entrevista

O rexedor do Concello das Neves, Xosé Manuel Rodríguez (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves: "A aldea modelo é unha resposta ao abandono estrutural de superficies cultivábeis e forestais"

Hoxe comeza a Feira do requeixo e o mel das Neves, unha festa que é toda unha institución neste concello do Condado. O alcalde do municipio, Xosé Manuel Rodríguez, atendeu Nós Diario para tratar polo miúdo a feira gastronómica e para tamén conversar sobre as problemáticas e retos de futuro desta localidade. 
A camariñá Dolores Lema, dirixe a Mostra do Encaixe desde hai dúas décadas. (Foto: Cedida)
CULTURA

Dolores Lema: "O alumnado da Escola de Encaixe de Camariñas asegura o futuro da tradición"

Despois de dous anos en que a pandemia de Covid-19 e as medidas sanitarias que se derivaron dela impedisen unha celebración normalizada, a Mostra de Encaixe de Camariñas chega á súa 31ª edición cun regreso á normalidade que non renuncia a novidades como VodaEncaixe. Dolores Lema, directora da Mostra, afirma estar feliz por volver ás datas de sempre e fechar esta paréntese de dous anos. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, dirixe o encontro desde hai vinte anos e segue tan ilusionada como o primeiro día.
Jorge Candán e Pilar Barros forman equipo no deporte e na vida. (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

Pilar Barros, campioa do mundo de vídeo submarinismo: "Somos como depredadoras que coleccionan imaxes"

Tres veces campioa estatal, seis do mundo e un obxectivo: facerse co título europeo en Madeira no ano 2022. Esa é a misión da pontevedresa Pilar Barros (1969), que xunto co seu compañeiro Jorge Candán continúa brillando con luz propia nunha peculiar disciplina que combina arte e submarinismo.
'Andar descalza' ou 'Dente de leite' son outras obras de Arancha Nogueira (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Arancha Nogueira: "O libro trata sobre os procesos de mudanzas e sobre atopar formas de comunicación"

Ademais de facer referencia ao proceso de floración das plantas, 'Antese' é unha obra da escritora Arancha Nogueira. Logo de facerse co Premio Victoriano Taibo no 2021, o poemario vén de ser publicado pola Editorial Galaxia.
O doutor en Bioclimatoloxía, Dominic Royé. (Foto: Santi Alvite / USC)
SOCIAL

Dominic Royé, doutor en Bioclimatoloxía: "A carencia de auga vai facer que vire en ouro"

Hoxe conmemórase o Día Mundial da Auga e con motivo desta data sinalada 'Nós Diario' conversa co experto ambientalista, investigador na USC e doutor en Bioclimatoloxía Dominic Royé arredor do risco que existe a respecto de problemas hídricos e as súas consecuencias a nivel global e galego.
Carlos Méixome Quinteiro (Foto: Xabicas).
CULTURA

Carlos Méixome: "A represión no Baixo Miño foi brutal"

Carlos Méixome, da man de Laiovento, volve cun novo volume sobre a represión na Galiza, 'O terror nas Tebras e outras catas na memoria'. Após o seu traballo arredor da represión franquista no Val Miñor, achégase agora ao Baixo Miño en busca de da historia esquecida das vítimas.
Míriam González, nunha visita á cidade ucraína de Odesa (Foto: Nós Diario).
INTERNACIONAL

Míriam González: "Unha solución sería buscar un sistema de garantías para Ucraína; a entrada na OTAN non está prevista"

Míriam González Francisco é xornalista especializada en Rusia e o espazo pos soviético e colaboradora do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi). 'Nós Diario' conversa con ela sobre a guerra desatada en Ucraína a raíz da invasión rusa do pasado 24 de febreiro e das súas causas e consecuencias futuras.
O xornalista galego Ignacio Ramonet. (Foto: Editions Galilée)
SOCIAL

Ignacio Ramonet: "Había formas de atopar unha resposta diplomática"

O conflito desatado entre Rusia e Ucraína abre a porta a unha nova idade xeopolítica, para tratar esta cuestión, desde Nós Diario falamos con Ignacio Ramonet (Redondela, 1943), xornalista que reside en Francia e experto en relacións internacionais, así como director da publicación Le Monde diplomatique en español.

O xornalista Pascual Serrano nunha imaxe de arquivo. (Foto: Pascual Serrano)
SOCIAL

Pascual Serrano: "Non se pode dar exemplo de liberdade fechando medios"

Após a decisión no seo da Unión Europea de censurar os medios estatais rusos, Nós Diario fala da cobertura mediática da guerra en Ucraína con Pascual Serrano (1964), xornalista valenciano que aborda temas internacionais e colabora en distintos medios, entre eles Sputnik, un dos afectados.
Gabri Fuentes, vocalista de Acouga, durante o proceso de gravación (Foto: Cedida).
'Novo paradigma', primeiro tema da banda

Gabri Fuentes (Acouga): "Tentamos facer música en galego sen ter que falar necesariamente do propio idioma"

Unha fusión de rock, metal, pop e hardcore nunha mestura enerxética. Son as liñas que segue a proposta do grupo Acouga, integrado por Carlos de Castro (guitarra e voz), Gabri Fuentes (voz), Luís González (baixo) e David Martínez (batería). Chegados desde Pazos de Borbén, a banda presentou recentemente o seu primeiro tema, Novo paradigma. 'Nós Diario' conversa con Gabri Fuentes, vocalista do grupo.
O sociólogo e xornalista Daniel Seixo atendeu 'Nós Diario' antes de impartir unha palestra sobre o conflito en Ucraína (Foto: Arxina).
INTERNACIONAL

