entrevista

A escritora Andrea Barreira. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Andrea Barreira: "Todo o mundo é capaz de aprender a coidar"

Andrea Barreira (A Fonsagrada, 1986) vén de ser galardoada co Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade grazas á súa obra 'Quen precisa unha avoa?'. Barreira aborda os coidados e as necesidades de crianzas e maiores, mais tamén as esixencias que a sociedade pon sobre elas.
O avogado Xoán Antón Pérez-Lema, no seu despacho na Coruña. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Xoán Antón Pérez-Lema, avogado: "A amnistía tamén salva o Supremo dunha decisión negativa nos tribunais europeos"

Cunha intensa actividade política e de intervención na vida pública, o avogado Xosé Antón Pérez Lema (A Coruña, 1964) aborda nesta conversa actualidade derivada da aprobación da lei de amnistía, o debate sobre a separación de poderes e o arranque dunha lexislatura no Estado que ten no recoñecemento da plurinacionalidade un desafío e na economía unha espada de Damocles permanente.
Mario Grela, Paco Cerdeira, Xosé Bocixa, Laura Romero e Manuel García son os integrantes actuais de Zënzar. (Foto: Pixelín Photo)
Contracultura

"Zënzar é unha maneira de rebelarse contra o diario e contra aquilo que está estabelecido"

Xosé Bocixa, vocalista, e Laura Romero, baixista, son membro fundador e a última incorporación, respectivamente, de Zënzar, banda de punk rock que chega aos seus 35 anos. A celebración deste aniversario será cun concerto especial  na compostelá Sala Capitol o 23 de decembro
A viguesa adestra nun club de Sevilla, o Sutemi. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Sara Viéitez, pelexadora: "Existe moita ignorancia e prexuízos arredor das MMA"

Con apenas 30 anos, Sara Viéitez (Vigo, 1993) pode falar de si mesma como dunha pioneira, pois foi a primeira galega tanto en competir como en gañar un título a nivel estatal nas Artes Marciais Mixtas. Agora, completada a súa etapa 'amateur', comeza a dar o salto ao profesionalismo, para o que tivo que facer as maletas e migrar a Andalucía.
As obras de Rafael Fernández están traducidas ao éuscaro, portugués, catalá e castelán. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Rafael Fernández: "Sorprendíame que o Amazonas non se nomeara nalgunha das linguas autóctonas"

Rafael Fernández foi galardoado co Premio Raíña Lupa pola súa obra 'As pedras verdes', que xira arredor da conquista de América tratando temas como a violencia, a vulnerabilidade e o medo.
O director vigués Bruno Arias. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Bruno Arias: "Xela morreu cando eu tiña cinco anos; o documental fala sobre esa ausencia"

Bruno Arias vén de estrear a súa primeira película no Festival Cineuropa, en Santiago de Compostela. Neste documental, 'Os espazos en branco', o director vigués trata desde unha perspectiva moi persoal a ausencia na súa vida da súa tía, a escritora Xela Arias; o sentimento de perda na familia e como é coñecer un ser querido a través dos relatos doutras persoas.
O ilustrador Xosé Cobas.
Contracultura

Xosé Cobas: "A ilustración literaria enganchoume de tal maneira que fun sendo menos pintor"

Xosé Cobas, ilustrador, aborda o proceso creativo que acompañaba aos libros que publicaba con Xabier P. DoCampo, quen o introduciu no mundo da ilustración literaria, así como a busca dunha vida interior rica que se vexa reflectida nas súas creacións.
A artista Janet Novás. (Foto: Antonio Urquijo)
star
Entrevistas

Janet Novás: facendo que o corpo conte

Que ninguén pense que o de Janet Novás (O Porriño, 1982) foi chegar e bicar o santo. O éxito como protagonista de 'O Corno' (Jaione Camborda, 2023) chégalle tras dúas décadas bailando, nas que se esforzou en investigar sobre o corpo como ferramenta de comunicación. Todo o achado pono agora en mans doutras bailarinas cunha montaxe, 'Proto (SN1806)', que xira arredor das supernovas, das estrelas que ao morrer estoupan. Como elas, Janet quere que o fulgor da película sirva de foco para darlle visibilidade á súa gran paixón: a danza.
Dacal despois de conseguir o récord estatal (Foto: Nós Diario).
star
DEPORTES

A xavelina de Gustavo Dacal renace en Pontevedra e soña con medallas

En poucos meses, o atleta pontecaldelán Gustavo Dacal, dez veces campión de España en xavelina, conseguiu estar en forma e lograr mellorar o rexistro estatal na modalidade paralímpica. Non poderá estar en París 2024 mais pensa competir a nivel internacional contando coa quinta mellor marca.
A autora de 'Se de repente perto fosse um verbo', Maria Isabel Fidalgo. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Maria Isabel Fidalgo: "Não esqueças o meu nome diríxese ás persoas que están gravadas nas páxinas do meu corazón"

Maria Isabel Fidalgo (Braga, Portugal, 1951), licenciada en Lingua e Literatura Modernas, é a autora de 'Não esqueças o meu nome' (Poética Edições), poemario que contén 'Se de repente perto fosse um verbo'. Este poema foi o máis votado polo público de aRi[t]mar, concedéndolle así á autora portuguesa o premio poético desta edición.
Bieito Lobeira, na redacción de 'Nós Diario'. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Bieito Lobeira, membro da Executiva do BNG: "O PP galego vive entregado a unha visión madrileña e centralista do Estado"

