Euskal Herria

jarraia85537
Euskal Herria

A organización xuvenil da esquerda abertzale descubre nas súas sedes dispositivos de espionaxe

Só horas despois de que o director do Centro Nacional de Intelixencia negase no Congreso seguimento ou espionaxe a organizacións políticas, Ernai presentou ante a prensa dispositivos de seguimento que descubririon nas súas sedes e que atribúen ao CNI.

Curros e Euskal Herria

Celanova é unha vila galega, capitalidade dunha bisbarra ourensán da nación fisterral. Enfeitiza o casco urbano  un impresionante mosteiro, fundado por San Rosendo, e unha sinxela e pudorosa igrexa suevo-visigótica, a de San Miguel. Emporiso, unha das glorias meirandes desta vila é o ter sido berce de dous grandes vates galegos, Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

Euskal Herria

Inés del Río abandona a prisión de Teixeiro após 26 anos de cadea

A presa basca abandonou a primeira hora da tarde o cárcere de Teixeiro. Após a sentenza ditada polo Tribunal europeo de Dereitos Humanos a Audiencia Nacional española decretou a súa posta en liberdade por unanimidade, tamén co apoio da Fiscalía Xeral do Estado. Londres tamén decreta a posta en liberdade condicional de Antonio Troitiño, quen se achaba preso na capital británica en espera de ser extraditado.

Manifestación pola liberdade de Otegi
Euskal Herria

Otegi: catro anos preso, cero motivos

Arnaldo Otegi cumpre este mes de outubro catro anos preso. Este sábado unha manifestación en Elgoibar, a súa vila natal, pedirá a súa liberdade. Unha petición que roza a unanimidade nunha sociedade tan heteroxénea politicamente como a vasca.

@naiz
Euskal Herria

E pinga a pinga... un océano cidadán asulagou Bilbo en solidariedade con Herrira

'Pinga a pinga, polos dereitos d@s pres@s vasc@s' foi a faixa tras a que marcharon ducias de milleiros de persoas para dicir, mais unha vez, ao Estado español que abonda xa de represión e criminalización.

Euskal Herria

Conceden a liberdade a Galindo, o xeneral que desde Intxaurrondo dirixiu a guerra suxa contra ETA

Estaba condenado a 75 anos de cárcere polo secuestro, tortura e asasinato de Joxean Lasa e Joxi Zabala, dos que só cumpre 4 anos e 4 meses. Desde 2005 estaba en terceiro grao.

Deputad@s de BNG, Amaiur e ERC
POLÍTICA

A autodeterminación de Galiza, Euskal Herria e Catalunya irrompe no Congreso español

As tres formacións soberanistas -BNG, Amaiur e ERC- levarán a vindeira terza feira á Cámara española o debate sobre o dereito a decidir dos pobos a través dunha proposición non de lei conxunta. Unha iniciativa que chega tras o reiterado veto da mesa do Congreso a tramitar unha lei que recoñeza o dereito a decidir.

SOCIAL

Solidariedade galega con Euskal Herría perante a detención de 18 integrantes de Herrira

A organización nacionalista Galiza Nova emitiu un comunicado de imprensa en que cualifica a operación policial ordenada pola Audiencia Nacional española como "un claro exemplo do mantemento de dinámicas de guerra en tempos de paz". Aliás, ducias de persoas secundaron a concentración convocada en Compostela polo colectivo antirrepresivo Silveira.

Euskal Herria

Naiz acha que a operación contra Herrira mostra "a involución en toda regra" do Estado

Nun editorial, o xornal próximo á esquerda abertzale cualifica a acción da Audiencia Nacional contra Herrira como "un grave atentado contra as liberdades e os dereitos humanos".

Senadora Amaiur
Euskal Herria

Axentes da Ertzaintza cargan en Hernani e ábrenlle a cabeza a unha senadora de Amaiur

A tensión recrúa en Euskadi após o golpe da Audiencia Nacional contra Herrira, o colectivo que defende os dereitos d@s pres@s de ETA.

