entrevista

Ricardo Castro foi reelixido secretario xeral da CUT. (Foto: CUT).
TRABALLO

Ricardo Castro, secretario xeral da CUT: "Danse situacións de precariedade non coñecidas até o de agora"

A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) vén de reelixir Ricardo Castro como secretario xeral após o decorrer do VII Congreso Nacional do sindicato. Nós Diario conversa con Castro para coñecer as liñas de acción que seguirá o sindicato nos próximos cinco anos así como a importancia da acción sindical.
O disco 'Suor', do Rabelo, foi financiado a través dun micromecenado que conseguiu alcanzar os obxectivos. (Foto: Marcela Barsce)
CULTURA

O Rabelo: "Quería facer un traballo baseado no tradicional, mais envolvéndoo nunha sonoridade urbana"

'Suor' é o novo traballo do Rabelo, rapeiro impulsor dun proxecto artístico que "defende o dereito a ser quen somos para buscar a forma de sobrevivir nun mundo incerto". O seu anterior traballo, 'Que prenda a faísca', conta con diversos temas que tiveron unha grande acollida por parte do público como Somos legiom ou 'Sê mais cam'. 'Nós Diario' conversa co músico sobre Suor e sobre o panorama actual da música en galego.
Martina Anderson visitou a redacción de 'Nós Diario'. (Foto: Arxina)
INTERNACIONAL

Martina Anderson (Sinn Féin): "Teremos unha primeira ministra para toda a sociedade"

O Sinn Féin vén de conseguir ser a forza máis votada en Irlanda do Norte por primeira vez na súa historia. 'Nós Diario' conversou con Martina Anderson, responsábel das relacións con Europa deste partido, sobre a formación de Goberno en Irlanda do Norte e os principais retos que tería o Sinn Féin no liderado do Executivo.
O escritor e xornalista Miguel Sande aproveita a experiencia cotiá na súa obra (Foto: Distrito Xermar).
CULTURA

Miguel Sande: "A vida sería dalgunha maneira un pouco mellor se a ollásemos co filtro da poesía"

Miguel Sande resultou gañador do XXV Premio Johán Carballeira de Poesía convocado polo Concello de Bueu. O seu poemario, Brinde e desespero, salientou de entre cincuenta e sete obras presentadas nesta edición. Este poemario continúa, segundo el mesmo confesa, coa liña estilística e temática iniciada con Os filósofos xa non brindan con cicuta (Afundación, 2019). Este novelista e poeta conversa con Nós Diario sobre a obra galardoada e a súa profesión de xornalista.
Abraão Santos, diretor do Museu da Resistência Timorense (Foto: Nós Diario).
INTERNACIONAL

Abraão Santos, diretor do Museu da Resistência Timorense: "A independência de Timor é um direito inalienável"

Esta sexta feira cumprem-se 20 anos da restauração da independência de Timor-Leste, o primeiro Estado em se constituir no século XXI. No aniversário desta histórica data, Nós Diario conversa com Abraão Santos, diretor do Museu da Resistência Timorense e ex-membro da guerilha que lutou pela liberação do país.
Esta foi a única entrevista que concederá Valtònyc. (Foto: Vilaweb)
VilaWeb

Valtònyc: "Cría que me ían extraditar"

No titular di 'Valtònyc', pero seguramente sería máis correcto 'Josep Miquel Arenas'. Na entrevista que ten a continuación atopará máis que nunca a persoa que hai detrás de Valtònyc. Detrás daquel home forte, que sempre ten unha resposta elocuente, hai unha persoa que leva máis de dez anos sufrindo por se ten que entrar en prisión. Díxoo pouco. Non quixo mostrar as súas debilidades. Pero, agora que derrotou España definitivamente, agora que a Fiscalía xa anunciou que non recorrería contra o rexeitamento á extradición, quíxose mostrar tal e como é, nesta entrevista en VilaWeb. A única que concederá. Confesa que fechou unha etapa e agora quere vivir. Quere gozar da liberdade que lle quitaron hai dez anos, cando só tiña dezaoito.
Teresa Rodríguez encabeza a candidatura de Adiante Andalucía. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Teresa Rodríguez: "O centralismo é unha lacra para os pobos do Estado"

