entrevista

O pedagogo e catedrático de Historia da Educación na USC Antón Costa Rico. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Antón Costa: "Os obxectivos da Nova Educación continúan a ser retos académicos na actualidade"

Antón Costa Rico, xunto con Lucía Iglesias da Cunha, organiza a exposición 'A Escola Nova... tamén entre nós (1921-2021)' co obxectivo de pór en valor o movemento pedagóxico internacional da Nova Educación. A mostra pode visitarse até esta sexta feira, 27 de outubro, no Colexio de Fonseca (Compostela).
Ana Cabana fai parte do grupo de investigación Histagra (USC). [Foto: Marcos Franco]
Entrevista

Ana Cabana, historiadora: "As mulleres do rural lideraron a resistencia"

A historiadora Ana Cabana (Castro de Rei, 1976) analiza en 'Cento cincuenta mulleres e ningún home' o papel da muller rural nas protestas sociais no campo galego durante o franquismo. O artigo, publicado en 2021 na revista 'Historia Social' vén de recibir o premio á introdución da perspectiva de xénero convocado pola USC.
Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras traballan como dúo desde 2018. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Caamaño&Ameixeiras: "'Quitar o aire' soa máis poderoso que o primeiro disco e é resultado da investigación musical"

Sabela Caamaño, no acordeón cromático, e Antía Ameixeiras, no violín e voz, veñen de publicar 'Quitar o aire', o seu segundo disco como dúo, que indaga arredor do mundo ritual galego explotando todos os recursos musicais ao seu dispor. Este disco foi presentado antonte na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Khaled Abu-Qare nunha protesta propalestina en París. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Khaled Abu-Qare, líder estudantil palestino en París: "Os feitos non comezaron en outubro, isto ten causas profundas"

Khaled Abu-Qare é o presidente de Estudantes pola Xustiza en Palestina na universidade francesa de Science Po. Nado na Xerusalén ocupada, estuda nestes momentos Seguridade Internacional.
O veciño de Ramallah Alaa Zagha antes do comezo da guerra. (Foto: Nós Diario)
Voces de Palestina

Alaa Zagha, veciño de Ramallah: "A maioría do pobo palestino quere que pare agora mesmo esta tolemia"

Alaa Zagha é veciño de Ramallah, na Cisxordania ocupada por Israel. Tras sobrevivir en febreiro a un ataque de colonos, que queimaron o seu coche, fala con Nós Diario para dar testemuño da situación que está a sufrir o territorio palestino.
Arriba: Francisco Becerra, Luís Losada e Javier Prado; abaixo: Tono Barros, Xulio Simón e Laura Goldar. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xulio Simón: "A Xulipedia está aberta e poderá construírse coas persoas que queiran colaborar"

Xulio Simón, filólogo, vén de inaugurar a Xulipedia, unha páxina web en formato colaborativo que recolle a cronoloxía da literatura galega, xunto coa portuguesa, a catalá e a universal.
Manuel Caamaño, en Portosín (Porto do Son).
star
Entrevistas

Manuel Caamaño: retallos dunha vida

Arquitecto técnico, galeguista no exterior e no país, activista cultural, político, escritor. Impulsor de asociacións, editoriais, revistas, bibliotecas e museos. Defensor do idioma e da participación cidadá na vida social. Un noiés cosmopolita que tamén se sentiu parte dos lugares onde viviu. Son moitas as formas de definir Manuel Caamaño e moitas as facetas que destacar dunha vida chea de avatares. Nesta conversa, aos seus 87 anos, abrollan moitos dos retallos que formaron unha vida dedicada á Galiza e á defensa do dereito a sermos galegos e galegas.
A cantante, compositora e profesora de canto Lidia L. Chao. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Lidia L. Chao: "A maioría de persoas falan de rap ou de hip hop pensando só en artistas masculinos"

Lidia L. Chao vén de actuar no espazo emerxente de Ceiba Rimas, un evento de rap improvisado en galego que decorreu na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela, e no cal actuou co seu primeiro tema, 'Prende o lume', dispoñíbel nas principais plataformas dixitais.
Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Suso Bermello (CIG-Ensino): "O que agobia os docentes é o exceso de alumnado por aula, de horas e burocracia"

O próximo día 24 tres centrais sindicais que representan 60% do sector chaman a un paro xeral no ensino. Suso Bermello (A Coruña, 1965), secretario nacional da CIG-Ensino, a forza maioritaria, explica nesta entrevista as motivacións da folga, reclama a reapertura de negociacións coa Consellaría e centra a demanda principal nun calendario de rebaixa da carga lectiva do profesorado como condición indispensábel para mellorar a calidade educativa.
O fundador da Sala Gurugú, Carlos Clemente. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Carlos Clemente: "As institucións deben fomentar os monicreques como parte fundamental da cultura galega"

Carlos Clemente, titiriteiro e fundador da Sala Gurugú, vén de ser galardoado co Premio de Honra Galicreques como un recoñecemento á súa traxectoria a prol do sector escénico.
Míriam Louzao dirixe a Concellaría de Capital Cultural e Turismo de Santiago. (Foto: Arxina)
Entrevista

