galego

En agradecemento e apoio aos gandeiros e gandeiras galegas

É só despois da quentura do leite da mañá que confirmas que definitivamente acordaches. A calor traspasada da cunca ás mans abrevia o frío que se presente fóra. O leite fervido, como sempre che sentenciaban naquela casa, naqueloutra que veu despois e nesta. Mágoa daquela tona larpeira que só aniña nas túas lembranzas da infancia.
MEMORIA E HISTORIA

Investigador@s da Galiza reúnense na XIV Semana Galega de Historia

O franquismo, a memoria histórica e a investigación historiográfica son protagonistas estes días na Coruña e Oroso no encontro anual que organiza a Asociación Galega de Historiadores/as. Mañá rematán no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa coa actuación de Mini e Mero.
Guillerme Vázquez
ECONOMÍA

Guillerme Vázquez: "Asistimos á crónica do asasinato do sistema financeiro galego"

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, sinalou que a reestructuración de NGB que impón Bruxelas vai supoñer perda de empregos e deixar Galiza sen peso financeiro. Apunta que neste proceso Feijóo foi "a última mona" e empraza o tecido político e social "si ou si" a traballar a prol dunha Banca Pública Galega
ECONOMÍA

Perto de 300.000 galeg@s cobran soldos por baixo da cuantía anual do salario mínimo

Os datos da Axencia Tributaria indican que case unha de cada tres asalariad@s galeg@s cobran por baixo dos 9.000 euros anuais
UE
Galiza

Unha delegación de estafad@s polas preferentes denuncia en Bruxelas o calote que afecta a milleiros de galeg@s

Unha delegación de representantes das plataformas d@s afectad@s polo calote das preferentes atópase en Bruxelas, nunha visita auspiciada polo BNG, para presentar unha denuncia perante a Comisión de Peticións da Eurocámara, organismo perante o que calquera cidadán da UE pode facer unha reclamación.

Xustiza para o galego, xustiza poética

As reaccións á sentenza que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de emitir, anulando unha parte central do Decreto chamado “do plurilingüismo”, non se fixeron agardar, nin por unha banda, nin pola outra.

Cinema galego

Acudín, o primeiro día do seu pase comercial, a ver Todo es silencio; en primeiro lugar, porque procuro asistir a todas as estreas de cinema galego ou baseadas en obras galegas e, tamén, animada por o filme se inspirar nunha das mellores, no meu xuízo, obras publicadas do autor, Manuel Rivas.
bng
ECONOMÍA

BNG insta a Feijóo a que se implique para evitar o "desafiuzamento" do sector gandeiro galego

@s nacionalistas amosan o seu apoio ás mobilizacións do sector lácteo do vindeiro 27 e acusan a Xunta de abandonar @s gandeir@s "ao pé dos cabalos". No último lustro este sector veu como mermaba o seu poder adquisitivo en máis dun 40%
feijoo
LINGUA

O TSXG bota abaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego no ensino

O Superior galego comunica a súa resolución a A Mesa, Queremos Galego e CIG Ensino. Para alén da consulta ás familias, responsábel "do varrido do noso idioma no 96% dos centros de ensino", desaparece tamén máis un artigo que foi "chave nos ataques do PP contra a nosa lingua": que o uso do galego non era obrigatorio en materia ningunha, agás Lingua e Literatura galega
Comisión Executiva da FGAMP
Galiza

Os concellos galegos piden ao goberno que mude a lei para acabar cos desafiuzamentos

A Federación galega de municipios e provinciais (Fegamp) vén de aprobar unha declaración para instar o executivo español a que mude a lei hipotecaria e a de enxuizamento civil para acabar cos desafiuzamentos
BNG
SOCIAL

Ofensiva do nacionalismo galego no Congreso e Parlamento para evitar que a banca gañe "si ou si" nos desafiuzamentos

O BNG cualifica de "lavado de cara" o Real Decreto que o goberno quere aprobar sobre desafiuzamentos e propoñen no canto a adopción dunha batería de propostas, da dazón en pago á moratoria ou variar as taxas de demora, para poñer fin a "este drama social"
 Concentración solidaria con Palestina en Vigo
SOCIAL

Clamor galego na rúa contra a agresión imperialista de Israel ao pobo palestiniano

Na tarde-noite desta segunda feira tiveron lugar concentracións nunha ducia de cidades e vilas do país. Unha das máis numerosas en Vigo que atinxiu máis de medio millar de manifestantes
ECONOMÍA

BNG sinala que a comisión das caixas do Parlamento debe servir para evitar o fin do sistema financeiro galego

A fronte nacionalista considera que a proposta do PP chega tarde coa Comisión e agarda que sirva para resolver problemas como a estafa das preferentes
Xurados dos Premios da Crítica de Galiza 2012
Letras e Ideas

Agustín Fernández Paz, O sorriso de Daniel e Xosé Manuel Olveira “Pico” entre os Premios da Crítica 2012

A trixésimo quinta edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais déonse a coñecer onte en Vigo.
LINGUA

Unha web axudará a traducir Twitter para o galego

Carlos García, responsábel de crear a conta en Twitter, @twitter_en_galego, abre agora unha páxina web cos pasos a seguir para axudar a que teñamos esta rede social na nosa lingua.
Deputad@s diante da mesa
POLÍTICA

Constitución do IX Parlamento galego

Poñeren cancelas ao galego, poñermos o galego nas Cancelas

Hai un dito que reza algo así como que non se lle poden poñer cancelas ao campo, mais parece que hai quen llas quere poñer mesmo á nosa lingua.Ven de abrir en Santiago de Compostela un novo centro comercial e faino desprezando a lingua propia do territorio onde está instalado.

A manipulación do 'Día da Ciencia en Galego'

    As orixes do Día da Ciencia en Galego están ben claras. Todo parte do encontro para o profesorado convocado o 18/06/2010 pola CIG-Ensino e a plataforma Queremos Galego no Museo do Pobo Galego. De entre os 
Pilar Rojo
POLÍTICA

O PP négase a garantir a pluralidade da Mesa coa escolla de tres dos seus cinco membros

Pilar Rojo presidirá outra lexislatura máis a Mesa do Parlamento. Coa súa escolla e a dos dous ocos restantes, que ocuparán de novo Santalices e Balseiro, o PP resolve as dúbidas e desvela a composición do órgano reitor da Cámara.
ECONOMÍA

Ducias de organizacións e colectivos apoian a Folga Xeral

A xornada de paro do 14N chega apoiada por máis de setenta organizacións, colectivos e entidades galegas, que respaldan así a Folga Xeral convocada por CIG, CCOO e UGT para alén doutras centrais sindicais. Un amplo e heteroxéneo abano de voces que coinciden na necesidade de dar unha resposta contundente ás políticas e medidas contra as maiorías sociais