Adiante Andalucía concorre ás eleccións andaluzas de 19 de xuño como unha coalición de esquerda sen dependencia de forzas estatais. Nós Diario conversa con Teresa Rodríguez, líder e candidata desta formación, sobre as posicións políticas que defende e a súa aspiración de consolidar un espazo político andalucista.
Mohamed Safa naceu e viviu en Cisxordania até 1976. (Foto: Galiza por Palestina)
INTERNACIONAL

Mohamed Safa: "Israel quere baleirar de poboación palestina Xerusalén"

Mohamed Safa viviu a ocupación israelita sobre Palestina desde 1967 até que saíu da súa terra, en 1976. O escritor e activista vive actualmente en Cee, onde exerce como oftalmólogo. Nós Diario conversa con Safa sobre a situación en Palestina, cuestión que analizará este 10 de maio (20 horas) en Santiago nunha palestra na Fundación Araguaney organizada pola Fundación Galiza Sempre.
Roi Cuba, presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) no rego de Valdecorvos, en Pontevedra. (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Roi Cuba: "Debemos defender nós o noso"

O biólogo Roi Cuba (Lugo, 1987), presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) conversa con Sermos Galiza sobre as necesidades do país en termos de ecoloxía e os retos de futuro que enfronta. A invasión eólica, a eucaliptización ou o baleirado de encoros son problemáticas de transcendental importancia para o presente do país e para as futuras xeracións de galegas e galegos. 
Iria Veiga, no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Iria Veiga: "A saúde mental sempre é a última das prioridades malia ser das doenzas máis diagnosticadas"

Iria Veiga (Ferrol, 1981) é médica psiquiatra no Sergas e divulgadora científica. O interese pola ciencia vénlle de lonxe, pois da infancia lembra a serie 'Cosmos' e o libro 'O universo', de Isaac Asimov. Estas obras inspirárona para decantarse pola ciencia e a Medicina e para transmitir coñecementos complexos aos seus pacientes e ao público. Nos últimos anos, subliña, lográronse importantes avances na ciencia a prol da igualdade; mais, precisa, "mentres non haxa un reparto equitativo dos coidados, as mulleres nunca poderemos competir en igualdade de condicións".
Daniel González Palau presidente do Instituto Galego de . (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Daniel González Palau: "Lusofonía, Atlántico e diáspora son as chaves"

Daniel González Palau (Barcelona, 1983) é director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) desde 2017, un think tank relevante nas Relacións Internacionais, especialmente no relativo ao estudo da emerxencia da China e ten unha forte traxectoria de compromiso coas políticas públicas de acción exterior. Sermos Galiza conversa con el sobre a traxectoria e o futuro desta organización centrada na proxección internacional da Galiza e no entendemento do mundo desde o noso país.
Marta García, catedrática da Universidade da Coruña (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Marta García: "Descoñecemos o impacto da eólica mariña no futuro"

A coordinadora do grupo de investigación Dereito Público Global-Observatorio do Litoral da UDC, Marta García, intervirá este sábado na Coruña no marco das xornadas 'A enerxía eólica mariña nas augas españolas, solución ou problema'. Nós Diario conversa coa profesora García a respecto da polémica sobre a eólica mariña.
Omar Mansur, ministro do interior saharauí. (Foto: Joan Cabases Vega)
Entrevista

Omar Mansur: "Rabat usa armas españolas contra a Fronte Polisario"