Daniel Seixo: "Damos por certas as informacións dos EUA e esquecemos o papel que xogaron en Iraq"

O sociólogo e xornalista Daniel Seixo protagonizou esta cuarta feira en Compostela o relatorio 'Quen ameaza quen. Chaves no conflito na Ucraína', organizado polo colectivo internacionalista Mar de Lumes. Antes de intervir atendeu 'Nós Diario' para sinalar as causas, e as consecuencias, da aguda crise entre a OTAN e Moscova.
Bosco participou nunha palestra da man da A.C. Alexandre Bóveda e nunhas xornadas de Arredistas.
INTERNACIONAL

Gian Michele Bosco: "Para paliar o despoboamento, Lucano propuxo acoller migrantes"

Aproveitando a súa presenza na Galiza, conversamos con Gian Michele Bosco, avogado calabrés que defende catro persoas que foron condenadas, ao tempo que o antigo alcalde do municipio de Riace, Domenico Lucano, após desenvolver un modelo de integración dos migrantes coñecido a nivel internacional.
Carlos Garrido.
LINGUA

Carlos Garrido: "A codificaçom oficialista tem umha parte importante de culpa na regressom do galego"

Carlos Garrido publicou o seu novo livro O escándalo do léxico galego editado por Edicións Laiovento.
Tanxugueiras no Benidorm Fest. (Foto: Rocío Cibes)
CULTURA

Aida Tarrío: "A boa acollida que tivemos no Benidorm Fest fai que nos sintamos as gañadoras"

Aida Tarrío relata para 'Nós Diario' a experiencia do Benidorm Fest e toda a repercusión derivada do evento así como os plans de futuro do grupo.
Juan Gestal é experto en Medicina Preventiva e Saúde Pública (Foto: Nós Diario).
Juan Gestal, autor de 'Pandemias' e profesor emérito da USC

Juan Gestal: "É necesario prepararse para a próxima pandemia"

Juan Jesús Gestal Otero (Muros, 1947) vén de presentar a versión galega de 'Pandemias, as epidemias que asolaron a humanidade', un libro que fai memoria doutras doenzas letais e do seu impacto na sanidade moderna. Ningunha como a da Covid, di, alentou a ciencia e alertou dos déficits do sistema.
A doutora Nercellas foi convidada esta cuarta feira ao Parlamento polo BNG, que preguntou ao Goberno galego polo seu expediente (Foto: Arxina).
Fátima Nercellas, doutora do CHUS

"É a terceira vez que intentan abrirme un expediente e é unha clara represalia"

A deputada do BNG Iria Carreira preguntou no pleno do Parlamento desta cuarta feira ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, polo expediente de sanción aberto á doutora do CHUS Fátima Nercellas após atender dous pacientes nos corredores de Urxencias e pasalos á sala de observación, unha decisión que a médica vincula á súa actividade no sindicato Omega. Nercellas responde as preguntas de 'Nós Diario' a respecto desta polémica.
'Cantares da miña terra' e 'Lembranzas' son algúns discos de Xoán Rubia (Foto: Ovidio Aldegunde).
CULTURA

Xoán Rubia: "Cantar letras que puidesen ter incidencia á hora de espertar conciencias era case subversivo"

"Un home valente e coherente, que soubo extraer o imprescindíbel da súa existencia musical e escolleu sonoros riscos de humor para amenizar o discurso". Así describe Xavier Alcalá a Xoán Rubia no prólogo do libro Pasaba por alí. E quedei un intre (Galaxia). Nel, o cantautor mugardés recolle as vivencias da súa fonda traxectoria musical.
O patinador de Oleiros é o actual subcampión europeo (Foto: RFE Patinaxe / Raniero Corbelletti).
Campión mundial júnior de patinaxe artística

Lucas Yáñez: "Non me poño límites, quero ser campión do mundo absoluto"

Cando un pensa en 2004 o primeiro que lle vén á cabeza é "pero se iso foi onte". Mais xa hai galegos nados nese ano que destacan, e de que modo, no mundo do deporte. É o caso do oleirense Lucas Yáñez, que logo de proclamarse campión do mundo Júnior de patinaxe artística xa pensa en ser o mellor  tamén entre os maiores.
O presidente de Agromuralla, José Luis Pérez, o pasado 31 de decembro na súa explotación leiteira. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Presidente de Agromuralla: "Temos que buscar o consenso e defender unha liña común"

A entrada en vigor da Lei da Cadea Alimentaria pouco ten mudado a situación das granxas de leite do país, que seguen a exixir unha suba de prezos á industria polo leite que lles venden. Entidades como Agromuralla van máis aló e ameazan cunha folga de entregas se a industria non atende ás súas demandas. Falamos co seu presidente, José Luis Pérez.
Álvaro Mena no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. (Foto: Gabinete de comunicación do Chuac)
SOCIAL

Álvaro Mena: "As persoas non vacinadas e non expostas teñen unha situación de moito risco, como abril ou maio de 2020"

Coa Galiza superando por primeira vez os 50.000 casos activos de Covid-19 desde o comezo da pandemia hai pouco menos de dous anos, desde Nós Diario falamos con Álvaro Mena, médico internista na Unidade de Enfermidades Infecciosas do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.