galego

Escordar un pé, inventar unha lingua, votar en galego

Lembro unha ocasión, cando vivía en Valdeorras, en que unha compañeira de traballo se queixaba porque o seu fillo non superara a materia de lingua galega na escola, e o que esta compañeira poñía como xustificación dese feito era que o neno dificilmente podía ser quen de aprobar esa materia cando a maior parte das palabras do galego son, ao ver dela, inventadas.
Elías Somoza, Fruga
ECONOMÍA

''Feijóo co agro foi unha arma de destrución masiva''

Elías Somoza, responsábel de sectores gandeiros da Federación Rural Galega (FRUGA), explica o contexto en que o rural se botará, máis unha vez, ás rúas da cidade. Exixen un compromiso político que free o desmantelamento dun sector estratéxico, o lácteo. O 50% das explotacións do estado son galegas e producen o 40% do leite. Porén, @s nos@s produtor@s cobran os prezos máis baixos
Limpeza dos ríos galegos. Proxecto Ríos. Adega
SOCIAL

500 voluntari@s móllanse polos ríos na V limpeza simultánea de Adega

O obxectivo desta actividade ''non é achegar man de obra barata'', senón concienciar sobre o necesario compromiso co medio ambiente. Os grupos que levan cinco anos participando constatan que, efectivamente, no mesmo treito a cantidade de lixo vai a menos. Aínda así, os residuos que se xuntaron en todos os concellos suman 10 toneladas

Violadores polo galego

O conto xa ten algúns meses: unha rapariga, seica afiliada ás xuventudes do Partido Popular e a piques de examinarse de Selectividade, expresou nun tweet o moito que o a amolaba ter que estudar galego e o ferozmente que odiaba esta lingua. Eu son da opinión de que aos dezasete anos todos temos dito parvadas, pero tamén creo que é unha idade na non está mal que a un lle tiren un pouco das orellas.
Marisqueo
ECONOMÍA

Jorquera chama a frear as importacións ''masivas'' de peixe de fóra e ''incentivar o consumo do produto galego''

Nun encontro coa confradía da Coruña, o candidato do BNG á Xunta arremeteu contra o PP por ter pulado na UE pola supresión da denominación de orixe dos produtos do mar. Di o nacionalista que os tres anos de goberno de Feijóo estiveron ao servizo ''de grandes conglomerados da pesca'' e dos intereses da acuicultura industrial
LINGUA

A atención en galego, ''prescindíbel'' na telefonía móbil do Parlamento

A Mesa denuncia que a presidenta da Cámara galega non acatou o compromiso selado con esta asociación na liña de garantir a atención na lingua propia para a que fose a próxima adxudicataria da concesión. O noso idioma nin sequera se exixe como opción nos terminais
Protesta da CIG diante de Telefónica
SOCIAL

“Para Telefónica @s galeg@s só existimos para pagar as facturas"

Delegad@s da CIG das distintos puntos de Galiza manifestáronse hoxe diante da sede de Telefónica en Compostela mentres no interior o seu presidente, César Alierta, mantiña unha reunión que o sindicato cualificou de "clandestina". Na saída entregáronlle un documento coas súas reivindicacións.
Ana Miranda
LINGUA

Presentan unha inciativa para que o galego puntúe no acceso laboral ás institucións da UE

A eurodeputada Ana Miranda, presenta unha inciativa parlamentar para lle outorgar ao galego recoñecemento no seo das institucións europeas.
Estaleiro Vigo
ECONOMÍA

O PRI exixe a Pemex que explique quen autorizou o seu contrato con estaleiros galegos

O Partido Revolucionario Institucional, gobernante en México, pediu no Senado que a multinacional con presenza estatal dea conta sobre a operación 'vendida' por Feijóo en plena precampaña como salvación do naval galego
Eleccions2012

O PsdeG-PSOE propón crear un instituto galego de crédito

O candidato á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, prometeu a creación dun instituto de crédito cuxa finalidade sería o financiamento das Pemes.
CULTURA

"O Pazo das Musas", a revista oral da cultura galega chega ao seu número trinta


Achégase ao número trinta como revista oral convertida nunha das iniciativas culturais de referencia en Lugo e nunha das propostas máis orixinais vinculadas a un centro de arte galego. O Pazo das Musas do Museo de Lugo, coordinada por Antonio Reigosa, celebra a edición da trintena esta quinta 27 de setembro achegándose ao barroco coa estrea da orquestra Il Combattimento de Lugo.

 

imaxe da acción da CIG-Ensino contra a reforma educativa do Goberno español
SOCIAL

Jesús Vázquez agacha as orellas perante Madrid e impón un ensino menos público e menos galego

Repasamos o programa electoral que levou a Feijóo á Xunta hai tres anos, estruturado en cinco eixos dos cales a educación non facía parte. E ofrecémosche nun documento completo o anteproxecto de reforma da lei educativa que pretende aplicar o goberno español
LINGUA

A Mesa chama a "votar en galego" o 21-O

"O galego é a lingua máis desprotexida do Estado español". Unha realidade, sinala A Mesa, en boa medida responsabilidade do goberno de Núñez Feijóo, de aí que esta organización chame a cidadanía a emitir o 21-O un voto "en galego" que castigue ao PP
A Esedé deixa os tres puntos en Betanzos
DEPORTES

Xornada desigual para as equipas galegas

O Celta atopa o gol perante o Xetafe e o Lugo perde en Huelva. Empate no derbi de 2º B. En piragüismo Galiza segue cos bos resultados desta vez Mundial de Maratón 2012.
LINGUA

A Xunta ponse a medalla de lograr que o Twitter chíe en galego

A Mesa dí que a Xunta mente sobre a súa implicación no uso do galego en Twitter e lembra que se logrou grazas á implicación de milleiros de persoas

 

Automoción
Eleccions2012

A automoción galega leva perdidos máis de 6.000 empregos no mandato de Feijóo

A facturación do sector na Galiza caeu en 2011 a niveis de 2002. En dous anos aprobáronse EREs temporais que afectaron pola volta de 10.000 operarios
LINGUA

Galiza xa chía en galego

Despois dunha intensa campaña, a rede social 'Twitter' inclúe o galego entre as súas linguas.  

Terbutalina
Ao vivo

Rock galego no II Festival de Noso en Lugo

Os John Deeres, Terbutalina e Machina actuarán o 4 de outubro abrindo as festas máis participativas da cidade. Nesta segunda edición continúan na liña de promocionaren a música na nosa lingua.
SOCIAL

Xuristas galeg@s reproban o ''oportunismo político'' no caso Uribetxebarría

Un comunicado asinado por 30 profesionais do dereito insiste en que a liberdade condicional para pres@s con padecementos graves e incurábeis está contemplada no CP e deberá ser concedida de xeito automático, sen recursos nin declaracións de cariz retributivo e próximas á lei do Talión efectuadas polo ministro de Xustiza
ECONOMÍA

Un novo morto no mar nun ano en que o sector mariñeiro galego acumula xa 752 sinistros laborais

Un mariñeiro morto e outro ferido é o resultado da colisión esta terza dun pesqueiro cunha batea na ría de Muros. No que vai de ano xa son 4 os mortos no sector da pesca galega. En 2011 foron nove as persoas falecidas