Fornelos de Montes

collage-web
Sanidade pública

Veciñanza de varios concellos mobilízase contra os recortes da Xunta en sanidade

A negativa da Xunta da Galiza a cubrir as baixas do persoal médico está a provocar unha caída na calidade asistencial. Esta sexta feira saíron á rúa para protestar contra esta decisión veciñanza e profesionais sanitarios de varios concellos do Barbanza así como en Fornelo Montes, na área sanitaria de Vigo.

Gisela Mato Rivera.
CULTURA

Gisela Mato Rivera faise co premio Lueiro Rey de poesía coa obra 'Habitar as fendas'

O xurado destacou a capacidade do texto gañador para interpelar o público lector "abismándoo no océano da violencia, tanto física como xenérica, que remove e incomoda, pero que se supera pola forza resiliente do amor".
A autora Míriam Ferradáns.
CULTURA

'Un maínzo de sal', de Míriam Ferradáns, gaña o Premio Lueiro Rey de Xornalismo

A autora, colaboradora habitual de 'Nós Diario', ten recibido numerosas distincións pola súa obra.
Xavier Oitavén, Carme Carreiro e José de la Riera na presentación do Festival do Suído (Foto: Plataforma Sur Da Dorsal Galega)
CULTURA

Defensa do monte con poesía e música: Nace o Festival do Suído

Carme Carreiro, Xavier Oitavén e José de la Riera, representantes da Plataforma Sur da Dorsal Galega, presentaron esta sexta feira en Fornelos de Montes o programa do festival que se prolongará ao longo de todo o día 15 de abril.
Su Garrido Patio de Luz. (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Su Garrido Pombo: do rural ao urbano

Su Garrido Pombo (1982) é unha cantautora viguesa pero co corazón na aldea de Traspielas, en Fornelos de Montes. A carreira profesional de Garrido comeza após gañar o premio Fran Pérez Narf da Deputación da Coruña no ano 2018 e, actualmente, encóntrase inmersa na xira de presentación do seu segundo disco, Patios de luz. Un álbum no que o mundo rural invade o mundo urbano e no que homenaxea esa vida en comunidade tan característica da aldea e dos patios de luz dos edificios. Conversamos con ela sobre a música e sobre o seu novo traballo.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Un xabaril ataca un home e déixao ferido nunha pista en Fornelos de Montes

O 112 Galiza puxo a situación en coñecemento dos bombeiros, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.
O poeta e profesor Ismael Ramos levou o galardón cun artigo titulado 'Mentres tanto dáme a man' (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Ismael Ramos: "A nai sae no meu relato para ser conscientes de que a LGTBfobia afecta a todas as persoas"

O xurado da V edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, do Concello de Fornelos de Montes, escolleu o artigo Mentres tanto dáme a man do poeta, profesor e columnista Ismael Ramos como a obra merecedora do galardón este 2022. O texto, publicado por Nós Diario tanto en formato dixital como en papel, incide dunha maneira literaria e en primeira persoa no problema da violencia que se exerce na actualidade contra o colectivo LGTB.