festivais

[Imaxe: Sicixia] Marta Lado, con Monti Castiñeiras, caracterizada como Olalla.
Entre dous mil títulos de todo o mundo

Sicixia é seleccionada na Sección Oficial do 54º Festival Internacional de Cine de Gijón

O novo filme do director galego Ignacio Vilar, Sicixia, vén de ser seleccionada na Sección Oficial do 54º Festival Internacional de Cine de Gijón. A fita, producida por Vía Láctea Filmes e pola TVG, foi elixida entre dous mil títulos de todo o mundo e competirá con 15 películas na categoría de ficción.

Fotograma de "After Spring"
Cinema

A crise das persoas refuxiadas sirias, no Festival Amal

Esta quinta feira, 27 de outubro, a Semana de Cine Euroárabe Amal reproducirá After Spring, un documentario que inmortaliza a crise das persoas refuxiadas sirias con imaxes de Zaatari, o segundo campamento máis grande do mundo. Tamén presentará 3000 noites, un filme sobre a esperanza das presas palestinas.

amal portada
Do 24 ao 29 de outubro

O papel da muller, protagonista do Festival Amal

O Festival Amal 2016 traerá un ano máis a Compostela o cinema euroárabe. Nesta ocasión, os once filmes que se proxectarán do 24 ao 29 de outubro centraranse no papel da muller.

SICIXIA
CULTURA

“Sicixia” e “No cow on the ice” triunfan no festival de Toulouse

[ACTUALIZADA ÁS 15:09h] O cinema galego recolleu dous dos principais premios a pasada noite no XXI Festival Cinespaña de Toulouse (Francia). Marta Lado recibiu o premio á mellor actriz polo seu papel en Sicixia, a nova película de Ignacio Vilar, mentres que No cow on the ice, de Eloy Domínguez, foi recoñecido como mellor documentario.

xurxosouto
CULTURA

Bota a andar con Xurxo Souto o primeiro festival de narración oral de Oia

A Asociación Costa dos Castros organiza esta fin de semana a primeira edición do Festival do Rei Sol de Narración Oral de Oia que nace coa idea de recuperar a memoria oral da zona.

musicasAV
CULTURA

Un festival con músicas de cine

Chegan máis ofertas para o outono. Desta volta a novidade é a Semana das Músicas do Audiovisual, que dará protagonismo ás músicas cine, televisión e outros medios audiovisuais. A gran protagonista desta primeira edición será a Orquestra Sinfónica de Galicia. 
 

QUE FACER?

A Galiza festivaleira non para

A oferta da fin de semana dá para todo e para todos os gostos. Festivais sen tregua nun verán galego que se resiste a morrer.

QUE FACER?

Os festivais, os grandes protagonistas da última finde de agosto

Sen tregua. Festivais a esgalla. Vexamos.

agrogay
CULTURA

Chega a terceira edición do Festival Agrogay dedicada á muller do rural

Unha das apostas máis singulares do verán galego regresa na última fin de semana de agosto a Monterroso. É a terceira edición do Festival Agrogay da Ulloa.

frio
CULTURA

Volve o Frionorostro Festival con Xurxo Souto como pregoeiro

A Asociación Cultural, Gastronómica e Desportiva “O Submarino” de Miño celebra esta fin de semana, os días 13 e 14 de Agosto, a segunda edición do seu particular festival, co apoio de máis de 40 locais colaboradores e veciños de todo Miño.

sonrias
CULTURA

Abre o SonRías Baixas con Soziedad Alkoholika, Lendakaris Muertos e Heredeiros 

O festival de Bueu que ten lugar esta fin de semana é unha aposta por músicas contundentes, cun cartel que inclúe, entre outros La Gran Pegatina, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, Chotokoeu, Soziedad Alkoholika, Boikot e Poetarras.

musicananoite
XAN CARLOS PORTO, FESTIVAL ‘MÚSICA NA NOITE’

“Temos un problema de relevo xeracional”

Na noite de hoxe sábado celébrase a 18ª edición do Festival ‘Música na Noite’ en Calo (Teo) e falamos co presidente de Lúa Chea, a asociación que o organiza: Xan Carlos Porto, que nos conta as alegrías e dificultades de argallar un festival desde a base.

poemaria
CULTURA

San Xoán con festival vigués de poesía

A fin de semana de San Xoán trae unha proposta poética para combater a calor, o festival PoemaRia de Vigo, que terá lugar a sexta 24 e o sábado 25 en varios espazos da cidade.

novoscinemas
CULTURA

Nace un novo festival audiovisual: o Novos Cinemas de Pontevedra

Pontevedra tamén quere ter festival de cinema. Hoxe vén de presentarse unha nova cita co audiovisual que acollerá na sección oficial nove filmes de países como China, Brasil, Estados Unidos, Francia ou Portugal.

foto2
ANA ESTÉVEZ, DIRECTORA DESTE FESTIVAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO

“A MICE reflicte o extraordinario momento do documentalismo”

Do 13 ao 18 de xuño desenvolverase a 11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego que, por vez primeira, ocupa tres sedes e inclúe concurso. Unha MICE consolidada sube chanzos no calendario de festivais cinematográficos e toma forza na rede internacional de cinema etnográfico. A directora Ana Estévez achéganos ao meolo da MICE. 

pavíspavós-1024x768
CULTURA

Comeza Sete Falares, o encontro internacional de contos de Pontevedra

Hoxe quinta feira comeza en Pontevedra “Sete Falares”, o Encontro Internacional de Contadores de Historias que chega así á quinta edición.

SES
CULTURA

Festival Compostela... en Bruxelas

O vindeiro 4 de xuño o Centro Galego de Bruxelas organiza o Festival Compostela na capital europea, cun cartel que inclúe a Sés e a Xabier Díaz, entre outros. 

CULTURA

Previa ao Festival de Cine Rural Carlos Velo

Mentres nos preparamos para a 11ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico no Museo do Pobo,  que terá lugar do 13 ao 18 de xuño, vén de presentarse o III Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo, que vén de abrir as inscricións e na cuarta feira -25 de maio- proxecta dúas curtametraxes para ir abrindo boca. 

improbigband
CULTURA

Imperdible, o primeiro festival de improvisación en Galiza

Hoxe comeza Imperdible, o primeiro Festival Internacional de Improvisación de Galicia, un encontro entre o teatro, a danza e a música a través da improvisación.

Quico Cadaval nunha edición anterior do Festival Atlántica.
CULTURA

O festival de contacontos Atlántica volve este marzo

Vinte artistas convidados á cuarta edición deste evento de narración oral que se celebrará en Compostela do 12 ao 17 de marzo.