galego

Autores do cómic biográfico sobre Castelao
CULTURA

A andaina de Castelao por Europa chega ao cómic de man de Inacio e Iván Suárez

Máis Alá, o terceiro volume dunha serie biográfica, aterrou nas tendas do país coeditado por Demo Edicións e a libraría Kómic. Esta nova entrega repasará a estancia en París do histórico nacionalista e a súa relación coa arte da vangarda. O IV Encontro das Irmandabades da Fala  e as conversas con Manuel Antonio arredor do manifesto Máis Alá moverán a acción na Galiza. 

O ministro de Educación, José Ignacio Wert
SOCIAL

O futuro do galego leva unha labazada coa aprobación da LOMCE no Consello de Ministros

O Día das Letras Galegas, mentres milleiros de persoas percorrían as rúas de Compostela para reivindicar o dereito a nosa lingua, o futuro do galego recibía unha labazada ao aprobar o Consello de Ministros o anteproxecto da LOMCE, sen apenas modificacións despois da folga que paralizou o ensino. 

GALEGO
LINGUA

Milleiros en Compostela na defensa dun idioma para un país de tod@s

Unha maré de persoas, de todas as idades, fan da capital da Galiza o barco dun idioma universal. “Non queremos ser estranxeir@s na propia Patria”. Non pedimos demasiado, non?

Galiza

A campaña do Día das Letras da Xunta, en todos os medios agás os que están en galego

A  Xunta marxina na súa campaña institucional para o Día das Letras Galegas aos medios que empregan o galego todos os días do ano. 

O diñeiro negro vai en aumento no Estado
Galiza

Os 11 paraísos fiscais favoritos das empresas galegas (e os 600 millóns que lle 'furtan' @s galeg@s)

De Hong Kong a Malvinas, de Holanda a Xibraltar ou Bahamas, as compañías galegas crearon sociedades en enclaves off-shore cunha finalidade clara: eludir impostos. Por volta de 600 millóns nestes 10 anos

 

SOCIAL

Nace a Asociación de Medios en Galego: Once cabeceiras na defensa do idioma no sector

A nova entidade xorde con once medios en papel, electrónicos ou radiofónicos para “garantir a pervivencia do idioma e e procurar vías de financiamento que garantan o sustento dos media en galego”
 

O Correlingua 2013 chega a Vigo
LINGUA

O Correlingua 2013 chega a Vigo

Milleiros de moz@s percorren as rúas da cidade olívica en defensa do idioma
Conmemoración instituto de Ordes
CULTURA

Operación Ordes, as Letras Galegas con triunfo

Ademais dos actos institucionais, o Día das Letras Galegas conmemórase en asociacións, entidades e, moi especialmente, en centros de ensino. Nos de Ordes, un dos berces do bravú, este venres chegan à final da súa “O.O. Operación Ordes” na que a rapaciada compón e canta en galego. 

Alonso Montero
CULTURA

Alonso Montero responde a García Negro que un “españolista” pode e “vai defender o galego”

“Un españolista vai defender o galego”. Así respondeu Xesús Alonso Montero ás palabras da nacionalista Pilar García Negro nas que o definía as declaracións do presidente da RAG ao respecto do BNG como debidas a un “españolismo extremista”

Compromiso no mercado de Padron
POLÍTICA

Após se reunir co BNG, CxG ve "difícil" unha candidatura galega para as europeas

Malia que consideran "non imposíbel" a concorrencia do soberanismo galego nunha única candidatura nas eleccións ao Parlamento europeo, Xoan Báscuas asegurou que "é difícil" debido ás "diferenzas" entre as formacións política

 

Correlingua
LINGUA

Milleiros de voces en Compostela a prol do galego

O Correlingua percorreu rúas e prazas da capital de Galiza para lembrar que o galego é “a chave para estar no mundo”

 

Cayo Lara
POLÍTICA

Cayo Lara reférese a AGE como a confluencia de "federalistas españois e nacionalistas galegos"

O coordinador federal de IU afirma nunha entrevista na Radio Galega que aposta por manter a alianza “co señor Beiras por moito tempo” e que “en Galiza podemos ser a segunda forza”. Lara ve en AGE a confluencia dos "federalistas españois" cos "nacionalistas galegos"

SOCIAL

A oposición exixirá no Parlamento galego a paralización da contrarreforma do aborto

BNG, AGE e PSdG transladan a súa intención de debater na Cámara unha proposición non de lei redactada pola Plataforma polo dereito ao aborto en que se fai fincapé en que "non existe ningunha necesidade desa modificación lexislativa" e en que "non pode ser a Igrexa quen dite as leis"

Carrefour
LINGUA

Carrefour exclúe o galego da publicidade, a comunicación e os tickets da compra

A multinacional francesa si emprega o euskera, o catalán e o castelán. Nesta última lingua explica que "Centros Comerciales Carrefour cumple con las normativas legales vigentes en las diferentes comunidades autónomas". A Mesa chama @s consumidor@s a se queixaren

Correlingua
LINGUA

Milleiros de escolares percorren A Coruña no Correlingua defendendo o galego como chave para estar no mundo

O adestrador deportivista Fernando Vázquez leu o manifesto a prol do idioma. A Autoridade Portuaria argumentou “razóns de seguridade” para non deixar que @s escolares entrasen na súa demarcación

Bandeira
DEPORTES

Convocan nas redes a encher Riazor de bandeiras galegas en resposta ao veto ás estreleiras de Valladolid

'O domingo 19 a Riazor, coa bandeira galega'.É o chamamento que se está a facer a través das redes sociais para levar ao estadio o símbolo nacional de Galiza como resposta ao acontecido en Valladolid, onde se requisaron as bandeiras galegas con estrela

POLÍTICA

"O galego para a Xunta é unha roncha"

O BNG presenta no Parlamento unha proposición de lei para a reforma da Lei de normalización lingüística cadrando co 30 aniversario da súa promulgación. Exixirá unha "oferta en positivo" en eidos como o ensino, a sanidade, a xustiza, os medios de comunicación e, por suposto, a Administración pública

exposición de Miguel de Palma
CULTURA

O CGAC exclúe a arte galega no programa do seu XX aniversario

A arte galega é a grande ausente da programación especial que o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) preparou para conmemorar o seu XX aniversario. Vai case medio ano deste complexo 2013 en que se conmemoran as dúas décadas da súa apertura e ningunha exposición ten como protagonista a arte galega. 

Comités
SOCIAL

Comités reforzan na súa II AN o compromiso na construción do ensino público galego

A organización elixiu novo consello nacional e pulará por afondar na unidade de acción do estudantado nacionalista e o traballo do día a día para facer fronte ao modelo de ensino defendido polo PP

 

LINGUA

A Mesa advirte a Gas Natural Fenosa que denunciará ante Consumo calquera paso atrás na atención en galego

Susana Méndez, vicepresidenta da Mesa: “Animamos a cidadanía a presentar queixas nas oficinas de Consumo se a compañía lles nega a atención en galego”.