galego

Actuación da Mekánika Rolling Band na Alameda de Compostela, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

"Fálame!": a mocidade berra polo galego nun Correlingua que dá o disparo de saída

A pasada semana en Pontevedra e esta cuarta feira en Compostela arrincaron as primeiras actividades do Correlingua 2022, que congregará máis de 15.000 alumnos e alumnas de todo o país até outubro.

Esa personaxe

Viqueira reintegracionista

Veñan máis cincocentos

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o cantante madrileño C. Tangana. (Fotos: Europa Press)
RC Celta

Mouriño confirma que o madrileño C. Tangana fará o himno do centenario

Atrás quedarían nomes propostos polo celtismo como Keltoi ou A Roda, autores do himno actual.
Elsa Quintas no seu domicilio de Vigo.(Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Elsa Quintas: "Queremos galego, en presente, con proxección de futuro"

Elsa Quintas Alborés (Vilaza, Gondomar, Val do Miñor, 1979) é avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística onde dirixe o Observatorio de Dereitos Lingüísticos. Interesouse na memoria da resistencia galega contra o franquismo investigando a figura da guerrilleira Placeres Castellanos nun traballo publicado en 2008. Conseguiu recentemente que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza declarara nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán, despois de que un cidadán galego manifestase querer ser atendido na súa lingua.

O valor da constancia. Crónica dunha sentenza a prol da lingua galega

Cualtis pide como solución ferramentas "para solucionar certas dificultades na tradución automática" por parte do persoal facultativo de fóra da Galiza (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Unha concesionaria madrileña da Xunta de prevención de riscos laborais denega a atención en galego a persoas usuarias

Persoal dependente da Consellaría de Política Social denuncia perante a secretaría xeral de Política Lingüística que profesionais da compañía Cualtis rexeitaron facer o recoñecemento médico na lingua do país porque non a sabían falar.
Unha persoa visualiza Netflix no seu teléfono móbil. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Pode o galego quedar fóra da nova lei estatal do audiovisual?

Segundo explica A Mesa pola Normalización Lingüística, os artigos sobre cotas de emisión, catálogo, financiamento e dobraxe por parte das plataformas de vídeo e das canles de televisión só citan “a lingua oficial do Estado e algunha das linguas oficiais nas comunidades autonómas”.
Pantalla nunha habitación do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. (Foto: Sergas)
LINGUA

Expulsan un doente do Cunqueiro por pedir unha documentación en galego

"Levo 20 anos nesta situación, xa presentei 9 queixas por escrito para que me entreguen os Consentimentos Informados en galego, e hoxe decidín plantarme", asegura o doente.
Profesor e deportista Joe Cleverley é un apaixonado da Galiza. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

Joe Cleverley, maratoniano: "Aprender galego foi unha cuestión de respecto"

O nome de Joe Cleverley (Manchester, 1985) pode que non sexa o máis coñecido entre o gran público, pero agocha unha historia de superación na que á súa introdución tardía nun deporte tan duro como o maratón engade o feito de ser un namorado da Galiza que presume con orgullo, ademais, 
de falar galego.
O escritor Serxio Balchada co seu libro 'Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937'.
Serxio Balchada investiga a loita galega contra o fascismo en Euskadi

Serxio Balchada: "A comunidade galega en Euskadi combateu os franquistas desde o primeiro momento"

Serxio Balchada leva moitos anos investigando a actuación da comunidade galega na resistencia ao fascismo en Euskadi. Nesta cuarta feira presenta en Marín Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937, unha obra publicada pola Deputación de Pontevedra.

Xulgados de Vigo. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Está garantido o uso do galego na Xustiza?

"Como resolvería se alegase descoñecemento da lingua galega?", preguntou un avogado a un xuíz en Vigo tras intervir a outra letrada en galego, algo ao que o maxistrado respondeu: "Eu non podo obrigar ninguén".
Exemplo de toponimia deturpada na sinalización viaria (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Dez exemplos de vitorias cidadás para o galego

O ano 2022 trouxo até o de agora dúas boas novas para o galego: Netflix incluirá perto de 220 horas de contidos audiovisuais en lingua galega e a Axencia Tributaria ten a obriga de garantir o uso do idioma propio. Dúas conquistas que parten da sociedade galega: da implicación cidadá e das entidades en defensa a lingua. É precisamente este compromiso de base o que logrou en 2021 varias pequenas vitorias para os dereitos das persoas galegofalantes.
Xurxo Martínez González.
Histórica sentenza do TSXG a favor do galego

Xurxo Martínez: "Nun mundo no que mandamos máquinas a Marte, non pode ser o que o Estado non garanta un servizo en galego"

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de dar a razón a Xurxo Martínez, escritor e responsábel do servizo de normalización lingüística do Concello de Redondela, que viviu unha 'odisea' xurídica de case catro anos para conseguir que a Axencia Tributaria o atenda en galego. 
Varias empregadas nunha oficina da Axencia Tributaria. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
LINGUA

O TSXG obriga a Axencia Tributaria a garantir o uso do galego

Os servizos xurídicos da Mesa pola Normalización Lingüística obteñen unha resolución favorábel aos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes despois de catro anos de batalla xudicial
Imaxe de arquivo: escolasinfantis.net
O estado da lingua galega após Feixoo en 8 cifras

24% dos menores de 15 anos son incapaces de falar en galego

A política lingüística marcou a xestión de Feixoo. Tras chegar á Presidencia da Xunta acusando o Goberno bipartito do PSdeG e BNG de impor o galego, iniciou o seu mandato aprobando unha norma que ilegalizaba a lingua do país para impartir aulas de matemáticas. A importante perda de falantes acompaña o seu mandato.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG urxe o Goberno a garantía dos dereitos lingüísticos na Galiza

A formación nacionalista denuncia a vulneración do dereito a ser atendido en galego nun centro de saúde da sanidade pública da Galiza que rematou cunha proposta de sanción para a persoa que fixo a solicitude.

a mesa liña do galego
LINGUA

500 queixas por vulneracións e discriminacións ao galego en 2021

O número de queixas recibidas na Mesa pola Normalización Lingüística por vulneracións de dereitos lingüísticos da cidadanía galega duplicou en 2021 o do ano anterior. Así o recolle o informe da Liña do Galego presentado na Deputación da Coruña e onde son as Administracións de novo as que acumulan maior número de reclamacións: 65% do total. 
'Pensatermos' é un xogo desenvolto pola Mesa, baseado no 'Paraulògic' catalán. (Foto: A Mesa)
LINGUA

Do 'Wordle' ao 'Pensatermos': o novo xogo que arrasa na Galiza

Trátase dunha versión do 'Paraulògic' catalán.