ERE

Declaracións á prensa despois da reunión do Comité de Empresa de Mafecco co(a)s portavoces do BNG na Coruña e Arteixo e a responsábel da CIG-Téxtil.
A EMPRESA TÉXTIL DESLOCALIZA A SÚA PRODUCIÓN

O ERE en Mafecco deixaría na rúa a máis da metade das traballadoras

Os voceir@s nacionalistas nos concellos da Coruña e Arteixo, Xosé Manuel Carril e Silvia Seixas, e a secretaria nacional da CIG-Téxtil, Dores Martínez Castelo, reuníronse esta mañá coa presidenta de Mafecco, Luísa Sánchez, e outras membros do Comité de Empresa, para falaren da situación das empregadas.