galego

POLÍTICA

Estafad@s coas preferentes falarán no Parlamento galego e en Bruxelas

Tres representantes das plataformas de Compostela, O Rosal e Tui falarán no Parlamento europeo. Terán 5 minutos para explicar o calote. Na Cámara galega, a oposición exixe a comparecencia do presidente da Xunta e d@s responsábeis polític@s que tiveron a ver na desaparición das caixas galegas

UNED
Galiza

O galego continúa a ser invisíbel na UNED

Nada indica que o centro asociado sexa de Ourense ou Pontevedra, ben podería ser Cádiz ou Palencia. Tampouco deixan presentar traballos en galego e non é difícil atopar topónimos deturpados nos materiais oficiais.

Rodaxe de Arraianos
CULTURA

"Arraianos", de Eloy Enciso, gaña en Buenos Aires un premio máis para o novo cine galego

O filme Arraianos de Eloy Enciso vén de ser galardoada co premio "Vanguardia y Género" na sección de innovación e experimentación con novas linguaxes no Festival Intenacional de Cine Independiente de Buenos Aires, Bacifi. O filme de Eloy Enciso fora seleccionada pola crítica como mellor película galega de 2012 e galardoada no Festival de Cine Europeo de Sevilla. 

CULTURA

Na véspera da escolla do novo presidente da RAG, Axeitos confirma que a Xunta mantén aberta a vía do recurso ao Supremo

A véspera de ser elixido novo presidente da RAG, o académico que ocupa o posto en funcións, Xosé Luís Axeitos, publica na web unha nota na que confirma que a Xunta non desistiu do recurso de casación diante do Tribunal Supremo e defende o traballo “responsábel, xeneroso e desinteresado” dos servizos xurídicos da Academia. 

Protesta das e dos traballadores de Unísono
ECONOMÍA

O BNG interpela ao Goberno galego a respecto da destrución de 97 empregos en Unísono Vigo

O grupo parlamentar nacionalista vén de rexistrar esta mañá cinco iniciativas parlamentares nas que demandan da Xunta un plan para garantir o emprego no sector.

galego
LINGUA

Queremos Galego saca a lingua á rúa o 17 de maio

A Pataforma cidadá convoca unha manifestación nacional o Día das Letras en defensa da lingua e contra as agresións do goberno galego

Por unha minaría galega

Persoas maiores
ECONOMÍA

Un de cada dez fogares galegos recorre a amizades e familiares para chegar a fin de mes

A cifra de familias galegas que precisan da axuda económica do seu entorno para saír adiante pasou en tres anos do 5 ao 10%

POLÍTICA

Sermos Galiza emitirá en streaming o debate pola soberanía

A través da nosa web poderás seguir en directo o debate organizado polos Comités arredor da soberanía de Galiza. 

SOCIAL

Máis un protesto volve exixir a inmediata posta en liberdade da presa galega Noelia Cotelo

A moza de 25 anos declarou esta cuarta feira na vista oral contra os funcionarios aos que denunciou por tela submetido a "maus tratos e torturas" en penais españois. Unha concentración perante os xulgados da Coruña reclamou o seu translado á Galiza

Feijóo méxico
POLÍTICA

Feijóo deixa de falar dos floteis e propón agora que Pemex tome accións nos esteleiros galegos

O presidente da Xunta reuniuse co presidente mexicano e dirixentes da paraestatal petroleira. Afirma que a empresa está interesada en entrar no naval galego. Un anuncio que fai cando se cumpre un ano do anterior sobre a construción de buques para esa empresa en estaleiros galegos. Barcos polos que aínda se espera

SOCIAL

Charo Lopes, ativista independentista: "Fum julgada porque estava a luitar na rua"

Falamos com a mulher condenada a um ano e nove meses de prisom por fazer parte dos protestos de 2009 no Morrazo contra a marbellización da nosa costa. Aquelas mobilizaçons foram multitudinarias. Houbo cargas policiais e dúzias de vizinhos e vizinhas imputadas

finlandia
SOCIAL

O ensino en Finlandia, o texto que inaugura a nova sección de traducións para o galego

Publicamos a seguir un artigo da autoría de Paul Robert que viu a luz en  L´école démocratique. A tradución para o galego é de Xoán Costa. Sermos Galiza enceta con esta achega sobre a calidade do ensino finlandés unha nova sección de traducións para a nosa lingua de textos que achamos de grande interese.

Liga Estudantil Galega
SOCIAL

A Liga Estudantil colle folgos na II AN para combater a ofensiva do PP contra un ensino público e galego

A organización realizou en Vigo a súa II Asemblea Nacional baixo o lema 'Estudar, loitar, poder popular'. A debate, a autoorganización do estudantado, a reivindicación e defensa do ensino público e galego nun marco de plena ofensiva neoliberal e centralizadora, ou como avanzar na unidade do movemento estudantil nacionalista

República Galega

República? Si: Galega e Popular!

SOCIAL

Localizados en tres meses máis de 60 cabalos con pexas nos montes galegos

A organización Libera! presenta no Parlamento 42.000 sinaturas contra esta forma de maltrato animal canda representantes do BNG no Espazo parlamentar pola defensa dos animais

Xurxo Chirro
CULTURA

Xurxo Chirro: “O Novo Cinema Galego saca lustre a nosa cultura”

O nome de Xurxo Chirro é un dos referentes no que se deu en chamar Novo Cinema Galego. Autor de Vikingland, premiada co Play Doc de Tui, o creador asinou un feixe de curtas de carácter experimental que evidencian unha nova maneira de facer cinema. Autor, crítico, difusor, dinamizador e activista do cinema, a Biblioteca Ánxel Casal de Compostela dedícanlle a súa obra un ciclo retrospectivo que comeza o xoves día 11. 

Ana Miranda con representantes preferentes
POLÍTICA

Bruxelas abordará con urxencia a denuncia d@s estafad@s galeg@s polo calote das preferentes

A denuncia, apoiada por 43.000 sinaturas, fora presentada en novembro de 2012 a través dunha representación dea Coordenadora de Plataformas de Afectados, que entregou unha copia da denuncia e da documentación adxunta ao secretario da Comisión de Peticións, David Lowe, nun encontro na Eurocámara auspiciado polo BNG.

Joe Sacco
CULTURA

Joe Sacco desembarca na banda deseñada galega da man de Rinoceronte

A editorial de Cangas publica en galego dúas obras mestras da novela gráfica ou crónica xornalística deseñada: 'Gorazde, zona segura' e 'Palestina', do maltés-americano Joe Sacco.