galego

Presentación dos actos para este vindeiro 17 de maio (Foto: Queremos Galego).
LINGUA

'En galego, aquí e agora', o lema para os actos deste 17 de maio

A plataforma Queremos Galego convoca mobilizacións nas sete cidades e vilas
Craig Willis é investigador en linguas minorizadas. (Foto: Arxina).
Entrevista

Craig Willis, especialista en linguas minorizadas: "Os medios son un piar para normalizar as linguas"

Craig Willis, (Illa de Wight, Reino Unido, 1989) é investigador no European Centre for Minority Issues, especialista en medios de comunicación en linguas minorizadas. Vén de estar na Galiza para analizar canda outros investigadores o papel do galego e doutros idiomas minorizados no ámbito dos medios de comunicación.
Noa Díaz, deputado do PSdeG.
POLÍTICA

PSdeG reclama a Xunta axudas para o libro galego

Noa Díaz critica o “desleixo, despreocupación e falla de apoio” por parte do Goberno galego ao sector do libro.

 

Fachada de um restaurante da zona velha de Ourense cuja tabuleta mostra o uso do artigo com nome de pessoa. (Foto: Carlos Garrido)
star
Análise

O guarda-chuva do José

Carlos Garrido é professor da Universidade de Vigo e presidente da Comissom Lingüística da Associaçom de Estudos Galegos.
Francisco José Prieto, comparecendo o pasado sábado, día 1, como novo arcebispo. (Foto: Diocese de Santiago)
SOCIAL

Un arcebispo galeguista fica á fronte da sé compostelá

Francisco José Prieto vén de ser designado novo arcebispo de Compostela. O prelado destaca pola súa sensibilidade galeguista e pola súa proximidade ás teses do papa Francisco. A súa elección non estivo exenta de tensións entre as distintas correntes da Igrexa.
Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. (Foto: A Mesa)
LINGUA

Marcos Maceira, presidente da Mesa: "Hai moita máis conciencia na defensa da lingua hoxe da que había hai 40 anos"

Após a asemblea xeral da Mesa pola Normalización Lingüística decorrida o pasado sábado, 1 de abril, Marcos Maceira volverá afrontar unha nova etapa á fronte da entidade que se consolidou como "a grande asociación do galego". Nós Diario conversa do presidente da Mesa ante un novo período defendendo a lingua galega. 
Integrantes da nova directiva da Mesa pola Normalización Lingüística. (Foto: A Mesa)
LINGUA

A Mesa celebra a súa asemblea xeral consolidada como "a grande asociación do galego"

A “asociación do galego” fixou na mañá deste sábado as súas liñas de traballo.

Unha edición do Festival O Son do Camiño. (Imaxe: O Son do Camiño).
CULTURA

O galego é, unha vez máis, residual no festival O Son do Camiño

Só 3 dos 50 grupos que forman o cartel do festival teñen cancións en lingua galega no seu repertorio.
Mural de Ana Freire no CEIP Tomás de Villarroya. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Xa podemos facer operacións matemáticas complexas en galego

Chega a primeira calculadora científica en galego, un modelo que inclúe a ilustración da enxeñeira informática galega Ana Freire.

35% LIX

Logo de Naturgy (Foto: Europa Press)
LINGUA

Naturgy reduce o horario de atención telefónica en galego, segundo denuncia a CIG

A CIG lembra que a "eliminación" da franxa nocturna motivou mobilizacións que se sumaron ás realizadas desde 2012 en denuncia pola "deslocalización" do servizo de atención telefónica na compañía enerxética.
Elin Haf Gruffydd-Jones visitou a redacción de 'Nós Diario'. (Foto: Arxina).
LINGUA

Elin Haf Gruffydd-Jones: "Non podemos depender do sistema educativo para socializar a xente nas linguas minorizadas"

Elin Haf Gruffydd-Jones (Bermudas, 1967) é profesora titular e directora do Centro de Estudios Avanzados Galeses e Célticos da Universidade de Gales. Desde finais de 2021 preside a Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN). Esta semana visitou Galiza, onde analizou xunto a colegas de toda Europa futuro das linguas minorizadas.
Adolfo Constenla Umaña foi lingüista e filólogo, especialista en linguas indíxenas. (Foto: UCR)
star
Análise

O galego que amaba as linguas e culturas chibchas

O profesor Gonzalo Constenla Bergueiro analiza para Nós Diario o traballo de Adolfo Constenla Umaña.

Ao abeiro de Manoel Vello Salvado

O Principado rectificou esta semana e xa non chamará 'Al faru' a residencia artística no Faro de Tapia, que terá o seu nome en galego. Foto: Jesús de Fuensanta
star
Análise

Lapao ou latgaliano no Eo-Navia

O catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas analiza para Nós Diario a situación do galego en Asturias.

Acto de presentación dos resultados do proxecto, onte en Ames. (Foto: RAG)
LINGUA

'Modo galego, actívao!' levou a lingua a 3.000 nenas e nenos

O proxecto prepárase para estenderse a outros Concellos do país.
Marcos Maceira e Nuria Fouciños, presentando o informe en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
star
LINGUA

A dixitalización da Xunta no ensino triplica o número de materias 'vetadas' ao galego

A presenza real do galego no ensino secundario fica moi por baixo do que estabelece o propio decreto de 2010 aprobado polo Goberno galego —que xa reducía a súa presenza—. Edixgal, a ferramenta da Xunta da Galiza de dixitalización no ensino, reduce ou exclúe o galego en determinadas materias.
Marcos Maceira e Nuria Fouciños, presentando o informe en rolda de prensa. (Foto: A Mesa)
LINGUA

Só 23% das horas lectivas de materias da ESO con libro dixital son en galego

A Mesa presenta un informe crítico co cumprimento da lexislación vixente en materia de normalización lingüística e acusa a Xunta de executar "unha política de eliminación paulatina, intencionada e calculada da lingua galega nas aulas".

 

 

Estudantes nunha aula da Universidade de Santiago. (Foto: USC)
LINGUA

Só unha de cada catro horas de docencia na USC é en galego

No curso en marcha, 2022-2023, o galego é a lingua usada en 24% das horas de docencia na Universidade de Santiago (USC). Apenas unha de cada catro, posición moi minoritaria fronte a un castelán que é o idioma no que se imparten 71% das aulas. Porén, e a respecto de hai 20 anos, o galego avanzou.

O galego é a lingua propia e (co)oficial