Exército

Morsi Exipto
INTERNACIONAL

Miles de partidarios de Morsi manteñen a súa mobilización após o Exército golpista masacrar 70 persoas

Foi unha nova matanza. O 8 de Xullo o Exército golpista matou 50 persoas, concentradas perante o edificio no que se achaba secuestrado Morsi. Na madrugada do sábado, dispararon a matar contra unha concentración pacífica de partidarios dos Irmáns Musulmáns, nas inmediacións da mesquita Rabea al Adauiya.

Merkel
INTERNACIONAL

Bild revela que o Exército alemão utiliza desde 2011 o sistema de espionagem denunciado por Snowden

A chanceler Angela Merkel mentiu à opinião pública alemã e internacional quando disse que não conhecia o programa PRISM de espionagem norte-americana, uma vez que o exército alemão já o utiliza desde 2011, revela o jornal alemão Bild.

[Imaxe: Operamundi]
INTERNACIONAL

A Irmandade Musulmá chama a "erguerse" contra o exército após a vaga de asasinatos

O Partido Xustiza e Liberdade --brazo político da Irmandade Musulmá-- chamou a través dun comunicado público á intifada (levantamento, en árabe) contra o exército. O partido salafista Al-Nur abandona as negoacións e retira o seu apoio ao golpe

Exipto
INTERNACIONAL

Varios mortos en Exipto ao abrir fogo o exército contra @s manifestantes

Ducias de milleiros marcharon en varias cidades en rexeitamento do golpe de Estado. A Unión Africana suspende a Exipto. Nas últimas horas morreron máis de 30 persoas a resultas do golpe militar

INTERNACIONAL

Fotoxornalista denuncia que 'El País' coñecía e ocultou as torturas do exército español en Iraq

No seu blogue describe como el propio informou ao diario de que o tradutor Flayeh al Mayali, que traballou durante meses para @s reporteir@s de El País desprazadas a Bagdad, fora secuestrado e torturado. Porén, malia ter sido traballador seu, non publicou nin unha liña sobre este tema durante dez anos. Este domingo abriu a súa edición dixital cun video en que denuncia os malos tratos que nos cuarteis españois se infrinxiron a pres@s iraquís
INTERNACIONAL

Non foi só EEUU: soldados españois tamén mallaron en prisioneiros iraquianos indefensos

Un vídeo do xornal El País mostra a un grupo de soldados españois dando unha malleira en 2004 a dous detidos iraquianos na cidade de Diwaniya. As imaxes veñen apoiar as denuncias realizadas por colectivos humanitarios sobre o comportamento das tropas na ocupación de Iraq, algo negado polos gobernos españois reiteradamente
Arafat Jaradat
INTERNACIONAL

Palestiniano torturado até a morte en prisión israelita por guindar pedras contra soldados

Arafat Jaradat, de 30 anos e detido por guindar pedras a soldados israelitas, morreu en prisión após ser "torturado até a morte", segundo se desprende da autopsia. Milleiros de palestinianos sairon á rúa pedir unha investigación internacional. Exército israelita disparou contra manifestantes, ferindo ducias deles, mesmo crianzas
Exército español
POLÍTICA

O Estado español enviará soldados a Mali

O Congreso español dá luz verde á intervención militar en Mali. O exército español tomará parte da ofensiva iniciada por Francia co visto e prace da ONU.
Insurxentes en Mali
INTERNACIONAL

O exército francés desenvolve unha ofensiva militar ao norte de Mali

O exército francés vén de encetar en Mali unha ofensiva militar co visto e prace das Nacións Unidas. Algúns dos insurxentes que iniciaron o conflito apoiaran a Muhammad Al-Gadafi na guerra de Libia.
Pascua militar
POLÍTICA

O ministro de defensa chama ao Exército a non caer en 'absurdas provocacións'

El-Rei e o ministro de Defensa español denuncian na Pascua militar os recortes sufridos nos Orzamentos e louban o "ánimo firme e sereo" do exército fronte as "absurdas provocacións" soberanistas.
siareiros
Galiza

Siareir@s: As tropas de Breogán que pulan pola 'Irmandiña' e por Galiza

O equipo de Galiza que este sábado xoga en Pontevedra coa selección de Curdistán non está só. Centos de siareir@s estarán presentes para apoiar a moito máis que un equipo. Desde Ribadeo até Verín, de Navia a Fisterra, o azul e branco ten cita na cidade do Lérez ao berro que nos une: "Unha nación, unha selección"
Aminatu Haidar
INTERNACIONAL

Aminatu Haidar denuncia as agresións policiais marroquís

A activista a prol dos dereitos humanos denuncia a represión policial sufrida por manifestantes saharauís que se concentraban en El Aaiún na defensa do dereito á autodoterminación do Sáhara Occidental.
Mursi, presidente de Exipto
INTERNACIONAL

Reunión de urxencia dos mandos do exército exipcio tras restablecer Mursi o Parlamento

O novo presidente de Exipto, o islamista Mohamed Mursi, anulou a resolución da Xunta Militar de paralizar o parlamento
INTERNACIONAL

Investigan a 12 instrutores do exército de EEUU por ducias de abusos sexuais a mulleres soldado

Seis oficiais deberán comparecer ante un Consello de Guerra por cargos como 'agresión sexual agravada'
Tropas internacionais en Afganistán
INTERNACIONAL

O anuncio de Francia de retirar as tropas de Afganistán non altera os plans de guerra da OTAN

O secretario xeral da Alianza Atlántica dixo comprender as razóns francesas mais anunciou que o resto dos estados implicados na operación seguirán a combater en Afganistán en 2013
Lembranza en Elgeta das vítimas do franquismo
Aniversarios

Elgeta reacciona contra as “provocacións do exército español”

Críticas ás manobras militares cando se cumpren 75 anos da entrada dos franquistas.