galego

Manifesto Galego no Día Internacional do Teatro

Sempre pensei, e así o digo nalgún poema: só somos como nos soñamos cando amamos.  Mais engadiría a isto que só da mao do teatro somos capaces de nos soñar nos outros, ao nos reflectir nas súas personaxes.
Preferentes na Deputación de Pontevedra
ECONOMÍA

Esta sexta feira legalízase o 'corralito' para 68.000 galeg@s

O FROB dará a coñecer esta sexta a quita a aplicar aos posuidores de preferentes e subordinadas. Madrid tenta calmar a treboada obrigando a toda a banca a achegar cartos para dar liquidez @s estafad@s que advirten: “Vai arder Troia”

Del Riego
CULTURA

A Academia conmemora o 50 aniversario da proposta do Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Del Riego

Cunha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, a RAG conmemora o sábado en Vigo o cincuenta aniversario da proposta do Día das Letras Galegas. Xosé Luís Axeitos actuará como presidente en funcións.
LINGUA

Pontevedra manterá os sinais en galego: "A denuncia foi parte da ofensiva do PP"

Un cidadán recorreu unha multa porque non entendeu a lenda numérica dunha zona de carga e descarga ao estar só en galego. A sentenza, que viu a luz agora após "unha filtración do PP" á imprensa amiga, data de 2010 e non foi feita pública nin recorrida "porque non existe conflito social ningún"
Desemprego
ECONOMÍA

Catro de cada dez desempregad@s galeg@s non cobran ningunha prestación

Aliás, perto de 76.000 persoas no desemprego na Galiza ingresaron de media, un máximo de 500 euros mensuais
Chipre rescate
Galiza

O corralito galego: “Quen nos dera a nós a quita dos de Chipre”

O rescate da UE a Chipre pagarase en boa medida cunha taxa sobre todas as contas bancarias existentes na illa. Unha quita. O mesmiño que se impón en Galiza aos afectados polas preferentes para pagar o rescate dos bancos que os estafaron.

O sector mineiro galego, está a cavar a súa tumba en Corcoesto?

Esta reflexión é unha carta aberta para os actores do noso sector mineiro que se están a posicionar a prol do proxecto de explotación aurífera de Corcoesto: Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas, Cámara Oficial Mineira de Galicia, e persoal ligado á Enxeñaría de Minas.
Executiva Nacional BNG
POLÍTICA

O BNG visa a constitución dun "movemento social multicor" pola soberanía

Primeira reunión da Executiva Nacional do BNG eleita onte na XIV Asemblea Nacional. 12 caras novas. Un portavoz nacional novo. O BNG, por boca de Xavier Vence, anunciou que lanza un debate social sobre a soberanía.
Caneiro
Galiza

Caneiro chama "dilixente e laborioso" ao conselleiro do decreto antigalego e os recortes nos comedores

"Gobernante dilixente e laborioso", "reequilibra o copagamento (nos comedores escolares) para protexer os desfavorecidos", "bon conselleiro por xestión e por talante". Estas son algunas das frases que o escritor Xosé Carlos Caneiro deita nunha opinión centrada en gabar a Xesús Vázquez
POLÍTICA

O PP pide ao BNG que aproveite esta asemblea para "achegarse os galegos e alonxarse de Bildu"

O PP fixo público un comunicado co gallo da celebración polo BNG da súa XIV Asemblea Nacional, texto no que pide aos nacionalistas que "paren a deriva radical", aliás de "achegarse aos galegos e alonxarse de Bildu. Os populares tamén din que non sería boa noticia que o BNG pase de ser "comparsa do PSOE a mala copia de Beiras"
Sogama
SOCIAL

Alertan que a inviabilidade de Sogama subirá un 26% a fatura do lixo aos fogares

Sogama verá reducidos os seus ingresos en 13 millóns de euros anuais após as modificacións do goberno español no sistema eléctrico, indican desde Adega. Para compensar esa perda, advirten, a fatura do lixo aumentará
Comisión de Cultura do Parlamento
POLÍTICA

