Non estaba convidado a festa mais quixo se colar nela. O PP vén de emitir un comunicado no que opina e pontifica sobre a XIV Asemblea Nacional do BNG. Os populares critican "a deriva radical do Bloque, ao que lle marcan o ritmo ERC, Amaiur e agora tamén Bildu, non a soportan nin os que foron os seus voceiros, como Carlos Aymerich".
Tamén din "que o BNG volverá fracasar se pasa de ser a comparsa do PSOE para comezar a ser unha mala copia do partido de Beiras". E piden aos nacionalistas que "paren a deriva radical", aliás de "achegarse aos galegos e alonxarse de Bildu