entrevista

O actor Federico Pérez (Foto:  Nós Diario).
O verán de...

Federico Pérez: "Os que mandan deben apoiar máis a cultura"

O actor 'Morris' comezará a gravar unha nova serie. (Foto: Nós Diario).
O verán de...

Antonio Durán 'Morris': "Faime moita ilusión poder interpretar Allende"

Beatriz Legerén, profesora e pioneira do videoxogo na Galiza. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Beatriz Legerén: "Un videoxogo é un proxecto complexo que involucra moitos ámbitos distintos"

Formada en Historia da Arte, Beatriz Legerén (Vigo, 1964) é profesora na Universidade de Vigo, en Comunicación Audiovisual, onde imparte materias relacionadas co deseño e desenvolvemento de proxectos interactivos, produtos transmedia e videoxogos. O seu interese por este último mundo é, porén, anterior: durante vinte anos participou de Pixel Graphics, un proxecto á beira de Interacción, a primeira empresa galega en lanzar un videoxogo: 'O templo' (2003), ambientado no mundo celta.
Serafín González é biólogo e investigador do CSIC. (Foto: S.G.)
Entrevista

Serafín González (SGHN): "Coa calor os solos liberan CO2 adicional á atmosfera"

Secas máis intensas e prolongadas, maior risco de incendios... Os últimos episodios de calor extrema advirten dunha crise climática que pon o foco na xestión actual da contorna e o aproveitamento dos recursos naturais. 'Nós Diario' conversa ao respecto con Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.
Xosé Manuel Beiras (Imaxe: Arxina)
Entrevista no 'Sermos Galiza' deste sábado

Beiras: "Vexo posíbel unha alternativa ao PP para 2024"

Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936) vén de publicar Retratos en fite (Laiovento), unha compilación de perfís de persoas coas que tivo relación. A saída desta obra coincide cos cincuenta anos da primeira edición d'O atraso económico da Galiza, que defende a tese de que a Galiza é unha colonia. "Sígoa mantendo", asevera un Beiras que explica que "estamos peor que hai 40 anos". Nunha demorada conversa, ofrece unha análise da actualidade sociopolítica e económica. Falarmos de todo isto, exemplifica, "é como comer cereixas, colles unha e non paras". Publicamos un pequeno extracto da entrevista, que poderá lerse íntegra no 'Sermos Galiza' que acompaña este sábado 'Nós Diario', á venda nos quioscos.
Lorena García Álvarez, creadora de Na utopía. (Foto: Raquel Xallas)
Contracultura

Lorena García: "Os obradoiros en liña son un bo modo de completar a formación e ampliar intereses"

Lorena García Álvarez (Aguiño, Ribeira, 1992) é ideadora e xestora da plataforma de obradoiros online en galego 'Na Utopía'. Tras formarse en Deseño Gráfico na Escola Ramón Falcón de Lugo vive unha experiencia laboral de catro anos en Madrid vinculada ao márketing. 'Na Utopía' (nautopia.gal) representa un camiño de regreso á Galiza e tamén un proxecto cunha dimensión colectiva que lle permite enlazar intereses e loitas. Ao mesmo tempo, é unha creadora incansábel e como proxectos paralelos destacan a súa canle de ASMR en Youtube 'Na utopía non existe a vertixe' e a colaboración en 'Gallifrey Ceive', podcast sobre a serie 'Doctor Who'.
O escritor e profesor Ignacio Vidal Portabales, autor da obra galardoada 'As horas dunha illa remota'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Ignacio Vidal Portabales: "Escribo porque é algo que me acouga e o meu principal obxectivo ao facelo é divertirme"

Ignacio Vidal Portabales (Compostela, 1958), profesor de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela, aínda non hai dez anos que lanzaba a súa primeira novela, 'Dióxenes en Dolorida' (Xerais, 2013), tras ser distinguido co prestixioso Premio Blanco Amor. Desde entón vai acumulando narrativa e premios a un ritmo notábel e este ano abordaba tamén un xénero esixente como o infanto-xuvenil coa novela 'Sangue no dron' (Xerais, 2022). A semana pasada, o xurado do Manuel García Barros da Estrada anunciaba que a súa obra 'As horas dunha illa remota' resultara gañadora da edición deste ano. Unha nova novela que verá a luz con Galaxia en decembro.
O escritor de Corcubión Manuel Vázquez. (Foto: Arxina)
Contracultura

