entrevista

A artista natural de Cambados, Pauliña (Foto: Adras Martínez).
O verán de...

Paula Chaves, 'Pauliña': "En ningún sitio se vive como na Galiza"

Entrevistamos a artista Paula Chaves 'Pauliña' para o caderno de verán de 'Nós Diario'.
Miriam Jurado, a traballadora despedida por Ryanair (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Miriam Jurado, traballadora despedida de Ryanair por facer folga: "Pareciamos escravas do século XXI"

Miriam Jurado é unha ex traballadora da compañía irlandesa Ryanair en Compostela que foi despedida pola empresa por exercer o seu dereito á folga. 'Nós Diario' conversou con ela para coñecer de primeira man o acontecido tanto con ela como con múltiples outras traballadoras.
Manuel Caamagno, cantante do grupo Familia Caamagno, no centro da foto. (Foto: Aigi Boga)
Contracultura

Familia Caamagno: "A Xunta subvenciona a distribución de discos e as viaxes de grupos que non cantan en galego"

Manuel Caamagno, cantante do grupo galego Familia Caamagno, explícanos os detalles do novo traballo que están a preparar. Ao longo deste ano, a banda foi presentando algúns sinxelos que formarán parte do próximo disco, primeiro o tema de 'Xuntos', despois 'Samurai' e recentemente 'Romper Espagna'. Segundo adianta Caamagno, o disco levará o nome de 'O mundo está derrotado' e presentarase o 29 de outubro na Sala Capitol, en Compostela.
O presidente da AGAL, Eduardo Maragoto (Foto: AGAL).
O verán de...

Eduardo Maragoto: "Merecemos viver em galego sem agonias"

Entrevistamos o presidente da Associaçom Galega da Língua  (AGAL) para o caderno de verao de 'Nós Diario'.
A escritora compostelá Inma López Silva (Foto: I.L.).
O verán de...

Inma López Silva: "O meu mellor libro sempre é o último"

Entrevistamos a escritora compostelá Inma López Silva para o caderno de verán de 'Nós Diario'.
O restaurante Culler de pau, do chef Javier Olleros, atópase no Grove. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Javier Olleros: "Culler de pau naceu cunha filosofía clara de querer formar parte do lugar onde nos atopamos"

Javier Olleros, chef do restaurante Culler de pau, localizado no Grove, foi galardoado no mes de xuño coa Medalla Castelao. Culler de pau é o único restaurante na Galiza con dúas Estrelas Michelín e unha Estrela Verde polo seu compromiso co territorio. Como explica Olleros, “este proxecto nace do cariño ao lugar e da intención de formar parte del co noso traballo”, e sinala a importancia de coidar a paisaxe na que se atopan.
O triatleta compostelán Antón Ruanova (Foto: FETRI).
O verán de...

Antón Ruanova: "É imposíbel que non che guste Galiza"

Entrevistamos o triatleta compostelán Antón Ruanova para o caderno de verán de 'Nós Diario'.
Fani Triana, máis coñecida como a Maga Fani, fai maxia desde a igualdade. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Fani Triana: "Se no mundo do ilusionismo non hai mulleres é porque non se lles dá acceso"

Fani Triana, máis coñecida como a Maga Fani, é unha ilusionista que forma parte da 'Asesoría Máxica das Ideas' e en cuxas actuacións está sempre moi presente o tema da igualdade de xénero. A través dos seus espectáculos, a Maga Fani busca rachar co preestabelecido e, como ela mesma di, "conectar o máximo posíbel co público" pois sen conexión non hai arte. Triana refírese á importancia de tratar o tema da desigualdade en calquera tipo de actuación e considera fundamental non deixar de ser nunca unha mesma.
A actriz Catuxa Leira (Foto: Nós Diario).
O verán de...

Catuxa Leira: "A praia, canto máis salvaxe, mellor"

Entrevistamos a actriz Catuxa Leira para o caderno de verán de 'Nós Diario'.
Inés, Andrea, Estela, Marcela e Xiana son as integrantes do grupo A Banda da Loba (Foto: Nós Diario).
Contracultura

A Banda da Loba: "Queremos crear co público un espazo de transgresión social como foron os lavadoiros"

Inés Mirás, guitarrista de A Banda da Loba, fala do novo disco que o grupo está a presentar este verán. Mirás e as súas compañeiras, Andrea, Estela, Marcela e Xiana, están a levar por toda a Galiza o seu último proxecto, Xabón Lagarta, un traballo persoal e sincero no que as artistas tratan diferentes temáticas de interese social mais tamén as súas propias inquedanzas como grupo musical. Mirás fala da elaboración do disco que, como ela di, busca “rachar coas condutas individualistas que nos queren impor” e apela a volver á tribo.
O candidato do PP á Alcaldía de Compostela e deputado no Parlamento galego, Borja Verea (Foto: Arxina).
O verán de...

Borja Verea: "Gozarei do verán en Santiago ou Porto do Son"

Entrevistamos o candidato do PP á Alcaldía de Santiago de Compostela, Borja Verea para o caderno de verán de 'Nós Diario'.
A actriz, xornalista e presentadora Rocío Barrio. (Foto: Edu Pereira).
O verán de...