Durante máis dunha década, Bieito Lobeira (Seixo-Marín, 1968) tivo a responsabilidade organizativa no BNG, un período complicado despois da crise de Amio de 2012. Agora vén de anunciarse que esa Secretaría de Organización fica encabezada por Lucía López Sobrado. Lobeira, que se mantén na Executiva da formación nacionalista, explica a 'Nós Diario' esa transición e analiza claves da tensa actualidade política.
A escritora Núria Figueras e a ilustradora Anna Font, autoras do álbum ilustrado  'A visita'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Núria Figueras e Anna Font: "Na obra non quixemos negativizar o silencio, senón axudar a entender que é algo agradábel"

Hoxe, no compostelán Pazo de Raxoi, Núria Figueras e Anna Font recollen da man da alcaldesa, Goretti Sanmartín, o Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados 2023, galardón convocado polo concello da capital. Na súa décimo sexta edición, a obra gañadora é A visita, un conto infantil editado por Kalandraka e escrito por Núria Figueras e ilustrado por Anna Font, e que leva a reflexionar sobre o silencio nunha sociedade na que só se escoita ruído.
O santiagués, sostendo un exemplar do volume que vén de lanzar. (Foto: Uvigo).
Entrevista

Carlos Lago: "En 2030 todos os partidos serán como os do Xetafe"

Os cambios no fútbol, especialmente os referentes á preparación física, deron lugar a multitude de mutacións na forma de entender e practicar a disciplina nos últimos anos que, sen dúbida, seguirán influíndo no futuro, como reflexiona no seu novo libro o catedrático da Universidade de Vigo Carlos Lago (Compostela, 1974), autor do libro 'Cando metes gol, eres grande, cando non... eres gordo'.
Tareixa Navaza, na entrega do Premio da Agapi, esta terza feira en Ames. (Foto: Arxina)
star
Premio Dolores Ben

O xornalismo comprometido segundo Tareixa Navaza

A xornalista Tareixa Navaza recibiu esta terza feira o Premio Dolores Ben. Nós Diario aproveitou a ocasión para conversar con ela sobre e a situación dos medios de comunicación e a profesión no pasado e no presente.
mercedes vźquez
Contracultura

Mercedes Vázquez Saavedra: "Empecei a fotografar mulleres en Pitões das Junia, aprendín moito delas"

A traxectoria de Mercedes Vázquez Saavedra (Sarria, 1949), etnógrafa e fotógrafa das mulleres da raia e das máscaras e Entroidos, vén de ser recoñecida co Premio Mestra da Memoria, outorgado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Iván Villarmea Álvarez - AGA.  Andrea Morandeira 1
Contracultura

Iván Villarmea: "O rururbano é o hexemónico, é interesante buscar a súa representación no cinema galego"

Iván Villarmea vén de ser recoñecido pola Academia Galega do Audiovisual co Premio María Luz Morales a Mellor ensaio escrito pola súa obra O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego.

A cantora galega, María Xosé Vilar, Sés (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Sés, cantante: "Os premios populares son unha honra, o recoñecemento sempre debe partir do pobo"

María Xosé Silvar, Sés, cantante, filóloga e activista galega, é a gañadora da vixésimo terceira edición do Premio Ramón Piñeiro Facer País, un galardón destinado a persoas que traballan en prol da lingua e da cultura da Galiza e que concede que a Asociación Cultural Val de Láncara. A entrega do premio será o vindeiro 18 de novembro precisamente en Láncara (comarca de Sarria). Sés recibirá o recoñecemento de mans da poeta Luz Fandiño, galardoada na pasada edición.
Screenshot_20231110_234025_Samsung Internet
1.000 'NÓS DIARIO'

Rubén Blanco: "En Francia callei moito e madurei tanto dentro como fóra do campo"

Rubén Blanco (Mos, 1995) forma parte da historia de 'Nós Diario' por ser a primeira persoa entrevistada no xornal. 1.000 números despois, e desde o seu novo fogar en Marsella, o gardameta volve abrir as portas do seu corazón para debullar os cambios que se produciron no mundo, na súa vida e no fútbol nestes case catro anos.
O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín.
star
Entrevistas

Xosé Luis Méndez Ferrín, o xefe arraiano

Se o verdadeiro sentido da vida é cruzar fronteiras, Xosé Luis Méndez Ferrín (Ourense, 1938) xa leva cruzado unhas poucas aos seus 85 anos, despois dunha vida como profesor de instituto, arraiano a tempo completo e escritor a tempo parcial. Disque agora só escribe artigos para manterse en forma. Pero Ferrín segue sendo un dos referentes indiscutibles da literatura galega contemporánea. Coas súas obras foi sempre na espeteira, abrindo camiños polos que transitaron as novas xeracións de autores e autoras do país, por iso é o 'Xefe Arraiano'.
O deseñador David Calviño é un dos fundadores da editorial Baixo Terra (Foto: Nós Diario).
Contracultura

David Calviño, de 'Onda Vital!!': "A xente nada nos 70 e 90 ten unha pegada do anime que se comezou a emitir daquela na Galiza"

David Calviño, xunto con Rubén Rial, é un dos fundadores da editorial Baixo Terra, que vén de publicar 'Onda Vital!!', un fanzine colectivo sobre o pouso que deixou o anime xaponés na Galiza. Calviño aborda tamén a próxima publicación da editorial: Croio Nº 0, que sairá a finais deste mes.