galego

Amega - Día dos Medios en Galego
LINGUA

Amega - Día dos Medios en Galego

Esta terza feira, 7 de febreiro, como cada ano desde 2018, a Galiza conmemora o Día dos Medios en Galego, unha data que rende homenaxe á publicación xornalística escrita integramente na lingua propia do país, O tío Marcos d'A Portela, editada por vez primeira por Valentín Lamas Carvajal en 1876, en Ourense. A Asociación de Medios en Galego (Amega), da que fai parte Nós Diario canda outras 140 cabeceiras que empregan a lingua propia do país, celebra esta data con este vídeo que pon en valor o galego no xornalismo.
gn
LINGUA

“Ojalá me quieras como Rafa Nadal a su Richard Mille”, campaña en castelán para o San Valentín co apoio da Xunta

A Mesa reprocha a Xunta por “esquecer a lingua” nunha campaña do sector polo San Valentín e que conta co apoio da Administración galega.

De vella Ghaiteira

Ortiga e Grande Amore, no cartel da Amega.
LINGUA

Amega celebra con Ortiga e Grande Amore o Día dos Medios en Galego

'Nós Diario' é un dos medios que integran a Amega.
Estudantes no Campus Sur da USC (Foto: Europa Press).
LINGUA

Da xeración 'Xabarín' á 'Z', a pegada da perda do galego nas canles xuvenís

A presenza do galego nos medios de comunicación e, nomeadamente, naqueles espazos dirixidos ao público infantil e xuvenil produce unha influencia positiva na conciencia idiomática da audiencia e no espallamento e dignificación da lingua galega. E ao contrario, a ausencia da lingua propia ten unha pegada, neste caso negativa. Son conclusións que se desprenden dun estudo recentemente publicado na Universidade de Vigo e que se elaborou en base a enquisas á integrantes das coñecidas como 'Xeración Xabarín' e 'Xeración Z'.

Manter a lingua propia non debería ser un deporte de risco

As materias impartidas en lingua galega pasaron de 72% a 52,6%, segundo os datos da RAG. (Foto: Arxina)
LINGUA

"Os que falan galego adoitan ser de aldea": actitudes lingüísticas diferentes entre o ensino público e privado

Un estudo di que a titularidade do centro inflúe na disposición cara á lingua.

Escritores madrileñ@s en misión a "provincias"

O profesor é director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (Ramon Vaamonde).
Contracultura

Senén Barro: "O Proxecto Nós trata de pór a lingua galega na economía e na sociedade dixitais"

Senén Barro, doutor en Física, é o director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) a través do cal lidera o Proxecto Nós en colaboración co Instituto de Lingua Galega. Barro aborda as aplicacións desta investigación que, como el di, “trata de pór o galego na economía e na 
sociedade dixitais”.
Enaire é a compañía pública xestora da navegación aérea no Estado español. (Foto: Enaire)
LINGUA

A Xustiza condena Enaire pola vulneración dos dereitos lingüísticos dunha traballadora

As representantes sindicais levaban anos sendo obxecto dunha sucesión de vulneracións por falta de información e de resposta fronte a cuestións que afectaban ao persoal do centro de traballo no aeroporto de Santiago.
As autoridades descubriron unha placa despois da sinatura da 'Declaración de Pontevedra' (Foto: Nós Diario).
LINGUA

35 Concellos asinan a 'Declaración de Pontevedra' para o fomento do galego na Xustiza

A Deputación de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega e a Xunta da Galiza, xunto a 35 Concellos, asinaron este sábado, 14 de novembro, a ‘Declaración de Pontevedra’.
Os préstamos bibliotecarios aumentaron 23% no último ano. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A Xunta reduce 78% da partida de edicións en galego

As cifras relativas ao empréstito de libros que a Xunta fixo públicas no día en que as bibliotecas celebraban o Día do Usuario, efeméride recollida no calendario do libro e da lectura da Galiza, contrastan coas partidas orzamentarias que o Executivo galego adxudicou para o funcionamento e a dotación das bibliotecas galegas durante o próximo ano. 

Falar galego en España

Domingo Frades (Foto: Arquivo familiar).
LINGUA

Falece Domingo Frades, un dos maiores valedores do galego de Estremadura

Falante da variedade mañega desde o berce, Frades realizou un importante labor de recompilación de vocabulario, toponimia, costumes e cantigas populares, á vez que promoveu o coñecemento da existencia das falas dos concellos cacereños de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello.
Dicionario da Academia (Foto: RAG).
LINGUA

'Cis', 'trans', 'aeroxerador', 'antropoceno', 'tren de proximidade'... estas son as novas incorporacións ao Dicionario da RAG

O repertorio dispón desde a semana pasada dunha nova aplicación para dispositivos móbiles, para Android e iOS, que simplificará o acceso ás futuras actualizacións.
Un momento da actuación das Tanxugueiras no programa especial do Benidorm Fest. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

"Cantan en otro idioma": RTVE descúlpase pola polémica coas Tanxugueiras

"En ningún caso pretenderon molestar ou faltar o respecto a ninguén e moito menos menosprezar a lingua galega, sen dúbida unha riqueza máis do noso país", sinala a Defensora da Audiencia en resposta a unha queixa.

Coincidências?

Ramiro Ledo, fundador e director de Atalante (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Ramiro Ledo: "Ver na Casa achega os filmes que distribuímos en versión orixinal con subtítulos en galego"

Ramiro Ledo, cineasta, dirixe Atalante, unha distribuidora de cinema independente e de autoría contemporánea que tamén busca pór a disposición do público filmes internacionais con subtítulos en galego. Ledo aborda outras liñas do proxecto, os riscos económicos e os cambios no público, xa que como el di “antes as salas de cinema marcaban a actualidade, os temas de conversa semanais”.
Vouche dar unha que te esconfundo. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Palabras con memoria: diversidades

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Xustiza ficción