Míriam Louzao, edil de Turismo de Santiago: "A taxa turística é parte dun modelo de máis calidade"

O Pazo de Fonseca acolle mañá un foro de análise organizado polo Concello de Compostela para avanzar no deseño dun novo modelo turístico. Na véspera da xornada 'O impacto turístico nas cidades. Taxa turística e outros instrumentos de xestión', Nós Diario conversa coa concelleira de Turismo, Míriam Louzao.
Nado na Patagonia (Arxentina), Xurxo González non deixou Vigo desde a súa chegada con 13 anos. [Foto: Nós Diario]
Contracultura

Xurxo González: "Cando cheguei á Galiza todas as persoas da miña idade pensaban en marchar a América"

Xurxo González naceu na Patagonia arxentina, desde a que migrou a Vigo con 13 anos, cando a xente da Galiza embarcaba para facer a mesma travesía en sentido contrario. Agora, con 81 anos, recolle todas estas lembranzas en 'Memorias de Xurxo O americano', libro autoeditado que será presentado hoxe na libraría Cartabón (Vigo) ás 20 horas.
Mussa'ab Bashir informando desde a Faixa de Gaza en 2016. (Foto: Nós Diario)
Voces de Palestina

Mussa'ab Bashir, xornalista nado na Faixa de Gaza: "Até que non haxa resposta popular poderán chegar onde sexa"

O xornalista nado en Gaza e residente no Estado español Mussa'ab Bashir conversa con Nós Diario xusto cando ultima un vídeo dirixido aos habitantes dos kibbutz que foron atacados por Hamas para que comprendan o contexto do que acontece, posto que "non saben nada da poboación histórica" de Palestina.
A escritora Rosario Regueira. (Foto: Distrito Xermar)
Contracultura

Rosario Regueira: "Coñezo bastante xente, mais non coñezo ningunha muller que non sufrira unha agresión"

Rosario Regueira, escritora, vén de publicar 'Retrato de ida e volta', unha historia sobre dúas mulleres, avoa e neta, que se ven obrigadas a escapar das súas vidas no rural e na cidade, respectivamente.
Fayed Badawi, da Fronte Popular de Liberación de Palestina (Foto: Nós Diario).
Voces de Palestina

Fayed Badawi, representante da Fronte Popular de Liberación de Palestina: "A única solución é construír un único Estado para Palestina"

Fayed Badawi é portavoz da Fronte Popular de Liberación de Palestina.
O coorganizador de aRi[t]mar, Gonzalo Constenla (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Gonzalo Constenla: "Ari[t]mar é o único certame da península que conxuga música e poesía da Galiza e Portugal"

Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, é un dos organizadores de 
aRi[t]mar, que esta semana culminou a súa oitava edición coa gala de entrega de premios. Constenla fai balance dunha edición "récord" e dun proxecto nado para difundir a música e a poesía aproximando as realidades galega e portuguesa.
Xaquín Marín no Museo 
do Humor de Fene (Foto: Xosé Gómez).
star
Entrevistas

Xaquín Marín. Humor con conciencia (de clase)

Hai factores que determinan a grandeza dun artista e un deles é a súa capacidade para crear un estilo propio e personaxes recoñecíbeis, case familiares, ao longo dos anos. Iso teno logrado Xaquín Marín (Ferrol, 1943), un dos humoristas gráficos imprescindíbeis. O público sábeo e, aínda que non foi o primeiro recoñecemento que recibía, o pasado día 7, coincidindo no tempo co seu oitenta aniversario e coas seis décadas de carreira artística, foi protagonista da gala coa que a Federación Galiza Cultura homenaxeou "o humorista gráfico galego máis relevante despois de Castelao". 
Felipe Noya pertence á ONG Médicos do Mundo (Foto: Nós Diario).
Voces de Palestina

Felipe Noya, portavoz da Coordinadora de ONGD: "O bloqueo a Gaza vén de moi atrás, o que se está facendo é agudizalo"

Felipe Noya é o portavoz da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Nesta conversa con 'Nós Diario' analiza o agravamento do conflito.
Isabel Vilalba, do SLG (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG: "Os alimentos non poden ser para especular, que é a realidade de hoxe"

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas celebra neste 2023 o seu cincuenta aniversario. Continuando a traxectoria de mulleres (Lidia Senra, Carmen Freire) que estiveron á súa fronte, a actual secretaria xeral, Isabel Vilalba (Lourenzá, 1973), analiza algúns dos triunfos logrados e os retos dun rural decimado neste tempo, que pasou de 500.000 persoas a el dedicadas ás 50.000 actuais, e debuxa algunhas ideas para conseguir un rural de futuro.
A cineasta Marta Valverde recibiu o galardón GZ_00 no festival de cinema FICBueu (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Marta Valverde: "Coa miña curta quería facer que a xente se preguntase cousas que nunca antes pensara"

Marta Valverde, cineasta, recibiu o galardón na categoría GZ_00 do FICBueu pola súa curta 30’ 70 60’ 120, na que busca retratar unha cara da prostitución “que non ten nada que ver coa imaxe que temos normalmente na nosa cabeza”.