 9 de setembro, na Arca da Noe, en Vilar de Santos (A Limia), o Prémio Meendinho, un galardón que anualmente concede a fundación homónima para destacar o traballo de persoas e entidades que destacan na dinamización cultural e lingüística do galego, tendo en conta tamén súa dimensión internacional
Mikel Burzako Samper. (Foto: Luis Mari Prego)
Entrevistas

Mikel Burzako: Galeusca e Europa

O Partido Nacionalista Vasco (PNV) despregou unha intensa actividade internacional, sobre todo en Europa, durante a primeira metade do século XX. Percorremos con Mikel Burzako Samper (Bilbo, 1969), responsábel de Exteriores da súa Executiva, algúns destes fitos máis significativos que, á súa vez, condicionan as principais reivindicacións políticas a abordar proximamente por unha Europa que debe tamén dar cabida ás nacións sen Estado.