entrevista

A doutora e profesora da Universidade da Coruña Carme Fernández Pérez-Sanjulián (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Carme Fernández: "Pilar García Negro interpreta Rosalía desde o compromiso coa nación e coas mulleres"

A doutora e profesora da Universidade da Coruña (UDC) Carme Fernández Pérez-Sanjulián (A Coruña, 1963) foi a encargada de editar o libro Intenso e Solidario Feminismo. Estudos Rosalianos (UDC), un volume que escolma quince traballos de Pilar García Negro sobre a poeta, xunto con Kathleen March, autora do epílogo.
A escritora e investigadora Aurora Marco. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Aurora Marco, Galiza con nomes de muller

Aurora Marco (Noguera de Albarracín, provincia de Teruel, 1948) abriu camiño na recuperación da memoria das mulleres galegas, tanto pioneiras como represaliadas polo franquismo. O seu traballo permitiu coñecer mellor o papel delas na guerrilla ou nas Irmandades da Fala, e este ano que se conmemora o centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos (SEG), deu a coñecer as biografías das súas socias, nomeadamente da que abriu camiño ao resto, Carmiña Serra. Desde este fondo compromiso coa memoria, Marco pide á Xunta da Galiza políticas que a amparen e unha maior presenza nas aulas.
A poeta María Álvarez Martínez (Foto: Nós Diario).
Contracultura

María Álvarez Martínez: "Sempre vivín o desarraigo como unha tristeza, algo que non se pode recuperar"

María Álvarez Martínez (Vigo, 1983) vén de ser galardoada co Premio de Poesía Victoriano Taibo polo seu poemario 'Dakota'. A poeta aborda a súa experiencia persoal vivindo na rexión estadounidense, mais tamén temáticas como os lazos familiares ou o desarraigo.
O galego rachou o domingo co récord de España de maratón. (Foto: Adidas).
Entrevista

Tariku Novales: "O circuíto pode marcar o éxito nos Xogos Olímpicos de París"

Tariku Novales (Noia, 1998) demostrou no Maratón de Valencia que non hai ninguén como el, tornando no recordman estatal da modalidade após facer bos os prognósticos e deter o reloxo en 2.05.48. Agora, co aval do seu gran papel na proba levantina, comeza a preparar uns Xogos Olímpicos 2024 nos que o único límite é o ceo parisino.
Xoán Costa e María Obelleiro, presidente de Sermos Galiza S.A. e directora de 'Nós Diario' (Foto: Xan Carballa).
1.000 'Nós Diario'

Xoán Costa e María Obelleiro: "Nos actos do número 1.000 pedíronnos que 'Nós Diario' saia os 7 días da semana"

Xoán Costa (Oroso, 1956) e María Obelleiro (Soutomaior, 1985) fan balance da intensa campaña de varias semanas de socialización do medio de comunicación entre as persoas accionistas, subscritoras e lectoras na procura de sumar 1.000 novas e novos asinantes que dean estabilidade e proxección ao único diario en papel en galego que se publica no país.
O redondelán Alejo Amoedo leva no mundo da música desde os 16 anos (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Alejo Amoedo: "A música galega conta cun ecosistema sólido e está recollendo os froitos do traballo realizado"

O músico Alejo Amoedo (Quintela, Redondela, comarca de Vigo, 1966) é o membro de máis recente incorporación da Real Academia de Galega Belas Artes (RAGBA). Amoedo aborda o percorrido e a situación actual da música e a composición galegas.
O músico Pilo Sierra compón e pon a voz nos temas de Satélite Salitre (Foto: Cris Andina).
Contracultura

Pilo Sierra: "A nosa travesía é unha metáfora da viaxe vital que nos trae de volta á Galiza, á lingua e ao mar"

Pilo Sierra (Compostela, 1978) integra xunto co cuarteto de cordas Suelen Estar Quartet, LAR Legido e Pablo Sanmamed a banda Satélite Salitre, que vén de ser galardoada co Premio Narf.  
A investigadora Lupe Martínez no Culturgal, na fin de semana (Foto: Antón Mascato).
MEMORIA E HISTORIA

Lupe Martínez, investigadora: "A coruñesa foi a zona máis combativa do país"

Autora de Coa man armada, a súa primeira achega á guerrilla, Lupe Martínez, 16 anos despois, publica Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña (Galaxia), centrada no inventariado dos homes e mulleres que se botaron ao monte e na que ofrece máis de 300 fichas de “guerrilleiros” e "fuxidos" e centos de documentos.
Manuele Pardo, Xan Pampín, Ángela Carou e Abel Gañete integran Ailá (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Xan Pampín: "Facía falta un disco de panxoliñas que tivese en conta a perspectiva da tradición oral"

Xan Pampín (Compostela, 1977) é un dos integrantes de Ailá, banda galardoada co Premio Martín Códax de música tradicional e que agora vén de publicar 'Ailá de Nadal', un disco recompilatorio de oito panxoliñas dispoñíbel tanto en formato físico como nas plataformas dixitais.  
Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense nos corredores da Deputación (Foto: Deputación de Ourense).
POLÍTICA

Luís Menor, presidente da Deputación de Ourense: "A prioridade foi o novo modelo de financiamento dos concellos"

Luís Menor é desde o 17 de xullo presidente da Deputación de Ourense. O alcalde de Pereiro de Aguiar, home de confianza de Alfonso Rueda, dirixe agora a institución provincial e mais o PP ourensán, imprimindo un cambio de formas e políticas que, sen moito ruído, ten provocado xa pactos co PSdeG que deixan Democracia Ourensá fóra de xogo. O talante, o diálogo e a capacidade de chegar a acordos son as fortalezas propias que sinala Luís Menor.
A escritora e ilustradora Ana Moreiras (Foto: Sara Pardo).
CULTURA

Ana Moreiras: "Para ilustrar a historia adéntrome no personaxe, imaxino as súas actitudes, reaccións e xestos"

Ana Moreiras é profesora de secundaria e escritora de novelas gráficas. Após a súa primeira obra, Madialeva (Aira), publicou en novembro Xaora (Aira), que presentou esta semana en Compostela. Nela, trata un momento en que Virxinia, a protagonista, se atopa perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, vai axudala a comprender que é o realmente valioso e auténtico.
 
