galego

Leandro Konder, marxismo sem dogmas para galegos e galegas

Há quem queira furtar ao galego o vasto campo mundial que ocupa através de mais de 200 milhons de pessoas que pensam, sentem, agem, luitam, vivem e morrem na nossa língua comum.

Funes
CULTURA

A historia do galego que “inventou a lúa” chega ás pantallas

“Funes, o inventor da lúa” dirixida por Enrique Otero preestréase esta quinta feira en Cineuropa. Narra a historia de Uxío Funes, un galego da comarca de Quiroga que cumpriu o soño de traballar na Nasa. 

Oulet
CULTURA

A xira-oulet do libro galego recala na Coruña

Despois de Pontevedra, Santiago e Vigo, a xira do Oulet do libro galego recala na Coruña, nova cita para se facer a bo prezo con títulos que están fora dos circuítos comerciais. 

aldea
DESPOBOAMENTO

O 41% da poboación galega vive en menos do 1,2% da superficie de Galiza

Só 70 parroquias, das case 3.800 que temos no país, concentran 1.152.000 habitantes. O 24% da poboación viven en zonas moi pouco poboadas (ZPP ‘superbaixa’) e que ocupan o 87,5% do territorio.

Xacio Baño
CULTURA

O Novo Cinema Galego apréndese en Carballo

Boa parte dos principais nomes do Novo Cinema Galego impartirán catorce obradoiros no ciclo de formación audiovisual do festival Carballo Interplay. 

-
Galiza

Presenza de forzas políticas galegas no 9N en Catalunya

BNG, Anova, Nós-UP e Compromiso por Galiza manifestaron o seu apoio ao proceso soberanista e acompañarán moi de perto o desenvolvimento do 9-N. Varias delegacións viaxarán a Cataluña para mostrar o seu apoio á consulta. 

Unha ILP imprescindíbel para o profesorado e para o ensino público galego

O ensino en Galiza nestes últimos anos foi albo de numerosos e incesantes recortes dirixidos ao desmantelamento progresivo do ensino público e ao desprezo do ensino en galego. Mentres, reforzábanse e ampliábanse os concertos educativos, mantíñanse os dos centros que segregan o alumnado por razón de xénero e acrecentábase a españolización.

LINGUA

O goberno español pagará o ensino en castelán, na privada, a 4 familias galegas

As súas solicitudes foron aceptadas polo Ministerio de Educación xunto con outras 31 doutros territorios.

Ence
ESTUDO PUBLICADO POR ADEGA

A contaminación das industrias galegas duplica a media estatal, denuncia o biólogo Ramón Varela

Galiza ocupa o primeiro lugar do Estado en contaminación por perfluorocarburos, o terceiro en emisión de fluor e partículas e o cuarto por dióxido de carbono procedentes da industria.

Xosé Ignacio Taibo, primeiro gañador do premio
CULTURA

Os nomes da narrativa en corenta anos do máis antigo premio literario galego

En 1975 concedíanse por vez primeira os premios que hoxe levan o nome de Modesto Rodríguez Figueiredo, outorgados pola Fundación Pedrón de Ouro. A edición que pecha o prazo de presentación o vindeiro 15 de novembro conmemora o 40 aniversario da primeira convocatoria. 

Equipa que traduciu o Ulises
CULTURA

O "Ulises" de Joyce en galego consegue o Premio de Tradución do Ministerio de Cultura

A tradución do Ulises de James Joyce ao galego de María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle e publicada por Galaxia consegue o Premio Nacional de Traducción do Ministerio de Cultura. 

Santiago Veloso
SANTIAGO VELOSO, PROMOTOR DA CANDIDATURA PARA A UNESCO

"O patrimonio oral galego-portugués xa é da Humanidade desde a idade media"

Dez anos despois a candidatura do patrimonio oral galego-portugués mira de novo para a Unesco, na busca do recoñecemento coa inscrición na Lista Representativa. Santiago Veloso foi entón e é agora promotor da proposta desde "Ponte nas... Ondas", verdadeiro xermolo da iniciativa. 

SOMOS GALEGO ENTREVISTA A IAGO VARELA

“Queremos Android en Galego? Moi ben, pidámolo.”

Somos Galego, o suplemento que elaboran en parcería Sermos Galiza e a Mesa pola Normalización Lingüística, entrevista na súa primeira entrega ao coordenador da campaña #Androidengalego.

Crise enerxética mundial e nacionalismo galego

Ferve Escocia e ferve Catalunya mais parece que Galiza, unha vez máis, quixera deixar de existir. O referendo escocés e o o catalá están poñendo no epicentro da U.E. a aplicación do dereito de autodeterminación dos pobos recoñecido pola ONU. Dereito  non regulado internacionalmente e negado no Estado Español onde moitos  partidos e organizacións de ámbito estatal se proclaman federalistas e recoñecedores deste  dereito, mais ao mesmo tempo non teñen nin modelo organizativo federal nin son capaces de aceitar o referendo catalá.

DENUNCIA DA MNL

Sanción da Axencia Tributaria á Mesa por solicitar recibir as notificacións en galego

A MNL afirma que a Axencia Tributaria remitiulle a notificación dun expediente sancionador por “resistencia, obstrucción, excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria”.

IMG_0609
COMUNIDADE SERMOS

"Queremos que 'Somos galego' sexa unha ferramenta participativa"

Esta quinta feira Sermos Galiza e A Mesa pola Normalización Lingüística lanzan 'Somos galego', un suplemento bimestral sobre a lingua galega.

Filgueira Valverde e as Letras Galegas

A posición do BNG de Pontevedra a respeito da elección de Xosé Filgueira Valverde foi desde o primeiro momento clara. 

A imposición do galego e a mentira como arma

Os datos aportados recentemente polo Instituto Galego de Estatística amosan un retroceso considerábel no emprego habitual do noso idioma e un proceso de substitución do mesmo favorábel ao español.

debora 340
DÉBORA CAMPOS, COORDENADORA DO A FONDO

"Busquei achegar o lado B das comunidades galegas emigradas"

Débora Campos é activa cidadá da Galiza exterior. Xornalista, membro da RAG e presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos, cociña dende Bos Aires o A Fondo desta semana.

Begoña Caamaño
CULTURA

Morre Begoña Caamaño, a voz lila da literatura galega

Lila era a súa cor e lila eran tamén as dúas novelas que, en poucos anos, a situaron nun lugar privilexiado da literatura galega. A escritora e xornalista Begoña Caamaño morreu esta segunda feira en Compostela. O acto de despedida será esta terza feira ás 15 horas en Boisaca.