Miguel Vázquez Freire: "A 'Historia Compostelana' recoñece que o das reliquias foi un roubo, aínda que pío"

Miguel Vázquez Freire (Corcubión, 1951) é coñecido pola súa vinculación coa literatura infantil e xuvenil. A súa obra 'Proxecto pomba dourada' (Vía Láctea, 1987) é unha das máis emblemáticas do xénero nos anos 80, ao que dedicou moitas outras e aínda traballos como a crítica, a edición ou a tradución, alén de dirixir proxectos como a revista 'Golfiño'. Porén, esta dedicación non chega para resumir unha carreira na que ademais aparece a poesía, as novelas para adultos e tamén ensaios dos máis variados temas. Este ano sorprendíanos co libro 'De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades' (Positivas, 2022).
José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador da D.O. de Valdeorras. (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

José Luis García Pando: "A principal fortaleza dos viños galegos é a súa calidade"

José Luis García Pando é o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe (D.O.) de Valdeorras. A súa é unha vida marcada pola produción vitivinícola xa que foi á idade de catro anos cando experimentou a súa primeira vendima. A D.O. que preside destaca pola súa produción de godellos de gran calidade no relativo aos viños brancos e de mencía no que respecta aos tintos. 
A escritora e xornalista compostelá María Solar. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María Solar: "Non penso como encaixar en xéneros ou públicos cando escribo unha historia"

María Solar (Compostela, 1970), escritora e xornalista nos medios públicos galegos, recibía hai uns días a noticia de que gañara o Premio Xerais 2022 coa novela 'A culpa', que vai ser editada en novembro. Trátase dun galardón que sumar a unha longa lista de recoñecementos que, tal e como nos conta, premian unha escrita que busca a fidelidade ao proxecto creativo máis aló de etiquetas.
O crítico Manuel Barreiro, co Premio María Luz Morales e o cartaz de 'Mamasunción'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Manuel Barreiro: "O filme 'Mamasunción' chegou ao universal a través da súa conexión co local"

Manuel Barreiro (Forcarei, 1972) ten unha faceta moi recoñecíbel como divulgador e crítico de banda deseñada, á que dedicou, coa actriz Neves Rodríguez, o emblemático podcast 'Metrópoles Delirantes'. Porén, da súa traxectoria tamén poden destacarse os anos de traballo como técnico audiovisual e o camiño inverso que o levou a cursar despois Comunicación Audiovisual e facer un máster en Comunicación Política. Desta faceta provén o Premio María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual que vén de gañar este ano por segunda vez, nesta ocasión falando de cinema. Un traballo que pode lerse na web da revista 'A Cuarta Parede'.
O domingo pasado, González foi desaloxado da súa  vivenda. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Adrián González, veciño de Santa Eufemia: "Os veciños salvaron todos os núcleos do Courel"

Adrián González é veciño da parroquia de Santa Eufemia no Courel. Leva desaloxado da súa vivenda desde o pasado domingo. Após ter participado todos estes días nos traballos de extinción de incendios na súa localidade, explica a Nós Diario a súa situación persoal actual e dá a súa versión sobre o acontecido.
Ramón Romero céntrase na parte da locución en 'Léocho?'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Ramón Romero: "O audiolibro simplemente é unha forma diferente de consumir literatura"

Ramón Romero (Cambados, 1992), xornalista pola USC profesionalizouse en cursos de locución, publicidade e documentais. Despois de pasar pola Radio Galega tivo diferentes traballos, entre eles, o de gravar audiolibros en castelán. O contacto con ese mundo fixo que, xunto a Silvia Fernández (Cambados, 1993), filóloga, botasen a andar hai uns días 'Léocho?', a primeira editora destas características en lingua galega, onde el leva a parte da locución e ela céntrase sobre todo nos aspectos de corrección lingüística.
O xornalista e escritor Diego Giráldez. (Foto: Mateo H. Soto)
Contracultura

Diego Giráldez: "A realidade é o meu principal referente literario"