Bernardo Atxaga.
star
Entrevistas

Bernardo Atxaga: o rastro do poético

Escritor Galego Universal en 2014 e Premio Nacional das Letras Españolas en 2019, o vasco Bernardo Atxaga é unha figura de referencia da literatura contemporánea en diferentes formatos e rexistros, autor de libros memorábeis que van de Obabakoak e Memorias dunha vaca a Sete casas en Francia, entre outras. Visita Galiza para presentar no Culturgal Exteriores do paraíso (Kalandraka), obra que transcende etiquetas e que mostra a súa capacidade para captar detalles reveladores da condición humana.
O escritor brasileiro Luiz Ruffato durante a súa última visita a Santiago de Compostela (Foto: Arxina).
Contracultura

Luiz Ruffato: "Existem duas grandes comunidades galegas antigas no Brasil, Salvador e Rio de Janeiro"

O escritor Luiz Ruffato, natural de Cataguases, no Brasil, visitou novamente Santiago de Compostela convidado pela Faculdade de Filologia da universidade compostelã. Ruffato, autor de obras coñnhecidas mundialmente como Eles eram muitos cavalos, é um grande amante e conhecedor da Galiza e ganhador o prémio de Escritor Galego Universal da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
 
María Dolores Fernández Galiño (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo: "Somos garantía de que a admnistración ten que responder ás demandas que se lle fan"

Cun extenso currículo previo na carreira xudicial, na que ingresou con 26 anos, María Dolores Fernández Galiño (O Carballiño, 1963), é a actual Valedora do Pobo, unha institución que ano tras ano, radiografía o pulso das demandas cidadás cos seus prolixos informes ante o Parlamento. Sen capacidade executiva, a súa autoridade provén de ser unha antena privilexiada que moitas veces é sentida como escudo fronte á maquinaria administrativa.
O escritor Cesar Cequeliños (Foto: Xan Carballa).
Contracultura

César Cequeliños: "Na novela vese o espírito de comezos do século vinte, a época dourada do ocultismo"

César Lorenzo Gil, o autor coñecido como César Cequeliños (Arbo, A Paradanta, 1977), vén de ser galardoado co Premio Torrente Ballester de narrativa, que convoca a Deputación da Coruña, pola súa novela Sábeme a salamántiga o ceo da boca, onde mestura o humor e as investigacións científicas de comezos do século XX coa situación histórica da burguesía viguesa da época.
Laura Porto foi a encargada da dramaturxia en 'Hilda Hilst. Afundando os dedos na matéria do mundo' (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Laura Porto: "Hilda Hilst tiña a capacidade de ollar a retícula invisíbel sobre a que se configura o mundo"

Laura Porto é a dramaturga responsábel de Hilda Hilst. Afundando os dedos na matéria do mundo, unha obra na que buscou dar a coñecer a propia Hist ao tempo que xoga coas expectativas do público.  
O músico Xisco Feijóo actúa mañá en Lugo e a sexta feira en Vigo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Xisco Feijóo: "A nosa música tradicional ten unha orixe moi antiga, mais é actual, está viva e na mocidade"

Xisco Feijóo (Vigo, 1973) fecha a xira de Peixe con dous grandes concertos: mañá en Lugo e o 1 de decembro en Vigo. Feijóo analiza as aprendizaxes deste disco, o primeiro seu en solitario, así como os plans de futuro que ten para a súa carreira.
Elías Torres. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Elías J. Torres Feijó, decano da Facultade de Filoloxía da USC: "Grazas a un compromiso pagado coa vida, nós hoxe témolo máis fácil"

O decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Elías J. Torres Feijó, intervirá este domingo, 26 de novembro, na homenaxe que o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (Ieamso) organiza no 101 aniversario do asasinato de tres campesiños que se mobilizaban contra o pagamento das rendas forais que se mantiñan sobre as terras. Nós Diario conversa co decano arredor da memoria histórica galega. 

A ilustradora Tania Solla. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Tania Solla: "En 'Tinta do mar' debuxei o 'Prestige' afundido e Luísa Villalta coa bandeira de Nunca Máis"

Tania Solla ilustra oito das once biografías que compoñen a serie 'Mulleres Galegas' do colectivo Polo Correo do Vento, publicadas po Lela Edicións. Estes libros tratan o percorrido de vida de mulleres decisivas da Galiza. Acaban de publicar unha nova incorporación á colección, titulada Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villlalta, en lembranza da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
Xosé Cabido (Foto: Ena Barbazán)
25-N | Entrevista

Xosé Cabido: "Se os homes reproducimos o modelo patriarcal, estamos colaborando con aqueles que fan dano ás mulleres"

Xosé Cabido Pérez é profesor de Filosofía e impulsor de obradoiros de igualdade dirixidos a rapaces. Nestas charlas aborda cuestións como o feminismo, o machismo e a sexualidade, facendo fincapé na importancia de formar en igualdade.