Rocío Barrio: "Son un pouco 'friki' de Frankenstein"

Entrevistamos Rocío Barrio para o caderno de verán de 'Nós Diario'.
A pianista rianxeira estudará música en Manhattan. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Aida Saco: "Existe un espazo para vivir da música, pero, se non se atopa, unha ten que crealo"

Aida Saco, pianista e compositora de Rianxo, acaba de recibir a bolsa Fullbright do Ministerio de Cultura, que só concede unha a nivel estatal, para estudar música na Manhattan School of Music a partir do mes de xaneiro. Saco mostra o seu agradecemento ante tal recoñecemento e explica o complicado que resulta abrirse camiño no mundo da música. Ademais, a pianista reivindica a necesidade de que as institucións amplíen a programación de música clásica.
A bióloga, activista, poeta e escritora presenta o seu novo libro.  (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Adela Figueroa: "Eu non teño relixión pero, se a tivese, sería a natureza da que todos formamos parte"

Bióloga, escritora, poeta, ensaísta e ecoloxista, Adela Figueroa está a presentar o seu último poemario, 'Matria. Poesía para a Terra', que ela mesma describe como poesía ecoloxista. A autora reivindica a necesidade de tratar a crise ecolóxica en calquera ámbito, tamén na poesía, pois, como ela mesma di, "é a parte máis sensíbel da natureza humana".
Roberto Abuín, comisario de Literatura e Pensamento das primeiras residencias artísticas de Mariñán. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Roberto Abuín: "A convivencia nas residencias crea ligazóns emocionais que estimulan a creación artística"

Roberto Abuín, coordinador de Axóuxere Editora, é o comisario da categoría de Literatura e Pensamento nas primeiras Residencias Artísticas de Mariñán (Bergondo), un proxecto da Deputación da Coruña que busca apoiar os procesos de creación de artistas do país. Nesta primeira edición, participaron Vanesa Martínez Sotelo e Andrés Sanjurjo, na modalidade de Literatura, e Paula Domínguez e Judith Ruso, na de Pensamento. No que respecta á modalidade musical, os grupos seleccionados foron Caamaño&Ameixeiras, Berto, Mario G. Cortizo e Xacobe Martínez Cuarteto Federal.
O artista valadourés Grande Amore (Foto: Janite).
O verán de...

Nuno Pico 'Grande Amore': "Parézome máis a unha planta de interior"

Entrevistamos o artista Grande Amore (Nuno Pico) para o suplemento de verán de Nós Diario.
A autora de banda deseñada Alicia Jaraba. (Foto: Thomas Samson / AFP)
Contracultura

Alicia Jaraba: "Segue a haber moito estigma sobre a banda deseñada, custa vela como un obxecto de cultura"

Alicia Jaraba Abellán (Vigo, 1990), licenciada en Filoloxía Hispánica e Francesa, foi consolidando pouco a pouco unha carreira prometedora no mundo da banda deseñada. Tras gañar varios premios, comezou a colaborar con editoras francesas, debuxando tomos para series como 'Les detectives du surnaturel' (Jungle Frissons, 2018) ou 'L'onde Dolto' (Seuil-Delcourt, 2019). Coa editora francesa Grand Angle aparece este ano 'Celle qui parle', unha obra que foi traducida ao castelán como 'Yo soy la Malinche' (Nuevo Nueve, 2022) e na que, por primeira vez leva as rendas de debuxo e guión. Será unha das convidadas no "Viñetas desde o Atlántico" deste ano, cunha exposición na Sala Palexco.

David Amor actúa durante o verán (Foto: La Marela).
O verán de...

David Amor: "Espero poder seguir actuando toda a miña vida"

Entrevistamos o actor David Amor no caderno Máis, o suplemento de verán de Nós Diario.
O actor arousán Carlos Blanco (Foto: Nós Diario).
O verán de...

Carlos Blanco: "Non veñades á Illa de Arousa, está saturada"

Entrevistamos o actor Carlos Blanco no caderno Máis, o suplemento de verán de Nós Diario.
Anxo Iglesias, gañador do Premio Merlín, convocado pola editorial Xerais, deste ano. (Foto: Cedida por Xerais)
Contracultura

Anxo Iglesias: "Hai que transmitir ás crianzas que a poesía é unha ferramenta incríbel para divertirse"

Anxo Iglesias (Vigo, 1967) é docente en Educación Física nun instituto de Gondomar e combina a súa profesión cun longo interese na dinamización cultural, a través de asociacións como Espazo Lectura, da que foi socio fundador e para a que coordinou clubs de lectura e desenvolveu outras actividades. Como músico, fai parte tamén da Banda dos Cueiros, nacida da consciencia da necesidade de crear un espazo para bebés vinculado a este proxecto. Este ano gañou o Premio Merlín (Xerais) con Unha nova dimensión, a segunda vez na historia do certame que o fai un libro de poesía, que será, ademais, a súa primeira publicación literaria.