Omar Mansur, actual ministro de Interior da República Árabe Saharauí Democrática, analiza o estado actual do conflito con Marrocos e a nova postura adoptada polo Goberno español. Mansur, nunha entrevista co medio vasco Berria, insta Rabat a permitir un referendo de autodeterminación no Sáhara Occidental.
Alberto Oubiña, concelleiro de Nomalización Lingüística en Pontevedra. (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Alberto Oubiña: "O traballo do exilio pola lingua non pode quedar esquecido"

Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística en Pontevedra, conversa con 'Nós Diario' a redor do novo coleccionábel deste xornal sobre as voces galegas no exilio, que conta co apoio da súa área. Oubiña pon en valor a contribución de todos os homes e mulleres que "deron a vida pola lingua e a cultura do país".
Néstor Rego recrimina a "falta de cumprimento" do PSOE dos acordos que alcanza. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Néstor Rego: "Votamos a favor do decreto por responsabilidade política, na defensa dos intereses da cidadanía"

Após a convalidación do decreto 'anticrise' no Congreso dos Deputados, 'Nós Diario' conversa co portavoz do BNG na Cámara Baixa, Néstor Rego —cuxo voto foi decisivo nunha axustada votación— sobre os compromisos que a formación nacionalista "arrancou" ao PSOE no proceso de negociación do citado decreto.
Arkaitz Rodríguez, secretario xeral de Sortu. (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Arkaitz Rodríguez: "O soberanismo vasco foi espiado toda a súa historia"

Arkaitz Rodríguez, secretario xeral do partido vasco Sortu, visitou esta quinta feira a Galiza para participar nunha palestra organizada pola Fundación Galiza Sempre, que levou por título 'Unha ollada estratéxica desde Euskal Herria'. Nós Diario mantivo unha conversa con Arkaitz Rodríguez aproveitando a súa estancia no noso país.
A artesá Elena Ferro, no seu taller. (Foto: Arxina)
CULTURA

Elena Ferro, artesá: "As redes sociais son fundamentais, pero nunca deixamos de vender nas feiras"

Elena Ferro (Merza, 1975) criouse "entre zocos e feiras". O seu avó, Perfecto, deu vida en 1915 a un pequeno negocio artesán que máis dun século despois segue operativo. Baixo a marca Eferro, Elena mestura tradición e modernidade nos seus deseños para demostrar que os zocos son pasado pero tamén futuro; ao igual que as aldeas como Merza, que reivindica como lugar idóneo para emprender un negocio. "Hai que coidar o que nos dá de comer", di, e o mesmo criterio aplica á situación da lingua galega: "Se os nosos nenos e nenas non falan galego perderemos parte da nosa cultura".

Alejandro López é autor de 'Ucrania. El camino hacia la guerra'. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Alejandro López, coordinador de 'Descifrando a guerra': "A guerra ucraína marcará o novo taboleiro xeopolítico"

O antropólogo e analista internacional Alejandro López é coordinador no medio de comunicación Descifrando la guerra, especializado no seguimento e na análise da política internacional. López vén de publicar o libro 'Ucraína. O camiño cara á guerra', Nós Diario fala co autor sobre esta publicación.
Profesor e deportista Joe Cleverley é un apaixonado da Galiza. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

Joe Cleverley, maratoniano: "Aprender galego foi unha cuestión de respecto"

O nome de Joe Cleverley (Manchester, 1985) pode que non sexa o máis coñecido entre o gran público, pero agocha unha historia de superación na que á súa introdución tardía nun deporte tan duro como o maratón engade o feito de ser un namorado da Galiza que presume con orgullo, ademais, 
de falar galego.
Xóse Luis Rivas, 'Mini', nunha intervención no Parlamento galego. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Xosé Luís Rivas Cruz, 'Mini': "É necesario seguir reivindicando, polo menos oitenta anos máis"

Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, o home da longa barba branca. Un elemento característico dun persoeiro dedicado á docencia, á música, á política... Conta que a barba era símbolo de rebeldía nalgún tempo, que era unha forma de rabuñar espazos de liberdade. “Por iso deixabas as greñas, falabas galego... iso era o que provocaba, de iso se trataba”.