Diego Giráldez (O Porriño, 1976) é coñecido por unha longa traxectoria xornalística, profesión á que segue vinculado e pola que é finalista do Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego deste ano. Debutaba tamén como narrador en 2016 con Galería de saldos, colección de relatos á que seguiu a novela Hotel para coleccionistas discretos (2019). Este ano aparece O meu sangue, unha obra que volve sorprender e sobre a que falamos neste caloroso xullo.
Saúl Rivas na presentación de Xeosónica, no Museo do Mar de Vigo. (Foto: Aigi Boga)
CULTURA

Saúl Rivas: "Xeosónica nace da consciencia da ausencia de silencio para crear un convite artístico á escoita"

Saúl Rivas (Lugo, 1983) é o creador detrás de Xeosónica, un proxecto da produtora Undodez que reivindica o valor dos sons accidentais, vinculados ao espazo e entendidos tamén como unha fonte para a creación artística. A idea, que botou a andar cunha axuda á creación dixital do Ministerio de Cultura, trata de pór en valor unha parte do patrimonio natural e cultural da Galiza pouco representado e recoñecido. Ademais dos actos públicos que terán lugar ao longo do mes de xullo, a produción é accesíbel a través da súa web xeosonica.gal.
A arpista Beatriz Martínez xunto ao músico Diego Langarica. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Beatriz Martínez, arpista: "A arpa ten algunhas características moi curiosas, unha delas é que enseguida atrae"

Beatriz Martínez, unha das figuras con máis proxección na Galiza no eido da arpa céltica, presenta o seu primeiro CD en solitario, Tal como as nubes, dentro da programación do Noia Harp Fest (4 de agosto, Xardíns da Central do Tambre, Noia, 19.30 horas). Martínez ten dado concertos en solitario ou formando parte do Rodrigo Romaní Trío e figurado nos carteis do Edinburgh Folk Harp Festival ou do Intercéltico de Lorient. Tanto no festival como nas presentacións que terán lugar estes días en Braga e Porto estará acompañada ao bouzouki e á guitarra clásica polo tamén membro de Sondeseu e Ghaveta: Diego Langarica. En conversa con 'Nós Diario' explica como foron os seus inicios e a razón de estrearse cun traballo discográfico en solitario.
Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón (Foto: Concello de Narón).
POLÍTICA

Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón: "Para ser alcaldesa, como en todos os ámbitos da sociedade, ser muller implica un plus de dificultade"

Marián Ferreiro é alcaldesa de Narón desde 2017, após a renuncia do seu antecesor no cargo , Xosé Manuel Branco. Nas eleccións de 2019 revalidou o seu posto como rexedora pola candidatura de Terra Galega. Nós Diario conversa con Ferreiro sobre Narón e os plans de futuro para a localidade.
Fayez Elemare estivo esta semana na Galiza. (Foto: Xabicas)
Palestina

Fayez Elemare: "O pobo palestino seguirá firme na defensa da terra"

Fayez Elemare vive no campo de refuxiados de Jabalia, na Franxa de Gaza, e estivo na Galiza representando a Unión Independente de Comités Obreiros Palestinos no Congreso da Central Unitaria de Traballadoras. 'Nós Diario' conversa con el para coñecer de primeira man como se desenvolve a loita contra o apartheid israelí.
Mondésir é tamén membro da dirección nacional do Consello Nacional dos Comités Populares (CNCP). (Foto: Ibai Trebiño)
Ex parlamentario da Martinica

Edmond Mondésir: "Loitamos por unha identidade martiniquesa aberta ao resto do mundo"

Ante as eleccións do domingo en Francia, conversamos con Edmond Mondésir (Fort-de-France, Martinica, 1948), político independentista e anticolonial da illa caribeña da Martinica (territorio con status de rexión francesa), coñecido tamén pola súa militancia musical e o seu activismo pola lingua crioula. Foi parlamentario no Consello Rexional da illa (2004-2008) coa lista 'Patriotas', naquela histórica lexislatura con maioría absoluta independentista.

O rexedor da cidade de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no seu gabinete. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press).
Alcalde de Pontevedra

Miguel Anxo F. Lores: "Teño ilusión por seguir facendo avanzar Pontevedra"

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, é impulsor dun modelo de cidade premiado internacionalmente. Nós Diario aborda co rexedor da cidade do Lérez o 'Modelo Pontevedra' así como as súas expectativas para as eleccións municipais que decorrerán en menos de un ano.