gandaría

ECONOMÍA

Labregos e gandeiros denuncian que a Xunta manipula as axudas ao campo galego

O sector acusa ao goberno de Núñez Feijoo de paralizar e recortar o programa de Contratos de Explotacións Sustentables do que dependen miles de granxas galegas

Cachena
ECONOMÍA

A mobilización d@s gandeir@s obriga a Xunta a reactivar as axudas a razas autóctonas en réxime extensivo

Fruga afirma que de non ser pola presión feita polo sector de vacún de carne, "agora contaríase cun recorte máis nunha actividade onde os custos de produción seguen disparados e os prezos da carne seguen estancados desde fai décadas"

Galiza

Gandeir@s afectados polos impagos de Alimentos Lácteos exixiron á Xunta depurar responsabilidades políticas

Concentrad@s perante o Edificio Multiusos na cidade amurallada, gandeir@s afectad@s polos impagamentos da factoría afincada en Outeiro de Rei solicitaron unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural e do Mar e exixiron á Xunta de Galiza que "depure responsabilidades" no que denominaron "a estafa das preferentes do rural". 

Alimentos Lácteos solución
ECONOMÍA

Gandeir@s mobilizaranse por unha solución para Alimentos Lácteos S.L

A Federación Rural Galega (Fruga) pon a disposición das explotacións afectadas polos impagos servizos de asesoría xuridica e exixe á Xunta de Galiza que "asuma as súas responsabilidades" após conceder axudas públicas á factoría por valor de 9 millóns de euros, cando a empresa recollía perdas mensais de até 400.000 euros ao mes.

En agradecemento e apoio aos gandeiros e gandeiras galegas

É só despois da quentura do leite da mañá que confirmas que definitivamente acordaches. A calor traspasada da cunca ás mans abrevia o frío que se presente fóra. O leite fervido, como sempre che sentenciaban naquela casa, naqueloutra que veu despois e nesta. Mágoa daquela tona larpeira que só aniña nas túas lembranzas da infancia.
ECONOMÍA

O compromiso do PP coas gandeir@s, garantías ou desleixo?

O sector leiteiro atópase, máis unha vez, na agonía. Cómpre un ente que faga de árbitro e que garanta que os prezos que a industria paga por cada litro de leite cubran, polo menos, os custos de produción. A Xunta vén de dicir que fará ela as veces de mediadora. Xa o dixo noutras ocasións, e faltou á verdade. Tomámoslle o pulso a este novo preacordo e contámosche por que se tira co leite
ECONOMÍA

Gandeir@s debaten o preacordo da Xunta ollando de esguello cara á industria

As asembleias d@s traballador@s do agro estudan se se levanta o paro nas entregas de leite e se acepta a palabra da consellaría do Medio Rural, que puxo riba da mesa o compromiso de que o prezo do litro fose subindo até cubrir, en xaneiro, os custos de produción. Boa vontade no sector cara a desconvocar o paro á espera de coñecer canto cobrarán, sempre advertindo de que ''as mobilizacións pódense retomar''
Folga do leite
ECONOMÍA

Unha folga en defensa de 11.000 explotacións e o futuro dun país

@s gandeir@s galeg@s protagonizaron unha nova xornada da folga de entrega de leite en demanda duns prezos xustos. Malia as perdas económicas que esta medida "desesperada" lles ocasiona, uns 300 euros por explotación e día. Malias presións de algunhas empresas para que poñan fin á protesta. E malia o desleixo da Xunta, que tenta escurrir as súas responsabilidades na situación.
leiteb greve
ECONOMÍA

As voces d@s gandeir@s: "Condénannos á fame, como queren que non fagamos algo?'"

A folga de entregas está a paralizar a recollida de leite na Galiza, nunha protesta sen precedentes que xungue a demanda d@s gandeir@s dun prezo xusto para este produto co defensa do futuro dun sector (65.000 empregos) e do rural galego. Gandeir@s de diferentes comarcas do país cóntannos os motivos para se implicaren nesta mobilización
ECONOMÍA

Gandeir@s concéntranse ante o Parlamento para denunciaren a "dramática" situación do sector

Gandeir@s, convocados pola Fruga, concentráronse ante o Parlamento galego nesta terza, coincidindo co discurso de investidura de Feijóo e a primeira xornada da folga do leite. @s concentrados denunciaron o abandono do rural polos gobernos do PP e exixiron prezos xustos para o produto
Protesta de gandeir@s ante unha área comercial
ECONOMÍA