Garda Civil
Euskal Herria

18 detid@s na redada da Garda Civil contra o movemento polos dereitos d@s pres@s vasc@s

A Audiencia Nacional ordenou o peche de todas as sedes que Herrira ten en vilas e cidades vascas, así como a clausura de 32 perfís de twitter, 125 de faceboock e 38 páxinas web, e o bloqueo das súas contas bancarias. O operativo segue aberto. A Audiencia Nacional acusa @s detid@s de "enaltecemento, integración e financiamento de banda armada"

Arnaldo Otegi nun acto público
Euskal Herria

Otegi, a favor dunha estratexia de liberación que "non dependa de ninguén que non sexa o noso propio pobo"

O líder da esquerda abertzale concede desde o cárcere unha entrevista en que afirma de maneira taxativa que o proceso de resolución do conflito vasco "non existe porque non existe vontade dos estados --español e francés-- de nos respectar como nación con dereito a decidirmos libre e democraticamente sobre o noso futuro".

[Imaxe: NAIZ]
Euskal Herria

EH Bildu presentou Euskal Bidea, a 'Vía vasca'

A coalición inicia con este proxecto o seu propio proceso soberanista e anima á cidadanía vasca a participar perante a inacción dos Estados español e francés

Acto de EH Bildu en el BEC (Marisol RAMIREZ / ARGAZKI PRESS)
INTERNACIONAL

Eh Bildu estuda unha alianza con forzas doutras nacións de cara ás europeas

A coalición mantivo nos meses de verán contactos con formacións políticas doutras nacións do Estado

Euskal Herria

EH Bildu maniféstase pola soberanía en Bilbo gravad@s por orde da Audiencia Nacional

O tribunal español ordenou @s axentes da Garda Civil, a policía española e a Ertzaintza que gravasen a mobilización que congregou a milleiros de persoas en Bilbo

manifestación presos
Euskal Herria

Un xulgado suspende de forma cautelar á ‘chupinera’ vetada polo Goberno español

Pide ao concello de Bilbao que xustifique o nomeamento de Jone Artola, após o recurso presentado pola Avogacía Xeral que recorre a súa elección.

manifestación independentista
POLÍTICA

O Goberno español veta a unha 'chupinera' en Bilbao por motivos ideolóxicos

A Delegación gobernativa de Madrid na Comunidade Autónoma Vasca quere evitar que Jone Artola protagonice o inicio das festas de Bilbao, tal e como lle corresponde pola quenda de comparsas, porque pertence a Etxerat e foi candidata da esquerda abertzale.

Bildu
Euskal Herria

O Goberno de Bildu en Donostia impulsa unha campaña contra as agresións machistas en Festas

O concello difundirá o lema “Non é Non” para evitar unha violencia que adoita aumentar durante a Semana Grande que comeza este sábado. A campaña estenderase durante todo o verán.

Concello navarro de Atxarri-Aranatz
Euskal Herria

Goberno español require a 42 concellos navarros para que penduren a bandeira de España

O Tribunal Superior de Xustiza de Nafarroa vén de obrigar, mediante sentenza firme, a dous concellos, Altsasu e Olazagutia, a "colocar a bandeira española no exterior da fachada das súas casas do concello e ocupando lugar preferente no interior do edificio”. A delegación do goberno en Nafarroa requeriu a 42 municipios a que puxesen a bandeira española

Euskal Herria

15 anos do fechamento de Egin

Esta segunda feira cúmprense 15 anos da clausura do diario Egin e da emisora do mesmo grupo, Egin Irratia, por orde do xuíz Baltasar Gazón. Do sumario 18/98 que instruíu a causa contra o xornal sairía a idea da "contorna" e do "todo es ETA". Embora o Tribunal Supremo invalidase en 2009 o encerramento ao considerar que non se axustaba a dereito, 12 d@s xornalist@s e traballador@s de Egin continúan aínda en prisión