Unanimidade do Parlamento galego para pedir que non se aplique a quita nas prefrentes

Os catro grupos parlamentares instan á Xunta a que se dirixa a goberno central e Bruxelas para que reclamar que se retire a exixencia de quita aos e ás estafadas polo calote das preferentes
O diñeiro negro vai en aumento no Estado
ECONOMÍA

A débeda pública galega supera os 8.200 millóns de euros e acariña xa o 15% do PIB

A débeda pública de Galiza aumentou nun 17 por cento a respeito do exercicio anterior, o 2011.
chamamento
CULTURA

“Chamamento polo galego” reclama “consenso” arredor da lingua e aplaude que a Xunta non presentara o recurso no Supremo

“Chamamento polo galego” aplaude a decisión da Xunta de non recorrer diante do Tribunal Supremo as sentenzas do máximo tribunal galego que invalidan o Decreto do Plurilingüísmo. Reclaman tamén do goberno galego pasos para “lograr o consenso” arredor da lingua. A decisión da Xunta deixa soa á Academia Galega co recurso no Supremo

Chávez e a República Galega

Chávez, deixa coa súa morte, un fondo legado político a Venezuela e ao seu proceso de emancipación e segunda independencia. Mais non só. Do que representa Chávez e o proceso que hoxe coñecemos como Revolución Bolivariana tamén podemos tirar proveito os povos que, coma o noso, loitamos pola nosa plena emancipación nacional e social.
Xosé Luís Méndez Ferrín [Imaxe:Óscar Paris]
CULTURA

Ferrín demite e afirma que a RAG se acha ameazada "interna e externamente" por forzas intransixentes contrarias ao galego

Xosé Luis Méndez Ferrín consumou nesta cuarta feira a súa demisión como presidente da Real Academia Galega.  Ao saír do Pleno, perante a imprensa, afirmou que a institución está "en perigo" e que se acha ameazada "interna e externamente" polo que cualificou como "forzas intransixentes" contrarias á normalización da lingua galega. Pide "ao pobo galego" que defenda a RAG das "ameazas" que, afirma, penden sobre dela. A crise da RAG, lonxe de remitir, agrávase.
Monforte
Arte imaxe patrimonio

Carnota debaterá sobre a importancia das fortificacións galegas nas xornadas "De Castros a Castelos"

A plataforma Monte Pindo Parque Natural celebrará dous días de intervencións de expert@s en varios períodos da nosa historia ao redor das edificacións defensivas.
SOCIAL

Instan a Xunta a que reclame en Madrid a derrogación das novas normas do emprego doméstico

O BNG leva á Cámara unha proposición non de lei para que a Xunta reclame en Madrid a derrogación do RD 29/2012, que entrará en vigor en abril, pola "regresión" que introduce: máis economía somerxida ligada ás mulleres
SOCIAL

Afectad@s polas hipotecas piden aos deputad@s do PP que rachen a disciplina de voto e apoien a ILP

As Plataformas de Afectad@s polas Hipotecas de Galiza presionarán aos deputad@s do PP, o único partido que non se comprometeu a votar en favor da ILP presentada no Congreso. Convídanos a asistiren ás asembleas e a rachar coa disciplina de voto. Son persoas sobre as que pesa a ameaza de seren despexadas das súas moradas. Caso de @s deputad@s non responderen ao convite, pensan en os abordar en calquer espazo público para lles trasladar información directa verbo da súa dramática situación.
Presidentes das tres asociacións
CULTURA

O mundo das literaturas galega, éuscara e catalá rebélase contra a españolización do ensino

As Asociacións de Escritores e Escritoras en linguas galega, éuscara e catalá opóñense á aplicación da LOMCE por supor unha “falta de respecto ás linguas e culturas nacionais” do Estado español. Mediante unha nota de imprensa conxunta a través da Federación Galeusca, as tres asociacións reivindican o espazo para as linguas nacionais no ensino.