@s gandeir@s suspenden a entrega de leite en defensa dun prezo xusto

O sector lácteo galego deixará de entregar unhas 6.000 toneladas ao día, nunha mobilización que está a ter un amplo seguimento, segundo @s convocantes. A protesta procura poñer fin ao escenario de baixos prezos que soportan desde hai tempo e que aboca ao peche a non poucas explotacións
bng
ECONOMÍA

BNG insta a Feijóo a que se implique para evitar o "desafiuzamento" do sector gandeiro galego

@s nacionalistas amosan o seu apoio ás mobilizacións do sector lácteo do vindeiro 27 e acusan a Xunta de abandonar @s gandeir@s "ao pé dos cabalos". No último lustro este sector veu como mermaba o seu poder adquisitivo en máis dun 40%
Vacas pacendo
ECONOMÍA

Gandeir@s retoman as mobilizacións ante a "desfeita" que os baixos prezos causan no sector

Organizacións de produtores preparan a partir da vindeita terza (6 de novembro) un calendario de mobilizacións en que se propoñen mesmo desabastecer o mercado. O obxectivo é exixir solucións para un sector afogado polos baixos prezos do leite, os máis baixos do Estado español
Eleccions2012

Óscar Soto, gandeiro: “Se non hai mudanzas pecharán a metade das explotacións”

Traballa na súa explotación gandeira de Vimianzo entre dez e doce horas cada día, sen festivos. Coida de 55 vacas, trinta delas dedicadas ao leite. Agora mesmo perde cartos en comparación cos intermediarios.
Mani do agro 4 de outubro de 2012
ECONOMÍA

Centos de gandeir@s exixen que a Xunta se mova e garanta un prezo digno para o leite galego

As organizacións Fruga, Sindicato labrego, Unións agrarias e Xóvenes agricultores, arrincan un compromiso do director xeral de Medio rural: manter unha xuntanza o día 9 deste mes. Mais xa lle advirten de que o contrato ''será unha ferramenta cando contemple un prezo que nos permita vivir do noso traballo, non antes''
ECONOMÍA

Exixen que Mercadona cumpra a súa palabra e suba o prezo que paga polo leite na Galiza

A provedora desta cadea de distribución, Iparlat, mantivo xuntanzas nestes días con produtor@s da Terra Chá e comprometeu un incremento na cantidade que paga por este alimento. A central agraria reclama que deixe de ser un produto reclamo, pois 66.000 empregos dependen do sector leiteiro
ECONOMÍA

Competencia expedienta a nove lácteas por pactar imposicións @s gandeir@s


A Comisión Nacional de Competencia vén de incoar expediente sancionador a Asociación de Empresas Lácteas de Galicia e outras oito compañías por posíbeis conductas acticompetitivas.
SOCIAL

Amio ou Silleda: espir un santo para vestir outro

A continuidade da popular feira do gando de Santiago colga dun fío. Unha orde de peche do mercado dada por Conde Roa puña punto e final á súa actividade o 31 de decembro de 2011, mais a mobilización cidadá conseguiu parar os pés ao Concello. Tras acordar c@s gandeir@s un calendario que abranxía todo 2012, o novo rexedor compostelán, Ángel Currás, anuncia máis unha vez o peche do recinto feiral para beneficiar a Semana Verde, cuxa fundación preside Alfonso Rueda
Os representantes da Fruga, Elías Somoza e Manuel Dacal (Foto: Nós Diario).
Agora

A Fruga exixe a posta en marcha da Mesa de Interlocución Láctea ante a "especulación" da industria

A Federación Rural Galega (Fruga) exixiu esta terza feira á Consellaría do Medio Rural a posta en marcha da Mesa de Interlocución Láctea da Galiza ante a chegada dos novos contratos de compra ás explotacións leiteiras galegas como consecuencia das renovacións do mes de abril, os cales implican "unha baixa que varia entre dous e catro céntimos por litro dependendo da empresa". "Estamos ante unha baixada que en ningún caso é xustificada, e que vai supor dificultades para moitas gandarías galegas, especialmente para as explotacións máis intensivas, tendo en conta que calquera baixada no prezo do leite nestas granxas supón unha importante mingua dos ingresos", explicou a Fruga. "Esta baixada dos prezos non se leva adiante en base ás variacións que se poden dar nos custos de produción, senón que deriva principalmente de cuestións de mercado", sinalou o sindicato. "As variacións nos prezos, neste caso cara abaixo, responden única e exclusivamente aos intereses das propias industrias e a operacións especulativas no mercado mundial cos derivados lácteos", engadiu a organización. Por isto, a Fruga quixo deixar patente "a indefensión que padecemos os gandeiros e as gandeiras galegas" e que as Administracións "miran para outro lado".